Ollo mol

Tras Coelho no Twiter


Etiquetas: literatura, internet, Jaureguizar

31/08/2009 - Jaureguizar

Paulo Coelho non deixa de ser unha dama cuestadora con hucha e lecturas enciclopédicas de filosofía; escribo ‘enciclopédicas’ porque coñece o pensamento universal grazas á Larousse, aforrándose os ensaios orixinais. Pero exhibe unha pose de rico compasivo que envexo, polo que me fixen seareiro seu no Twitter. Cadrou que era o seu aniversario, e ofreceu tres libros en descarga gratuíta durante ese día.

Sentínme premido a aproveitar a oportunidade con esa ansiedade das persoas que acuden ás presentacións de multipropiedades en La Manga para levar un reloxo e unha toalla a cambio de escoitar un tipo con traxe blazer. Ao remate, dálles un aquel dicir que non e compran. A min deume cousa rexeitar a oferta de Paulo Coelho, polo que teño ‘O caminho do arco’ atrancado no medio do escritorio do portátil. Son incapaz de concretar para o quero. É o signo dos tempos dos libros electrónicos: empezaremos a encher os escritorios de obras que nunca teremos tempo a visitar, como apartamentos en multipropiedad.

De Coelho, lin ‘Veronika escolle morrer’ (Galaxia) e abondoume de ‘coelheces’. Recunquei no Twitter. Aínda así, as súas obviedades de catequista con etiqueta de pensadores clásicos e respectados seguen se achegarme á Luz. Copio e pego do Twitter: «Como Confucio poderia dizer: não importa onde voce está indo, pense onde está agora». Se xa resulta doado botar unha cita falsa dun filósofo respectado porque ninguén cha vai negar, máis aínda é especular co que podería ter dito ese persoeiro. Vou practicar: "Como Paulo Coelho podería dicir: non leas os meus libros, segue ‘o camiño do arco’ e dispáraos á papeleira".

5'0 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



1 comentario

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#1 Por erikky 13-10-2009 16:29

Normal

o la vida nos da sorpresas inesperadas


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>