Nove Ondas

Amor


Etiquetas: país, lengua, literatura, Rosa Aneiros

30/06/2009 - Rosa Aneiros

Soubemos estes días da entrega da Medalla Castelao a Marcos Valcárcel. Do Premio Trasalba recibido por Xosé Manuel Beiras. Da entrega do Premio Nacional de LIX a Agustín Fernández Paz e do de ensaio a Beramendi. Da elección pola RAG de Uxío Novoneyra como homenaxeado no Día das Letras 2010.

E ficamos nas palabras do poeta do Courel, como unha ladaíña, como un mantra, como un berro irrenunciable: ''Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home...'' e ''GALICIA, ¿será a nosa xeración quen te salve? ¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas? ¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!''

As súas palabras gardan a neve da Devesa da Rogueira e a pedra de Compostela; a chamada dos eidos e a irrenunciable beleza de quen ''anda as rúas como se fose a praia''. Por iso, aquí, un fragmento da súa Letanía de Galicia: ''(...) recóllote i érgote no verbo enteiro; no verbo verdadeiro que fala o pueblo; recóllote pros novos que vein con forza; pros que inda non marcou a malla d’argola; pros que saben que ti podes ser outra cousa; pros que saben que o home pode ser outra cousa; Sabemos que ti podes ser outra cousa; sabemos que o home pode ser outra cousa.''

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>