Ollo mol
Poetas e achegados opinan sobre novelas
23/05/2009 - Jaureguízar
Os organizadores do Premio Rómulo Gallegos veñen de inventar unha nova modalidade de elección de xurado: o parentesco en primeiro grao. O 'Rómulo Gallegos' é un dos galardóns máis importantes da literatura española, pois nel participan novelas de 21 países e está dotado con 100.000 euros. Foi creado en Venezuela hai 45 anos para premiar obras en español a proposta dos editores. Este ano concorrían 274 novelas, que ficaron en 272 porque houbo dous autores que retiraron as súas.
Un deles non deu maiores explicacións, pero o outro, Edilio Peña, rexeitou frontalmente a composición do xurado que ía valorar a súa novela e o resto. Preguntábase ''como fará a presidenta do xurado, Elena Poniatowska, única novelista, para dirimir cun xurado que non son novelistas, nin críticos, nin experimentados lectores de novelas?'' Pois dirimirán por achegamento e por empatía a falta de mellores criterios técnicos,pois ninguén dá importancia ao asunto.
A composición dos xurados semella un asunto secundario, pero debemos ter en conta que eles deciden o futuro de importantes cantidades de diñeiro -no caso galego chegan ata 25.000 euros- e, por riba, o futuro mesmo dun libro, porque as faixas co reclamo do premio tiran moito polas vendas. Un galardón é unha garantía para os lectores, que aceptan o prestixio que outorga ese anuncio ignorantes de que os que llo concederon non son necesariamente expertos en novela.
Adoita acontecer que sexan poetas quen xulgan narrativa, co que os argumentos utilizados para galardonar van dirixidos a salientar o lirismo e o coidado da linguaxe, cando ninguén concebiría que se concedese un premio de poesía baseándonse no 'narrativismo' ou na construción das personaxes que traslocen determinados versos. Certo que iso non acontece porque os novelistas nunca son chamados para xurados líricos, ben se coida neses casos de que se sexan expertos en poesía.
Edilio Peña enumeraba das persoas que ían valorar as novelas remitidas ao 'Rómulo Gallegos' dando argumentos para descualificalo un por un. O máis sorprendente dos que citaba era o do ''poeta eventual'' Hernandez d’Jesús, quen estaba casado cunha integrante do xurado, a novelista Stefanía Moska, e que 'herdou'' o seu tras o pasamento desta por un infarto.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.





