Especial Día de Galicia. Oportunidades

Unha nova andaina para o audiovisual galego


Etiquetas: Xunta, audiovisual, Día de Galicia, reportaje

29/07/2009 - Aaron López

O mundo do audiovisual móvese con vida no noso país. En boa parte debido aos problemas de distribución que son o maior problema para calquera industria cinematográfica que compita co cinema comercial estadounidense, queda no horizonte todo un futuro que precisará de esforzo para dar traballo a todos os diversos oficios ligados ao audiovisual.

Mais o audiovisual pasou a converterse nos últimos anos nun sector dos chamados ''estratéxicos'' para a administración autonómica, pois conta cun amplo entramado empresarial, xerador de emprego e cun interesante volume de negocios. Ademais é unha das industrias culturais que máis pode promocionar a cultura propia de Galicia.

Agora, veñen catro anos por diante nos que se prevén reformulacións e cambios no sistema de xestión desta industria cultural. Por outra parte, o actual goberno, recén chegado a Xunta, aínda non fixo públicas as responsabilidades administrativas relacionadas co audiovisual, o que está a causar inquedanza nos traballadores do audiovisual.

Os problemas (Pinche para ler máis)

Son varios os problemas que acorralan á produción de películas, series... no noso país. ''No fondo estas cousas son unha cuestión de cartos'', afirma Xosé Manuel Olveira, 'Pico', presinde da Academia Galega do Audiovisual. ''Ten un problema de finaciamento neste momento, en grande parte depende de cartos públicos''.

Logo están os problemas a nivel global que é o da distribución e a baixada de espectadores, acompañada en ocasións co peche, das salas de cinema. ''Falta tamén unha produtora potente que poda competir con outros produtos do cinema. Para calquera pèquena produtora de aquí é moi dificil'', lembra 'Pico'.

''Unha produción pequena se non atopa unha distribuidora potente non ten posibilidades de esa produción sexa vista''. E a día de hoxe as vías de saída para as creacións galegas son moi escasas e afastadas das grandes salas de cinema.

O papel da TVG

Un dos proxectos que aínda están pendentes de continuación por parte do novo Goberno autonómico é o Plan de Apoio e Potenciación da Produción Cinematográfica Galega para o período 2008-2010. Este proxecto foi levado adiante polo bipartito co anuncio de 13,1 millóns a tres anos. Porén, semella que as produtoras teñen o comporomiso da Xunta a que as axudas á produción estarán resoltas para o 31 de xullo.

Este Plan de Apoio e Potenciación tamén recolle a obriga que teñen as televisións de investir un 5% en cinema. Desta forma, remataba a polémica pola non adecuación da TVG ao Real Decreto 1652/2004, no que se estipulaba esta porcentaxe como mínimo a aportar polas televisións á produción audiovisual europea. O Plan fora calificado coma ''de longo alcance nun momento de incertidume económica''.

'Pico' explica que os investimentos da televisión autonómica ''implica que esa película acabará véndose na TVG''. Porén, quéixase do reucido público co que este conta. ''Unha produtora de cine o que quere é que a súa película se vexa nas salas comerciais, despois emitirase na telavisión''. O problema da distribución segue a cangar as costas do audiovisual non comercial.

Momento de parón

As reivindicacións dos traballadores do sector son claras: ter traballo e contar co preciso apoio da Administración. Porén, para estes anos que quedan diante ainda non está trazado o camiño. Así, as asociacións do audiovisual están a aguardar ''que se clarifique como vai a quedar o sectorm e cal vai ser o papel do Consorcio do Audiovisual, a o de Cultura e a Axencia Audiovisual Galega'', explica 'Pico'.

'Pico' transmite tamén que foi o actual presidente da Xunta de que as competencias é posible que vaian na maior parte para a Secretaría Xeral de Medios e para a Dirección Xeral de Comunicación. Porén, as vozes do sectror preferirían que fose a Consellería de Cultura. ''Se hai algo que lle da identidade ao noso traballo é o concepto de creación cultural'', cre o presidente da Academia do Ausiovisual Galego.

Outra incógnita a despexar e o papel que xogarán entidades como o Consorcio Audiovisual e Axencia Audiovisual Galega. Alfonso Cabaleiro, responsable da Secretaría Xeral de Medios, adscrita a Presidencia, ten anunciado que ''todo vai gravitar arredor do Consorcio Audiovisual'', aínda que este organismo aínda non foi renovado a día de hoxe. Para Cabaleito, segundo declaracións recollidas en diversos medios, ''o máis urxente é resolver as axudas á produción, que este ano seguirán a estar en Cultura''.

O futuro da Axencia Audiovisual

Outro tema que está no aire é o futuro da Axencia Audiovisual Galega, que foi creada pola anterior Consellería de Cultura e Deporte. O medo á modificación do traballo que está a realizar a Axencia está presente nos voceiros do audiovisual galego. 'Pico' manifesta que ''non queremos que se perdan os avances realizados pola Axencia, nin a súa vocación de servizo público''.

''A filosofía da creación da Axencia era dotarse de mecanismos administrativos máis eficaces e áxiles e adaptarse as normativas europeas'', asegura. Entre as iniciativas a destacar da Axencia, o presidente da Academia destacou especialmente Flocos.tv e Cinemas Dixitais. O primeiro destes ven a ser o portal web fo audiovisual galego. Nela tense acceso a boa parte das producións subvencionadas e tamén a filmes e produtos audiovisais históricos. Cinemas Dixitais, pola súa parte, pretende crear unha rede de exhibición alternativa ao longo da xeografía galega.

O retraso nas decisións sobre as comptencias administrativas sobre o audiovisual recebeu tamén moitas críticas, coma as expostas pola Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, quen a principios do mes de xullo expresaba o seu malestar por esta tardanza e se queixaba da exclusión dalgunhas asociacións á hora das negociacións. Tras unha morea de reunións entre a Xunta e os sectores implicados tense a sensación ''de que as cousas se van a poñer en marcha, non sei se co apoio que deberían'', afirma 'Pico'.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>