Os donos do pazo de Meirás péchanlle o paso ós técnicos da Xunta

Datos de interés

  • Martes 02.12.2008

Futuro Ben de Interese Cultural

Os donos do pazo de Meirás péchanlle o paso ós técnicos da Xunta


Etiquetas: patrimonio, Sada

Anxa Correa. AGN.

A Consellería de Cultura abrirá expediente sancionador aos propietarios do Pazo de Meirás, herdeiros de Francisco Franco, por impediren hoxe a entrada dun equipo de técnicos da Conselería para realizar unha inspección do pazo.

Cultura recorrerá ademais á vía xudicial para poder realizar unha inspección á que di ter dereito, "xa que o pazo figura no inventario do Patrimonio Cultural de Galiza".

A Consellería fixou a data de hoxe para a inspección trala "reiterada falta de resposta" por parte dos propietarios do Pazo de Meirás para permitir a entrada dos técnicos.

A decisión comunicáraselles por burofax aos propietarios o pasado día 23 de agosto, cun escrito dirixido a Carmen Franco no que a Consellería constata os "infrutuosos intentos" levados a cabo pola Dirección Xeral de Patrimonio para concertar a data de visita ao Pazo de Meirás.

Os datos que se obtiveran da visita deberían ser analizados polo persoal técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e engadirse á restante documentación que nos últimos meses a Dirección Xeral recabou tocante á historia e ao valor do pazo.

Unha vez analizada toda a documentación, a Dirección Xeral avaliará se o Pazo de Meirás reúne as condicións suficientes para ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC). En caso positivo, presentaríase un proxecto de declaración que incluiría, ademais dunha exposición dos motivos, o nivel de protección do pazo e do seu contorno.

Malia o aviso da visita, un avogado que se identificou como voceiro dos propietarios negoulle hoxe a entrada ao equipo técnico, formado por unha arquitecta, un arqueólogo e unha historiadora da arte, e informounos de que os propietarios interpuxeran onte un recurso no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para negar a entrada.

Sanción
A denegación de entrada constitúe, segundo informa Cultura nun comunicado, unha infracción. A Consellería iniciará automaticamente un expediente sancionador, tal como advertía no burofax. A infracción considerada leve en materia de patrimonio cultural pode ter como consecuencia unha sanción de ata 60.000 euros.

Ademais da apertura do expediente sancionador, a Consellaría recorrerá á vía xudicial para poder exercer o seu dereito do inspección do pazo. Os servizos xurídicos de Cultura xa a están a traballar para solicitar unha autorización xudicial que permita a execución desa inspección. Nos vindeiros días solicitarase esa autorización no xulgado contencioso-administrativo.

30/08/2007

4'2 (6 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Fotos

O pazo de Meirás figura no inventario do Patriminio Cultural de Galicia
O pazo de Meirás figura no inventario do Patriminio Cultural de Galicia

Buscar + información sobre




Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso