Cadernos da viaxe

Tráfico recadatorio


Etiquetas: Xoán Antón Pérez Lema, tráfico, Policía

03/07/2009 - Xoán Antón Pérez Lema

A Administración española sempre exerceu na Galiza a súa competencia de tráfico e seguranza viaria dun xeito orientado á recadación, tanto na exacción das taxas das licenzas de conducir como na imposición de multas e sancións.

A propia disposición dos controis levados a efecto pola Garda Civil de tráfico incide, a maior abastanza, nesta liña. Cando a propia Garda Civil de Tráfico ven de realizar, por mandato do Fiscal Superior de Galicia, un recente e documentadísimo estudo sobre as principais causas dos sinistros nas estradas galegas, relacionando unha amplísima maioría absoluta dos mortos e lesados en accidentes coa previa inxesta de alcohol e/ou drogas.

As mortes e lesións graves orixínanse en moi grande medida pola inxesta de alcohol e drogas e non, por exemplo, pola condución a 140 kms/hora na autoestrada.

Velaí a urxencia da transferencia desta competencia a Galicia, que permitirá xestionar a nosa seguranza viaria dende a propia Policía galega, que poderá aproveitar os excelentes recursos humanos encadrados na Garda Civil de Tráfico que presta os seus servizos na Galiza. Só que despoxados da disciplina militar (incompatíbel co carácter civil que esixe a función policial en toda democracia avanzada) e encadrados nun Corpo civil e galego.

Mais unha política galega de tráfico e seguranza viaria sobarda con moito o feito de que a xestione unha Policía Autonómica.

Comporta tamén, dirixir o ensino a impartir nas autoescolas á adquisición das habilidades esenciais no manexo do vehículo, así como de coñecementos básicos de mecánica e seguranza viaria, como defenden os excelentes profesionais galegos das autoescolas, no canto da orientación actual dirixida case que exclusivamente a ''aprobar o exame''.

Comporta que a xestión deixe de estar residenciada na mentalidade centralista e mesetaria dos directivos da DGT (e das súas catro Xefaturas de Tráfico na Galiza) para pasar a se xestionar dende as Consellarías responsábeis de Interior e de Infraestruturas viarias da Xunta.

Comporta mudar a Administración e a Policía responsábeis, que pasarán a ser a Policía e a Administración galegas. Porén, comporta, en último de contas, mudar dun enfoque predominantemente recadatorio a outro de prevención das causas que xeran a alta sinistralidade viaria que padecemos neste País.

4'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>