Banda Deseñada
As Serpes Cegas acumula 3 candidaturas nos premios da Crítica
21/08/2009 - Galiciaé
O álbum As Serpes Cegas, editado por BD Banda, conta con tres candidaturas nos Premios da Crítica 2009. A obra do mallorquín Bartolomé Seguí e do valencián Felipe Hernández Cava opta a recibir os galardóns a 'Mellor obra nacional', 'Mellor debuxante nacional' e 'Mellor guionista nacional'.
Os premios da crítica, convocados pola revista Dolmen, recollen anualmente as preferencias de críticos e especialistas de BD de todo Estado, e están unanimemente recoñecidos entre os máis prestixiosos, canda o Premio Nacional do Cómic e os premios do Saló del Cómic de Barcelona.
Precisamente, As Serpes Cegas xa fora recoñecida nesta última cita, no pasado mes de maio, cos galardóns á mellor obra e ao mellor guión. O álbum quedara tamén finalista nos premios que outorgan os libreiros franceses e colleitou unha crítica unanimamente positiva en medios especializados de todo o país.
En galego, en castelán e en francés
As Serpes Cegas é a primeira BD editada por BD Banda e viu a luz en galego e castelán ao tempo que a edición francesa do xigante editorial Dargaud, mercé a un acordo desta empresa co colectivo galego. A obra xa fora publicada por entregas na revista BD Banda, que en breve tirará o seu cuarto número do prelo.
A entrega dos premios da crítica farase no acto de clausura das Xornadas do Cómic de Avilés, o 12 de setembro. Os críticos teñen agora aberta unha segunda rolda de votacións que remata o 4 de outubro para seleccionar os gañadores.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.





