Novo iPod Touch: Apple autoplaxia o deseño do iPhone

Datos de interés

  • Martes 02.12.2008

Jobs renova os seus reprodutores

Novo iPod Touch: Apple autoplaxia o deseño do iPhone


Etiquetas: Apple, internet

Xeración.

Apple presentou esta tarde o seu novo iPod Touch, cun deseño case igual co xa famoso iPhone: unha grande pantalla táctil e a mesma interface que a que ten o teléfono de Apple para reproducir cancións, pero o dobre de delgado que este, só uns 8mm de ancho.

A novidade máis impactante en canto a funcionalidade no iPod Touch é a tecnoloxía sen redes Wifi que incorpora. Isto permitirá ó afortunado posuidor do novo trebello navegar por internet, utilizando a mesma versión portátil do navegador Safari que o iPhone.

O novo iPod ven en dous modelos: un con 8Gb de capacidade, por 299 dólares e outro co dobre de espazo por 399$.

Para os que prefiran o deseño de toda a vida, ou queiran levar unha colección de música realmente desmesurada no seu dispositivo portátil hai outra versión do iPod, chamada Classic, que conserva a tradicional 'rodiña' selectora, e que se poderá atopar nas tendas en dúas versións: unha de 80Gb que custará 249 dólares, e outra de 160Gb por 349.

Renovación en toda a familia

O Touch non é a única novidade que presentou o tío Jobs nesta 'keynote', celebrada en San Francisco. Os iPod Nano teñen finalmente o mesmo aspecto que ofrecían nas fotos difundidas en días previos pola rede. O deseño é metálico e veñen en 5 cores. Son tamén moi finos, e teñen unha capacidade de 4 e 8 gb. Como principal novidade inclúe a capacidade de ver vídeos e executar xogos.

O irmán máis pequeno da gama, o iPod Shuffle, tan só oferta novas cores. Unha delas é a vermella, e parte dos beneficios das súas vendas están destinados a programas de axuda a África

iTunes
A tenda de Apple tamén cambia, para adaptarse ós novos iPods. Poderase acceder a ela mediante o iPod e o iPhone, a través da aplicación iTunes Wifi Store. E incorpórase ademais a posibilidade de crear tonos para móbil, recortando a música dun repertorio de máis de 500.000 cancións

05/09/2007

4'2 (5 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Fotos

O novo iPod Touch, case un xemelgo do iPhone
O novo iPod Touch, case un xemelgo do iPhone

Buscar + información sobre




Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso