Cultura

Os grupos do panorama musical galego poñen ritmo a once poetas galegos


Etiquetas: lengua, poesía, música

08/07/2009 - Galiciaé

Dende este luns 6 de xullo anda polas librerías do país o libro-cd 'Once máis 15', unha iniciativa de Edicións do Cumio que aúna textos de poetas galegos, tanto clásicos coma actuais, e a músicas de grupos do país que están a circular polos escenarios neste momento. Once son os poetas cuxas palabras se escoitan nesta edición, e quince as bandas que, cos seus diversos estilos, poñen ritmo e son a estes versos.

Entre as letras, que foron escollidas librementes polos músicos que participan no proxecto, están voces chegadas do século XIX (como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez), do recén desparecido século XX (Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro) e outros que están a encher de innovacións as letras galegas actuais (Daniel Salgado ou Antón Lopo). Incluso o Grupo de de Comunicación Poética Rompente, que nos anos 80 revolucionou o mundo cultural dun Vigo que vivía os tempos da reconversión naval, ten o seu sitio neste disco.

Esta iniciativa veu da asociación MusicARTE e tenta ser un escaparate do rico panorama musical que se está a vivir neste momento na música galega que non ten acubillo nos grandes circuitos de distribución. Pop, rock, cantautores, música electrónica... todos os estilos teñen cabida neste libro-cd que vén a ensinarnos o fecundo momento que a creación cultural está a experimentar no noso país.

A lista das cancións de este libro-cd, que se pode conseguir no enderezo http://www.cumio.com/ a un prezo de 15, son as seguintes:

1- Zimmer103 - Se has de chorar (poeta: Alfonso Pexegueiro)
2- Miguel Alonso - Nos ollos teus (poeta: Álvaro Cunqueiro)
3- Ataque Escampe (Galegoz Remix) - Ningún lugar seguro (poeta: Antón Lopo)
4- Miguel A. Suárez - Longa noite de pedra (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
5- Xurxo Mares - Non (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
6- Fanny e Alexander - Autopoética in progress (poeta: Daniel Salgado)
7- Anxo Rei - Cantarche hei amiga (poeta: Darío Xohán Cabana)
8- Roberto Sobrado e banda - A dama que fala (poeta: Grupo de Comunicación Poética Rompente)
9- Snail - Cunetas (poeta: Luis Pimentel)
10- Meiga do Norte - Ai! (poeta: Curros Enríquez)
11- Julian Ross - A Rosalía de Castro (poeta: Curros Enríquez)
12- David Taboada - Outono (poeta: Manuel María)
13- Elanor - Canción para cantar todos os días (poeta: Manuel María)
14- Fucoxabier - Cantan os galos pro día (poeta: Rosalía de Castro)
15- Nao - A xustiza pola man (poeta: Rosalía de Castro)

5'0 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos