Dereitos
A maioría das linguas indíxenas están en perigo de desaparición
07/08/2009 - Galiciaé/Servimedia
Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), nunhas poucas xeracións poderían desaparecer máis do 50% das aproximadamente 7.000 linguas que se falan no mundo actualmente, das que máis de 5.000 son linguas indíxenas.
Con motivo do Día Internacional do Pobo Indíxena, que se celebrará o vindeiro domingo, a Unesco ''busca solucións para facer fronte urxentemente a esta ameaza que se cerne sobre as linguas indíxenas''.
Segundo Koichiro Matsuura, director xeral da Unesco, os pobos indíxenas ''han demostrado capacidade de adaptación ao cambio sen perder os seus valores e estilos de vida singulares''.
Eliminar a brecha dos pobos indíxenas
Pola súa banda, o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, fixo un chamamento aos gobernos para que ''actúen con urxencia e determinación para eliminar a brecha'' que existe cos pobos indíxenas en temas como saúde, contaminación ambiental e a insuficiente atención primaria, e máis concretamente a ameaza que significa para estes pobos a sida.
Para rematar, o secretario xeral da ONU recordou valíaa destes pobos, xa que ''falan a maioría dos idiomas do mundo e os seus coñecementos tradicionais, a súa diversidade cultural e os seus modos de vida sostibles constitúen unha valiosa contribución ao patrimonio común mundial''.
Para rematar, a ONG para a protección dos indíxenas Survival pediu que os países ratifiquen o Convenio 169 da Organización Internacional do Traballo, única lexislación internacional que recoñece e protexe os dereitos territoriais dos pobos indíxenas e tribais, que, tras 20 anos de existencia, só 20 países ratificaron.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.





