Compostela

Feijóo apela ao ''galeguismo cordial'' na entrega das Medallas Castelao


Etiquetas: homenaje

28/06/2009 - Galiciaé/AGN

Cando se cumpren 25 anos da volta dos restos de Castelao ao Panteón dos Galegos Ilustres, o presidente do Goberno galego fixo entrega das medallas que levan o nome do ilustre galeguista e que recoñecen a labor de cidadáns galegos que destacaron no eido artístico, literario, doutrinal, social ou en calquera outra faceta da actividade humana.

"Non hai unha forma única de entender o amor á nosa terra". Nesta frase resúmese un coidado discurso que se afastou do protocolo para situarse no eido da reflexión política, e no que Feijóo apelou en reiteradas ocasións á necesidade de atopar un galeguismo cordial afastado de ser "un reduto selectivo ou unha distinción que algúns reparten con avaricia". O titular da Xunta abrazou o galeguismo e resaltouno como "a alma ideolóxica do noso país", e avogou por facer del "un punto de encontro" das pluralidades que conviven en Galicia.

Saber escoitar o que pide o pobo
Esta chamada ao consenso foi realizada no acto de entrega das Medallas Castelao 2009, que reuniu no Museo do Pobo Galego ao executivo autonómico, representantes de todos os grupos parlamentarios e diferentes personalidades da sociedade galega. Por suposto, tamén acudiron os galardoados.

De todos eles dixo Feijóo que practican o galeguismo "como outros o fixeron no seu momento". Aludindo a históricos como Ramón Piñeiro --recén homenaxeado no Día das Letras, de quen o presidente galego dixo que "non era necesario ser afín ao Partido Galeguista para sentirse atraido por Castelao"-- ou Otero Pedrayo, falou dunha "estirpe de homes que sementou o galeguismo cordial" que agora promulgan os populares. O presidente galego confiou en "que eles nos sigan guiando, e que nós saibamos escoitar o que nos pide o pobo".

Nun momento no que as medidas do Goberno autonómico dividiu o arco parlamentario en dúas posturas enfrontadas en materia lingüística, Feijóo aproveitou o acto de homenaxe para sinalar que na actualidade --e tomando prestada unha frase pronunciada hai décadas por Ramón Piñeiro-- "a autonomía segue a ser un roteiro orientado ao porvir e o galeguismo a nosa principal bagaxe para percorrelo". Iso si, afirma que é necesario "adaptalo á pluralidade social para que permita non só reafirmar aos convencidos, senón incorporar aos indiferentes e mesmo buscar a complicidade dos reticentes".

Feijóo loa o traballo dos galardoados
Nun acto no que non faltaron representantes institucionais, da sociedade, da política e da cultura galegas, os galardonados agradeceron o recoñecemento. Foron a investigadora Tarsy Carballas; o doutor e internista Fernando Diz-Lois Martínez: o médico e etnógrafo Luciano García Alén; o tradutor Fernando Pérez Barreiro Nolla; e o investigador e divulgador da cultura galega Marcos Valcárcel López.

Na súa intervención, Feijoo valorou a súa traxectoria e a súa entrega a Galicia, na que tamén recoñeceu o seu galeguismo: “o traballo agrobiolóxico de Tarsy Carballas, que nos permite coñecer mellor o humus do que estamos feitos, é galeguismo".

"A devoción médica do doutor Fernando Diz-Lois é galeguismo; é galeguista a inquedanza que latexa no labor humanista de Luciano García Alén; Marcos Valcárcel, a quen alguén chamou axeitadamente o ‘intelectual elegante’, personifica o galeguismo; e existe outro galeguismo políglota e cosmopolita que leva a Fernando Pérez-Barreiro Nolla a sacar a Shakespeare do Globe londinense, para traelo á nosa lingua”.

  • A PEGADA DOS HOMENAXEADOS

Recoñecida é a labor investigadora da edafóloga María Tarsy Carballas, especialmente no ámbito dos incendios forestais e na reforestación dos espazos queimados. É doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e profesora de Investigación no Instituto de Investigacións Agrabiolóxicas de Galicia e autora de máis de 230 publicacións.

O doutor Fernando Diz-Lois Martínez mereceu o galardón por ser un internista de prestixio que centrou o seu labor profesional no sistema sanitario público. Desde 1973 exerce como xefe do departamento de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), labor que compaxina coa docencia universitaria. Está detrás da posta en marcha de unidades de curta estancia no ámbito hospitalario, o que elevou a rotación e a eficiencia dos centros sanitarios.

