Música

''Eu son un obreiro máis do metal e só transmito as miñas vivencias''


Etiquetas: metal, Moaña, música, reportaje

03/07/2009 - Laura Antelo

Un rapaz de Moaña vende CDs no medio dunha das numerosas folgas do metal. É a cara afable dun amargo conflito que leva ocupando as portadas dos xornais durante un mes. Ese día, quizáis sen sabelo, a canción 'O Metal' convérteuse nunha especie de banda sonora do momento. Ao mellor esas estrofas sacaron algún que outro sorriso nese enésimo día de loita obreira.

O rapaz faise chamar Tutu e xunto co DJ Xavi forma Xtraperlo, un grupo de hip hop que naceu fai máis ou menos tres anos. O rap xa tiña aparecido antes como un hobbie individual, pero non é ata o 2006 cando ambos deciden comezar un proxecto común. Tutu ocúpase das letras e da voz; Xavi das composicións musicais e da producción. Di Xavi que a unión se debe a que ''somos musicalmente moi compatibles''.

Tres anos despois, parece que non vai tan mal. ''Publicamos unha mini maqueta fai dous anos, un CD de catro temas de presentación; e vimos de sacar agora o noso primeiro disco, disco con distribución, con discográfica e esas cousas''.

'O metal'
''A canción do metal xorde porque estabamos buscando algún tema que soase auténtico para facer algunha letra, algo que coñeceramos nós de primeira man, e xurdiu a idea de falar de como é un día na vida dun traballador do metal, que é algo que abunda por aquí'' di Xavi, que considera que iso de que o hip hop é música necesariamente reivindicativa e un clixé xa superado.   

Tutu, ademais de cantar en Xtraperlo, traballa no sector naval, así que o seu acercamento a esa vida non podía ser maior. ''A canción fíxena fai anos. O tema do convenio é un problema que temos desde sempre. Eu son un traballador máis do sector, e simplemente intento transmitir as miñas vivencias''.

''Creo que merecía un tema porque pouca xente fala destes problemas. Só é empregar a música como unha ferramenta de protesta, agora parece que todo é máis light. A xente fai outro tipo de temas, ou non quere falar dos seus problemas''.

Unha oportunidade
''O tema xa estaba feito fai un ou dous anos, pero agora, ao rexurxir todo isto e sacar o CD, e así todo xunto, parece que colleu un pouco de importancia. Importancia que ao mellor non lle darían se non pasase o que está pasando'' declara Tutu.

Coa actual situación no sector metal ''aprovéitase para darlle bombo, para usalo como crítica, pero non se trata de deixar mal a ninguén, nin de criticar a ninguén. É un tema de vivencia'', engade o letrista.

Neste sentido, Xavi di que non cre que o seu sexa un grupo reivindicativo. ''Os nosos temas teñen letras de todo tipo. Hai cancións que falan doutras cousas, máis divertidas'.

Entre o disco de platino e o da radial
'Queriamos o disco de platino, nos deron o disco da radial'. Así comeza a canción 'O metal'. Tutu ri ao pensar nese hipotético disco de platino. ''Iso é unha frase graciosa, hai que darlle algo de simpatía e 'bo rollito', é só un guiño aos compañeiros''.

Tanto Xavi como Tutu teñen unha vida profesional paralela ao rap. ''É só un hobbie. Un non pode vivir da música, Xavi ten o seu choio e eu teño o meu, pero estamos ben na nosa mini empresa''. Utilizar o hip hop como modo de vida é algo que ningún dos dous chega a barallar. Xavi di que nin sequera os grandes artistas do estilo poden permitirse ese luxo.

Mentras tanto, ao igual que os obreiros do metal, o único do que se trata é de saír adiante, de poder traballar. De xeito esperanzador, Tutu di que ''oxalá se normalice todo e volvamos traballar, e eu incluso podería aproveitar para vender algúns cds. Pero non todo sae como un quere''.

4'5 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Foto de Xtraperlo
Foto de Xtraperlo