Especial Día de Galicia. Crise

A pesca galega navega entre temporais


Etiquetas: crisis, pesca, mar

25/07/2009 - Martín G. Piñeiro. Nova+

Provisionalidade é a palabra que mellor define o ano 2009 para o sector pesqueiro galego, un motor económico vido a menos nas últimas décadas, pero aínda quen de conservar 25.000 empregos directos en Galicia no apartado extractivo e de achegar o 4,4% do PIB. Pero 2008 non é outra cousa máis que doce meses nos que o único obxectivo é a supervivencia e os que a flota se atopa, máis que nunca, navegando entre temporais e nuboeiros que embazan o futuro.

E é que o sector pesqueiro segue sen ser quen de dar aos seus produtos o valor suficiente para garantir a súa supervivencia. Aínda que dentro do mundo da pesca en Galicia moitas voces culpan ás importacións masivas de produtos foráneos a baixo prezo, que supoñen unha competencia desleal, e outras apuntan á crise, que implica unha caída da demanda, o certo é que cada vez está máis claro que o verdadeiro problema haino que buscar dentro.

Foi a propia ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, a galega Elena Espinosa, a última en advertilo. ''Hai que buscar as fórmulas necesarias para darlle aos produtos pesqueiros un valor engadido''. Un valor que non está en mans dos consumidores nin dos mercados, senón do propio sector.

Pescar menos, vender mellor

O tantas veces demandado cambio de mentalidade está completamente estancado, se é que nalgunha ocasión chegou a se iniciar. O verdadeiro potencial que converteu a pesca galega en referente mundial foi, historicamente, a súa capacidade camaleónica para adaptarse aos tempos e seguir pescando, o seu poder extractivo en calquera mar do mundo e en calquera condición. Pero hoxe, nun mundo gobernado baixo a tiranía da mercadotecnia, iso é insuficiente.

Coas mans cada vez máis atadas por políticas europeas –que xa deciden moito máis dentro do sector que as nacionais ou autonómicas- alleas á realidade de Galicia e infestadas de esixencias ambientais opostas á capacidade extractiva galega, o sector afronta o seu último e máis importante cambio: pescar menos e vender mellor. Pero, de momento, é algo que en Galicia se antolla pouco menos que utópico.

A mentalidade tradicional e a falta de substitución xeracional lastran un sector económico quen de renovar a súa flota como non o fixo ningún país da UE, pero que non é quen de gastar un euro en campañas de mercadotecnia, selos de calidade, trazabilidade, etc. E as poucas veces que se gastou, non se soubo vender.

''Nos tempos que corren, non se pode vender determinado tipo de peixe sen limpar ou escamar, porque a xente non ten tempo de facer iso e, se o atopa así, xa non o compra''. Son palabras de Elena Espinosa, que achega un dos miles de exemplos que se poderían ofrecer. Os filetes preparados e envasados de panga, perca e outras especies foráneas que invaden os nosos mercados teñen cada vez máis demanda a pesar da súa escasa calidade.

Mentres tanto, o sector pide axudas administrativas para afrontar as campañas de promoción, distinción, selado ou asistencia a grandes feiras, xa que sen elas ''é completamente imposible afrontar isto'', recordan, pero a realidade económica actual tampouco fai pensar nun malgaste financeiro sen precedentes na materia.

O petróleo mantén a flote o motor da pesca

Ao longo de 2009 a historia volveuse repetir. A campaña da xarda foi histórica en conto a capturas, pero o prezo medio descendeu. O bonito segue sen alcanzar os 3 euros/quilo de media que tiña hai xa máis dunha década, mentres que os custos triplicáronse. A pescada foi noticia de primeira páxina en varias ocasións polo seu prezo ridículo en lonxa. O polbo na costa galega está case desaparecido. As cotas redúcense e os gastos, no mellor dos casos, mantéñense.

No que vai de ano, calcúlase que o cesamento de actividade de varios pesqueiros deixou no paro ao dobre de xente que a maioría de ERE's de empresas como Pascual, Bunge, Caramelo, Ingemarga, etc. O amarre de cinco barcos de Gran Sol significa a destrución dun cento de postos de traballo, por non citar o despezamento frecuente de lanchas de baixura.

A pesar destes datos, a pesca segue a ser un motor na economía galega. Ata o 4,4% do PIB se se fala do apartado extractivo (marisqueo, baixura, altura, gran altura…), con 25.000 persoas dadas de alta no réxime especial do mar. Pero botando man de todo o conglomerado que rodea á pesca galega, é dicir, acuicultura, conservas, procesado, víveres, efectos navais… do mar sae máis do 9% do PIB de Galicia. A construción, na súa época máis boiante na que foi motor económico galego, representaba pouco máis do 12%.

O único que salva ao sector, e curiosamente é un efecto ligado á crise, o baixo prezo do petróleo, que implica un custo moi baixo do gasóleo marítimo. Pero, ata cando durará esta situación? Sobreviviría o sector a unha alza do cru como a que se produciu en 2008 e que desencadeou a maior protesta pesqueira de España na última década?

Todo parece indicar que non. Unha recuperación da crise e unha subida do petróleo, a día de hoxe, condenaría ao amarre a boa parte da flota galega. E aínda que é imposible aventurar unha cifra exacta, boa parte significaría, polo menos, a metade dos barcos de arrastre de litoral e altura.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>