Programación teatral

Quico Cadaval estreará con 'Noite de Reis' de Shakespeare a nova tempada do CDG


Etiquetas: teatro, CDG

07/09/2007 - Anxa Correa. AGN (Santiago)

O Centro Dramático Galego (CDG) abrirá a súa nova tempada escénica coa estrea do espectáculo 'Noite de Reis', de William Shakespeare, baixo a dirección e dramaturxia de Quico Cadaval.

A compañía pública dirixida por Cristina Domínguez comezará o curso o vindeiro 28 de setembro no Salón Teatro de Santiago con esta nova obra, segundo informou hoxe o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) no seu boletín.

Deste xeito, o coñecido contacontos, actor e adaptador teatral enfróntase por primeira vez ao autor de 'Romeo e Xulieta'. Concibida como unha comedia romántica, 'Noite de Reis' arranca co naufraxio de Sebastián e Viola, irmáns xemelgos, diante da costa de Iliria.

O reparto conta con 15 intérpretes, entre os que se atopan Rebeca Montero, Borja Fernández, Simone Negrin, Marcos Correa, María Bouzas, Susana Dans, Marcos Orsi, Xan Cejudo, Xosé Manuel Olveira 'Pico' e Víctor Mosqueira, entre outros.

A peza permanecerá no Salón Teatro compostelán ata o vindeiro 21 de outubro, con cinco funcións semanais, de mércores a domingo. A continuación iniciará unha xira por distintas localidades galegas ata decembro de 2007.

Nove meses de teatro
Ao longo dos vindeiros nove meses, o CDG ten previsto un programa que inclúe a montaxe de tres producións propias, unha coprodución e unha nova campaña de difusión. Asemade, continuará con proxectos como o obradoiro de dramaturxia e a programación externa do Salón Teatro.

Dentro das accións a prol do desenvolvemento dramático contemporáneo galego, estrearanse os espectáculos 'Valdemuller', de Xosé Antón Neira Cruz, en febreiro de 2008, e 'DramaA3', coordinado por Daniel Salgado, que se poderá ver a partir de abril.

O CDG emprenderá nesta nova etapa unha campaña de comunicación social para acadar a máxima difusión do traballo e dos servizos do CDG, baixo a denominación 'Espazos CDG'.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>