Luciano García Alén é médico e etnógrafo, ademais de fundador e primeiro presidente do Club Nacionalista Alén Nós e pai fundador do Museo do Pobo Galego. Entre os anos 50 e 70 participou na organización e desenvolvemento do Museo de Pontevedra e na súa actividade en favor da cultura galega resaltan diversos traballos e investigación. Ademais, é o responsable de que se conserve unha importante documentación escrita e gráfica de recipientes que, de non ser por el, terían desaparecido.

Fernando Pérez-Barreiro Nolla é tradutor do inglés e chinés e a súa traxectoria profesional levouno a exercer cargos de relevancia en organismos e institucións de alto nivel mundial como membro dos equipos dos servizos exteriores da BBC en Londres, profesor en prestixiosas universidades inglesas ou xefe dos servizos de tradución da organización internacional do café. É autor da primeira tradución dunha obra teatral de Shakespeare para o galego e das primeiras traducións directas do chinés ao galego. Del destaca o seu traballo en favor da internacionalización da cultura galega a través da palabra.

O último dos galegos que nesta edición recibiu a medalla Castelao é o ourensán Marcos Valcárcel López. Doutor en Xeografía e Historia e Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, exerce como docente no ensino secundario. Marcos Valcárcel conta cunha longa traxectoria como investigador, divulgador da cultura galega e dinamizador cultural, xornalista de opinión, estudioso da historia cultural, literaria e a política de Ourense. A súa 'pluma' é responsable do blog 'As uvas na solaina', un dos de maior prestixio do país.

1'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



19 comentarios

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#19 Por UnGalego 29-06-2009 14:46

Normal

Bueno, vexo que o administrador da páxina non se pasa moito por aquí. Arriba di que hai que deixar comentarios con sentido. Aquí desgraciadamente hai poucos.

Pregúntome que hai que fumar para escribir algo así "O castellano non foi imposto,nin os toros que fanxe en Galicia todos verenos. De feito en galicia hai grande toreros,e bailadores de flamenco.
Graziñas, antes do castellanos non sabiamos falar".

Bueno, en Galicia tampouco temos pilotos de PowerBoat e por iso non me ten que parecer mal que se faiga unha proba anual en Vigo.


#18 Por xorxe2 29-06-2009 12:46

Interesante

pero como pode falar de galeguismo se é o encargado de acabar con todo o que sone a galego e a galeguismo?. Non o podo entender. Continua a imposición.


#17 Por Xalo 29-06-2009 12:21

Discutible

O castellano non foi imposto,nin os toros que fanxe en Galicia todos verenos. De feito en galicia hai grande toreros,e bailadores de flamenco.
Graziñas, antes do castellanos non sabiamos falar.


#16 Por UnGalego 29-06-2009 11:23

Normal

"trunt" noraboa polos teus avances no idioma galego.
Por que na túa casa a xente non fale galego, non podes extender o problema ó resto dos galegos. Seguramente ó verte falando en galego algún máis se anima. Agora ben, se lles vas como fan moitos (non digo que sexa o teu caso) co conto de que o castelán é unha língua invasora, unha lingua imposa, etc... vas conseguir o efecto contrario.
A educación en galego non forma parte únicamente da escola, tamén e importante na casa. Se falas en galego cos teus fillos na casa tamén van falalo na escola.


#15 Por Xalo 29-06-2009 11:23

Normal

"Aqui se habla español por cojones" e unha frase dos huerfanos do franquismo,asi esta recollido na historia.
Mala fé e un don do pp-


#14 Por trunt 29-06-2009 11:10

Normal

"porungalego". Ser galeuista non só e falar galego. Na miña casa non se fala galego nin os meus avós ni ninguén do meu arredor. Cando acadei a adolescencia deime de conta do que era importante e escollin este idioma para expresarme. Ó principio case non sabia falar galego, pensaba que facía unha tontería pero o final desenvolvome bastante ben. Moita xente se sente galega e non fala galego, porque? porque non estan sendo educados nese idioma. Quero que meus fillos falen galego, e son partidaria da livre elección, iso sí se os idiomas teñen a mesma condición


#13 Por UnGalego 29-06-2009 11:01

Normal

Paréceme que todo o que sexa libre elección é máis democrático que a imposición e a política "por collóns" que facía o BNG.
O usuario "trunt" di que o galego carece de importancia, vaia exemplo de galeguismo si señor.
Penso que o peor que se pode facer para que unha lingua sexa querida polo pobo é metela obrigada. Na miña casa fálase galego, os meus veciños falan galego, os meus avós falan galego (e eso que estudiaron nunha época na que estaba perseguido). Eu non vexo problema algún, o galego non vai desaparecer por moito que se deixe escoller o número de materias que se van impartir en cada idioma.
Todo o demáis é política ficción.


