Entrevista ó historiador

Justo Beramendi: ''A sorte do BNG depende en boa medida do que faga o PSOE''


Etiquetas: BNG, PSdeG, nacionalismo, literatura

02/09/2007 - Antonio Soto. AGN

A vindeira semana estará nas librerías 'De provincia a nación. Historia do galeguismo político', unha obra do historiador Justo G. Beramendi (Madrid 1941) que despois de 25 anos de investigación quere aportar as claves do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego.

PREGUNTA: O título resume á perfección o contido do libro...

RESPOSTA: Con el quero indicar como vai variando a historia de Galicia dos propios galeguistas. É dicir, como se empeza a reivindicación de Galicia como un ente colectivo diferenciado e, polo tanto, con certos dereitos colectivos. Empeza sendo concibido, cara a década dos anos corenta do século XIX, como unha provincia histórica da nación española. Logo pasa a ser concibido como unha rexión e, finalmente, como unha nación, xa desde a segunda década do século XX e ata agora.

P: Quedan algúns trazos daquel provincialismo inicial?

R: Non. O que si está presente baixo a forma de autonomismo é o que podemos considerar a concesión do rexionalismo, de Galicia como rexión ou comunidade autónoma, que ten dereito a un determinado autogoberno dentro dunha nación única que sería a española. Ese rexionalismo segue vivo, aínda que fóra do nacionalismo galego, claro está. E dicir, practicamente as demais forzas políticas.

P: Como é a evolución do nacionalismo galego no século XX?

R:
En comparación con outros nacionalismos de España, como o catalán e o vasco, fundamentalmente, amosa unha febleza social relativa, ata a Segunda República. A partir dese momento, deixa de ser marxinal para pasar a ser secundaria, pero xa cunha incidencia na dinámica política do país.

E hoxe, é unha forza que non é  hexemónica, como en Cataluña ou País Vasco, pero que xa ten unhas raíces sociais suficientemente sólidas e extensas como para constituírse xa nun actor político de primeira clase.

Futuro do nacionalismo galego
P: Onde se pode enmarcar o nacionalismo galego?

R: O nacionalismo galego, xa o anterior a Guerra Civil, sempre foi maioritariamente federalista, e moi marxinalmente separatista, ou soberanista. A ditadura de Franco, coa súa represión brutal, induciu reaccións extremas nos nacionalismos subestatais. Isto dou lugar a un compoñente separatista descoñecido anteriormente, mesmo se outra compoñente seguía a ser federalista, o PSG.

Coa transición e cos anos inmediatamente posteriores, as posturas máis radicais da UPG, NPG e logo do BNG, fóronse diluíndo cunha dose de realismo progresivo. E hoxe, soflamas a un lado, a actitude política maioritaria do nacionalismo galego volve a ser ese federalismo auténtico, de construír un estado plurinacional.Creo que o BNG volveu ás posturas que tiña o PSG na transición, e non ás da UPG

P: Como cre que vai ser a traxectoria do BNG?

R: É moi difícil dicir como vai ser esa traxectoria.  O BNG, cando medrou moito foi, en parte, porque os socialistas baixaron por méritos propios e polas súas divisións internas. Logo, cando os socialistas comezaron a recompoñer a súa mensaxe e a súa imaxe, unha parte dese electorado volveu ao sitio de onde viña. Así que a sorte do BNG depende en boa medida de como o faga o PSOE en Galicia e en Madrid.

Por outra parte, tamén depende de que o BNG evolucione internamente, xa que ten problemas estruturais de organización serios, ó ser un conglomerado de tendencias e grupos e non un partido. Pero entendo que xa ten garantido un mínimo, porque é un electorado fiel a súa opción.

P: E no caso do PSdeG e do PSOE, desapareceron esas divisións internas que contribuíron a que puidera tocar antes poder?

R: Non só foron as divisións internas, senón a actitude respecto da persoalidade propia de Galicia, e dicir, a menor ou maior dose de galeguismo. Porque hai unha cousa que Fraga soubo ver moi ben dende o ano 81, que a xente non é moi nacionalista pero si ten unha certa identidade galega. Polo tanto, non se pode vir aquí cun españolismo de capa e espada. Aquelo de 'Galego coma ti' e outras doses de galeguismo foron parte do segredo do trunfo do PP en Galicia, porque, ademais, fagocitou o nacionalismo de centro.

5'0 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Justo G. Beramendi, autor de 'De provincia a nación. Historia do galeguismo político'
Justo G. Beramendi, autor de 'De provincia a nación. Historia do galeguismo político'