Municipal

O despoboamento triplicou en dúas décadas o número de municipios galegos con menos de 2.000 habitantes


Etiquetas: municipal, demografía

01/06/2009 - Xema Aguiar. AGN

O mapa municipal de Galicia é cada vez máis minifundista. Se non no que respecta ao territorio, si na poboación, porque moitos concellos levan anos perdendo veciños e situáronse xa nun nivel que lles complica enormemente a prestación de servizos e as finanzas. Seis de cada dez concellos galegos non chegan aos 5.000 habitantes, e, deles, case a metade están por baixo dos 2.000.

Esta última lista é precisamente a que máis crece, xa que en dúas décadas triplicouse. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística, en 1988 había 28 municipios por baixo dese limiar e o ano pasado eran xa 93 dos 315 existentes.

O éxodo das zonas rurais ás urbanas e o envellecemento da poboación das primeiras explican o fenómeno, imparable desde hai décadas. E é que se ao comezo dos 60 había só 17 concellos con menos de 2.000 habitantes e a principios dos 80 chegaban a 30, en 2001 eran xa 75 e o ano pasado 93, concentrando apenas un 4,6% da poboación de toda Galicia.

Un mapa heteroxéneo
A situación non é nin moito menos homoxénea na comunidade, en cuxo mapa poboacional hai unha clara liña que separa as provincias occidentais das orientais. Éstas teñen a metade dos concellos de Galicia pero só un 25% dos seus habitantes, e, con estes ingredientes, concentran un 85% dos concellos con menos de 2.000 veciños.

A fragmentación municipal é especialmente acusada en Ourense, con 58 das súas 92 concellos por baixo dese limiar. Non o alcanzan 21 en Lugo, que ten menos concellos -ademais de contar con litoral, habitualmente máis poboado que o interior-, mentres que na Coruña son 11 e en Pontevedra só 3.

En todas as provincias son máis que fai 20 anos, pero o incremento tamén foi desigual. Se nas occidentais só se sumaron á lista 8 concellos (6 deles coruñeses), en Lugo foron 16 e en Ourense 41.

Peculiaridades galegas

O problema non é exclusivo de Galicia, nin maior nesta comunidade que noutras de España, que suma 8.112 concellos, o 71% con menos de 2.000 veciños. Pero a autonomía si ten unha peculiaridade preocupante que se evidencia estudando os concellos algo maiores, de 2.000 a 5.000 habitantes. Son un 33% de todos os galegos -case o triple que no Estado- e concentran un 12,5% da poboación, cando España non chega ao 7.

O gran problema deste mapa reside na anemia económica dos pequenos municipios, e nisto o panorama de Galicia é peor que o do conxunto de España. E é que á restrición nos ingresos que implica ter pouca poboación -esta determina a recadación e os fondos a recibir doutras administracións-, os galegos suman limitacións como a súa ''forte inhibición fiscal'', segundo sinala o catedrático de Facenda Pública Xaquín Álvarez Corbacho.

O orzamento dos concellos galegos está bastante por baixo da media española, tamén o dos que non chegan a 5.000 habitantes, cun 66% da media estatal. Ata o supera Castela e León, paradigma do inframunicipalismo, con 1.700 concellos con menos de 500 veciños.

5'0 (4 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



6 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#6 Por queimado 02-06-2009 10:32

Normal

Pensando en volver despúes de 45 años ausente, compro (2005) terreno urbano en nucleo rural en zona mariña y me niegan la construcción de mi vivienda habitual porque han añadido, jejeje, la coletilla de tener asfaltado 12 mtrs. de camino anterior al 2002.
¿Es mejor el asfalto del 2002 que el actual?
¿Quien les ha impedido tenerlo ya asfaltado, no creo que los contribuyentes se negasen a mejorar sus caminos?.

Bien, puesto que con mis años ya estoy acostumbrado a vivir en "otros sitios" deseo a los señores del concello que encuentren otro pichón que esté dispuesto a crear trabajo para construir y colaborar en la supervivencia de la zona.
Lo que unos rechazan otros lo desean ¿verdad...

Pensando en volver despúes de 45 años ausente, compro (2005) terreno urbano en nucleo rural en zona mariña y me niegan la construcción de mi vivienda habitual porque han añadido, jejeje, la coletilla de tener asfaltado 12 mtrs. de camino anterior al 2002.
¿Es mejor el asfalto del 2002 que el actual?
¿Quien les ha impedido tenerlo ya asfaltado, no creo que los contribuyentes se negasen a mejorar sus caminos?.

Bien, puesto que con mis años ya estoy acostumbrado a vivir en "otros sitios" deseo a los señores del concello que encuentren otro pichón que esté dispuesto a crear trabajo para construir y colaborar en la supervivencia de la zona.
Lo que unos rechazan otros lo desean ¿verdad paisanos?.


#5 Por lelo 02-06-2009 00:40

Normal

Un pais que sufre nos seos sectores productivos caidas constantes, e non encontra camiño para novos sectores para crear emprego. É un pais en estado de agonia. Sector lácteo, sector pesqueiro, carnico, madereiro, que nos queda con algo de aire, temos todo afogando e non haí bombonas


#4 Por Marin 01-06-2009 23:14

Normal

O que hai que facer e un Estado Federal, quitar as comunidades e deputacions, e os concellos pequenos xuntalos e facer comarcas;con isto aforrarianse moitos millons de euros, pero non quere case ningun politico porque se non o 80/90% terían que poñerse a traballar.


#3 Por lelo 01-06-2009 22:50

Normal

Con medidas como a de suprimir unidades escolares, ( onde non haxá 20 nenos), primeiro desapareceran as poucas aldeas que quedan poboadas, despoís seran as vilas. Sigamos asi, con politicas para o desenrrolo de Galicia, - menos mal que quedan alguas fotos de cando habia xente nos lugares-.Adeos pobos pequenos.


#2 Por terraenxebre 01-06-2009 19:21

Normal

a volta aos pobos vai ser un dos movementos que vai acontecer nos proximos 10 anos


#1 Por delaria 01-06-2009 16:18

Normal

El gran problema de estos concellos minúsculos será la "anemia económica" pero la "medicina" de las suvenciones se aplica alegremente para mantener la enorme cuota de poder que significan !92 alcaldes!, como mínimo 700 concejales y los diputados provinciales necesarios para mantener la presidencia de alguna diputación . Véase el caso de Ourense: 41 concellos por debajo de los 2000 h. !Gran racionalidad socioeconómica!Y a quien beneficia???


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>