#12 Por pontevedriño 29-06-2009 10:57

Normal

Pero este tio de que vai?. Vai de defensor do galeguismo e é o primeiro en dividir a sociedade galega e enfrontala por un tema que non existía?. Vai de galeguista e considera o galego unha barreira?. Porque non nos damos conta de quen temos ahí...


#11 Por trunt 29-06-2009 10:49

Normal

-galueguismo cordial-galeguismo castelanizado! Durante anos atrás fomentouse o castelá e ás novas xeracións estanse a criar nesa lingua, o dever dos altos cargos é impulsar o galego para que volva a ser o que era. O que quere facer o sñr Feijoo é deixar a livre elección a escolla do idioma no que se quere falar. Claramente non teñen a mesma importancia un que outro. como xa dixen o galego actualmente carece de importancia, aínda que nas escolas as materias sexan en galego moi poucos profesores ás dan neste, fóra, sobre todo nas cidades, este idioma ten pouco uso. Deberíase impulsar máis, obrigar(pacificamente) os cidadán a usalo e enseñalos a ver a fermosura desta lingua.


#10 Por UnGalego 29-06-2009 10:23

Normal

Se Castelao levanta a cabeza correría a ostias ós do BNG por facer do galego e de Galicia un slogan político. En Galicia hai moitos intelectuais, pero non precisamente os desa Jet Cultureta Bloqueira.


#9 Por Xalo 29-06-2009 08:08

Normal

Si Castelao lenvanta a cabeza os corre a ostias,si non escapa estaria morto nuha cuneta.
O unico intelectual que ten o PP en Galicia e pode dar medallas son as de Cañita Brava.


#8 Por Almudena 28-06-2009 22:10

Normal

Se o PP é galeguista os talibáns son os maiores defensores dos dereitos das mulleres.A este paso o señor Nuñez Feijóo dentro de pouco vai a dicir o mesmo que di a Fundación FAES, presidida por Aznar,de que o galego é un dialecto e algo artificial.


#7 Por Nivi 28-06-2009 20:10

Interesante

Sr. Feijóo "galeguismo cordial" e que fales en galego e un funcionario-a da Xunta non te entenda.


#6 Por Roelo 28-06-2009 19:56

Discutible

O Sr. Presidente da Xunta de Galica, Núñez Feijoo amosa novamente a súa faciana máis hipócrita e falsa, está mais que probado que o Sr. Núñez Feijoo importalle un bledo o futuro do noso idioma, e agora vai en defensa do "galeguismo", pódese ser máis hipocrita e falso??, pero claro o quen non esta de acordo co Sr. Núñez Feijoo, é un radical que quere dividi-la sociedade galega. Unha auténtica vergonza.


#5 Por Fernando 28-06-2009 18:50

Normal

Aínda non entendo como se atreve o Sr. Feijoo a homenaxear ao Galeguismo cando el mesmo dubida e fai dubidar da identidade da cultura galega, co seu máximo exponente como é o idioma. Debería deixar de confundir dunha vez á sociedade galega e defender á cultura e ao idioma galego.


#4 Por 321 28-06-2009 18:18

Normal

Sr GORILA, su nombre y sus comentarios lo dicen todo de la clase de persona que es.


#3 Por Xose 28-06-2009 16:39

Normal

Sr. Feijóo deixe de empregar a lingua galega como arma política e resolva os problemas reais que temos en Galicia en vez de crealos. Resolva o tema do metal por exemplo pois paréceme indignate que a conselleira de traballo en vez de resolverlo diga que os traballadores como sigan asi van a perder o posto, indignante a política económica do PP.


#2 Por Fugadepinza 28-06-2009 15:50

Destacado

"Non hai unha forma única de entender o amor á nosa terra" Pois eu aínda non comprendín de que maneira lle ten o Sr Feijóo amor a nosa ben querida terriña.


#1 Por lelo 28-06-2009 15:29

Normal

- Pero este sr. que quere decir- ¿que habia un Galeguismo incordial?, os galegos xa eramos cordiais antes de que chegara este sr. o poder. Por favor deixe de enfrentarnos os falantes e os non falantes do Idioma Galego, e poñase a rexir de verdade as necesidades dó pais que non son poucas.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Arriba, Feijóo nun momento do seu discurso. Abaixo, o popular faille entrega da medalla a Marcos Valcárcel; o xornalista está aqueixado dunha enfermidade que o obriga a ficar en cadeira de rodas. (Fotos: EFE)
Arriba, Feijóo nun momento do seu discurso. Abaixo, o popular faille entrega da medalla a Marcos Valcárcel; o xornalista está aqueixado dunha enfermidade que o obriga a ficar en cadeira de rodas. (Fotos: EFE)