Sentidos

'Escoitar.org' ou como poñer a orella nos pode axudar a ser mellores persoas


Etiquetas: reportaje, Santiago

21/08/2009 - Iria López. AGN

Segundo Chiu Longina, membro do proxecto 'Escoitar.org', estámonos a converter en robots. Unha das causas -segundo este colectivo de artistas, antropólogos e musicólogos- é a xerarquía dos sentidos, xa que dende a invención da imprenta, o ollo veu mantendo unha hexemonía clara con respecto á orella. ''O mesmo hemisferio cerebral que se encarga de procesar os aspectos cualitativos da experiencia humana, o que nos fai máis humanos, é o mesmo que se encarga de procesar o audio, fronte ao outro hemisferio, que se encarga da lóxica e do visual'', explica Chiu.

Ante estas circunstancias, os 'escoitadores' denuncian a existencia dunha ''relación entre ese malestar que aflora en Occidente agora co exceso de loxicismo'' e chaman á promoción da escoita para ''ser mellores persoas''.

Un micrófono xigante para captar a paisaxe acústica
Reivindicar a importancia do oído non ten por que significar o abandono da vista. De feito, o colectivo emprega un micrófono xigante como reclamo visual para chamar a atención sobre as súas actuacións. ''Usamos o ollo para fomentar o oído'', explica Chiu.

O micrófono xa percorreu moitos puntos captando o son ambiente deses lugares. Dende a súa páxina -ca mesma dirección que o seu nome-, os usuarios poden escoitar as gravacións de ambiente dunha aldea abandoada en Toques (A Coruña), pasando por Bos Aires ata o Círculo de Bellas Artes de Madrid e mesmo Alemaña. Ademais, poden aportar eles mesmos os seus sons, configurando unha ampla colección de aproximadamente 900 sons, xestionados mediante licenza 'Creative Commons'. Un software creado a partir da API (a interfaz de programación de aplicacións) de Google Maps permite visualizar xeográficamente o resultado: ''que se configure entre os propios oíntes o que é o patrimonio sonoro de Galicia''.

''Esculturas escoitadoras'' e turistas curiosos
Decididos a realizar un mapa sonoro de Compostela, os membros de Escoitar.org comezaron a súa tarefa co que eles chaman unha ''escultura escoitadora''. Durante uns 10 minutos, os compoñentes permaneceron inmóbiles e ca boca tapada con esparadrapo, escoitando. No punto de partida, a praza do Toural, os turistas miraban curiosos a performance e moitos preguntaban: ''Y estos, ¿por qué protestan?''. Algúns simplemente aproveitaban para sacarse unha foto co micrófono xigante.

Unha vez finalizada a 'escultura', os artistas comezan o paseo polo casco vello da cidade carrexando o micrófono pola rúa do Villar ata a Quintana. Esta vez, os turistas curiosos que se achegaban a preguntar podían experimentar cos seus propios oídos a captación de sons mediante uns cascos que os 'escoitadores' lles deixaban. O son das campás da Catedral, un músico da rúa tocando o seu instrumento ou mesmo unha discusión entre unha familia de turistas andaluces decidindo a que parte de Compostela dirixirse. Todo iso forma parte xa do mapa sonoro da cidade.

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



1 comentario

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#1 Por chiu 23-08-2009 13:42

Normal

Moi agradecido pola reportaxe.

Grazas e un saúdo sonoro

Chiu Longina


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Un paseo con un micro gigante para captar y transmitir los sonidos de la ciudad (Foto: AGN)
Un paseo con un micro gigante para captar y transmitir los sonidos de la ciudad (Foto: AGN)