Entrevista

Víctor Bello, xestor cultural: "A cultura será un balón de osíxeno nesta época de crise económica e social"


Etiquetas: crisis, país, arte, música, entrevista

18/04/2009 - Olaia Ucha. AGN

O actual sector cultural en Galicia dificilmente podería entenderse sen a figura de Víctor Bello. Fundador da coñecida Casa das Crechas, foi un dos impulsores de Nordesía. Logo, embarcaríase no proxecto E-Burbulla.

Agora, participa na organización do Macc, un mercado de ideas que se celebrará a vindeira semana en Canarias. Trátase dun encontro profesional diferente, que presta atención á innovación, ao talento emerxente, á creatividade e á investigación artística e, por suposto, cunha forte vocación atlántica.

Pregunta: Fuches un dos fundadores de Nordesía. Que papel xogou esta empresa na consolidación do mercado musical galego?

Respuesta: A principal aportación que fixo Nordesía no seu momento foi plantexar o escenario da profesionalización, que serviu, dalgunha maneira, para ordenar e estandarizar procesos que estaban até o de entón desordenados e case que condenados a unha certa marxinalidade e alegalidade.

Foi un paso importante de cara á visibilización e á profesionalización da xestión da música e, nomeadamente, daqueles artistas emerxentes que se expresaban nun código identitario, que non estaban tan vinculados á escena comercial.

Esa visibilización, que tivo lugar non só en Galicia, senón tamén de xeito internacional, coa nosa presenza dende xa fai case que quince anos en feiras e mercados en lugares de distintas partes do mundo, foi un primeiro paso significativo.

P: Logo embarcácheste en E-Burbulla, baixo un concepto de cultura como eixo transversal para desenvolver o territorio...

R: Unha cousa leva á outra. Partimos dun compromiso importante coas necesidades do país, en termos de innovar e aportar unha escena cultural, unha visión concreta, partindo da potencialidade que ten o país, tanto na súa vertente histórica como na contemporánea, e facendo unha diagnose na que se avalía que hai carencias importantes e significativas, fundamentalmente no plano da xestión empresarial, de contribuir a xerar estruturas e dignificar profesións que poidan ser un instrumento e unha ferramenta ao servizo do desenvolvemento.

Nese contexto previo a Nordesía, hay experiencias máis nun plano micro, cono poden ser a reconversión de espazos da hostelería en espazos de intervención artística, como a Casa das Crechas.

Toda esa traxectoria, toda esa evolución, dá como consecuencia evidenciar que a cultura non é soamente un contenedor de propostas artísticas, senón tamén unha visión, unha interface entre individuo e o seu entorno, o seu pasado, a sua historia e a súa función cos outros individuos.

A cultura viaxa ás illas
P: A vindeira semana participades en Canarias no Macc. Que o fai diferente doutros encontros culturais?

R: O Macc é un encontro pioneiro, xerminal, distinto, prototípico. Iso xa o fai absolutamente único. É certo que as cousas cando se desenvolven por primeira vez non hai ningunha referencia sobre o que estamos a falar.

No caso do Macc, é unha nova plataforma, que xa na súa concepción inicial ten algo de singular, na medida en que está concebida en rede, a partir dunha idea que xurde dentro do entorno de Atlantic Connection, que é unha experiencia xenerada desde varios puntos do planeta e a súa execución e materialización van na mesma dirección.

O Macc é un mercado das ideas. Para nos o máis importante é que se converta nunha ferramenta útil e ao servizo das ideas, da innovación e da creatividade; incorporar esto como factor de desenvolvemento, non só como acento nos discursos, senón como experiencias concretas que abrirán novas perspectivas, non só para a creación artística, senón tamén para a vida cotidiana.

P: Falabas antes da crise. Que posibilidades ten o sector cultural nesta situación?

R: Creo que extraordinarias. A crise, como se está a ver, é unha crise de ideas. É unha crise xenerada dende sectores financieiros, por tanto especulativos. A cultura, aínda que especula, faino noutros códigos e a súa misión é estar recreando e rediseñando costantemente o imaxinario.

Neste sentido, creo que a cultura e as industrias culturais van ser un balón de osíxeno, na medida en que en escenarios de crise económica e social é cando hai maior necesidade de discurso e de ideas, de novos proxectos, novas propostas.

Creo que Macc, dalgunha maneira, aínda que non contaba con que fose un mercado que se fose desenvolver en plena crise económica, vai ser un expoñente claro de que, con independencia do discurso oficialista, a cultura non só non está en crise, senón que está nun dos seus momentos máis relevantes. Ademais, estamos no ano da creatividade e da innovación e, dalgún xeito, recolle tamén esa vontade de apostar por novas vías de coñecemento e por novas experiencias.

A incertidume como pano de fondo
P: Que ambiente se respira no sector?

R: Supoño que, como en todos os sectores, hai incertidume. Loxicamente, aquela cultura que ten unha dependencia importante das institucións públicas está a botar as súas contas. Pero, por outra banda, tamén é verdade que, en canto a datos concretos en relación a terminadas artes, nunca tanta afluencia de público houbo, nunca tanta circulación de contidos culturais e nunca tanto interese e ganas de superar a crise con inxenio, con sensibilidade, con emocións, con novas experiencias.

Polo tanto, creo que, no sucesivo, o importante é acomodar a necesidade do público e da cidadanía de vivir con ilusión, independentemente de como a cada un lle afecte economicamente, e do desenvolvemento da creatividade para superar, cada un á súa maneira, este escenario.

Dende logo, en relación co ámbito cultural, son optimista, porque son cidadán dun país que ten demostrado a súa capacidade para crear imaxinarios, para a fantasía, pero tamén para convertir todo isto en realidades concretas. Por iso, aínda que conxunturalmente se poidan pasar momentos de dificultade, creo que a medio prazo vai ser un bo punto de arranque para novas iniciativas.

P: Moitos acusan á cultura de ser un sector dependente das subvencións. Pode ser rendible por si mesma?

R: En primeiro lugar, hai que matizar que cando falamos de cultura somos un pouco restrictivos na súa concepción. Non podemos esquecer que a cultura é un enfoque, unha visión, non só un contenedor para a actividade artística. A cultura é a forma de entendernos e de representarnos, ao longo da historia e cada un no seu contexto identitario específico.

Estamos nun escenario no que, tanto no plano galego como no estatal ou no europeo, se están redefinindo os roles e se está revisualizando o enorme potencial que as industrias culturais teñen na configuración dos territorios, das cidades e por tanto dun espazo para o traballo moi amplo.

O reto que está por diante é construir ese modelo e traballar man a man, tanto institucións como sociedade, nun escenario mais realista, que deixe de representar a cultura como un sector de xente un pouco outsider; e que se normalice un pouco o conxunto das relacións e das accións que se establecer, para que o traballo cultural sexa ten digno e tan ben retribuido como calquera outro.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>