Ao raiar o sol

Epítome de cortesía en Celanova


Etiquetas: literatura, Luís G. Tosar

12/09/2009 - Luís G. Tosar

Francisco de Asis, símbolo universal da humildade e da irmandade, salienta as boas maneiras entre os principais atributos do Altísimo. Eduardo Blanco-Amor (agnóstico convicto e confeso que, só por amor, escribiu cinco poemas inspirados no ''amado''de San Juan de la Cruz; homoeróticos, nada relixiosos, por certo), é autor dun libro que tamén se chama así, Las buenas maneras, Ed. Losada, Buenos Aires, 1956. Volvín ao Tratado de Urbanidad y Cortesía, primitivo título da obra blancoamoriá, a noite do pasado seis do mes que andamos, víctima fácil do insomnio, que son.

Pero, antes ca nada, quero aclarar que eu sí estiven en Celanova ese día, aínda que pareza afirmación innecesaria e a repelo. Fágoa, porque a pesares da enxurrada de tinta que leva correndo arredor do acto de entrega do Premio 'Casa dos Poetas' da Fundación Manuel Curros Enríquez á Real Academia Galega, neste pequeno, fermoso e envelenado país, os que tocan de oído, son os máis.

Alí estaban, entre académicos de número -no Brasil andan por ''inmortais''- e profanos -non merecentes, aínda, da categoría ''sagrada''-, algúns dos mellores estilistas da palabra. Porén, consciente das propias limitacións, renuncio a glosar unha xornada tida por histórica, acontecida, escadasí, noutronte.

Non me resisto, ai iso ben!, a tirar dos Epílogos de E.B.A. -así os formula el na cima do volume, en plural- unha máxima útil: ''las indirectas testimonian malísima educación, por muy agudas que parezcan. Una indirecta osada puede contestarse con una grosería, provocando una transgresión con otra''.

Cito na lingua orixinal; de bilingüismo harmónico, nada. Na miña modesta apreciación, nunca sentencia, en Celanova todo transcorreu na liña recta e dereita do cortés, a mesma da xeometría. Claro que, para outros, pode ser considerada como a maior distancia entre dous puntos.    

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>