Letras
Carvalho Calero, unha proposta firme para o Día das Letras de 2010
17/06/2009 - Galiciaé
As concellarías de Cultura dos concellos de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Ourense proporán á Real Academia Galega que Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990) sexa o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.
O feito de que a cidade de Lugo non figure entre as cidades que propoñen a Carvalho Calero como figura homenaxeada nas Letras Galegas do próximo ano débese a que nesta cidade ''hai un certo debate'' entre o autor ferrolán e o escritor do Courel Uxío Novoneyra, ambos moi vinculados á cidade da Muralla, segundo dixo en rolda de prensa a concelleira de Cultura de Santiago, Socorro García Conde.
A edil compostelá precisou, con todo, que a proposta de Carvalho Calero ''non pretende desmerecer a ningunha outra'' do panorama literario galego.
García Conde afirmou que nos parece xusto homenaxear a súa figura (a de Carvalho Calero)'' ao cumprirse en 2010 en vinte aniversario da súa morte, ao indicar que ''sería devolverlle o recoñecemento que lle corresponde''.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.










