Obituario

Falece o dramaturgo Daniel Cortezón


Etiquetas: obituario, literatura, teatro, Ribadeo

05/10/2009 - Galiciaé

O dramaturgo Daniel Cortezón faleceu este domingo de madrugada despois de varias semanas ingresado no hospital de Lugo, segundo confirmaron fontes familiares. O escritor, nado en Ribadeo en 1927, formaba parte da chamada 'primeira xeración' de dramaturgos da postguerra e cultivou tanto o ensaio coma o teatro e a narrativa.

Tras a caída de Asturias na guerra civil, onde residía Cortezón por aqueles anos, a familia fuxiu a Francia e o pai incorporouse como militar ao bando republicano. Ao remate da contenda, o dramaturgo e a súa nai voltaron á súa vila natal, Ribadeo, e o seu proxenitor foi encarcerado. Rematando o 39, Daniel Cortezón empezou a traballar como aprendiz nunha botica, mentres comezou a escribir colaboracións nunha revista de farmacia na que chegou á redactor xefe grazas a unha formación autodidacta.

A amizade mantida por carta co anarquista Vicente Martínez Rizo abriulle as portas da revista Rumbo, que sucedeu á publicación ácrata Estudios despois da guerra civil española. Despois de pasar uns anos en Madrid, onde tomou contacto coa maior parte dos intelectuais galegos que daquela se xuntaban no Café Gijón, Cortezón voltou a Ribadeo.

Polo camiño deixou obras sobre a emigración galega, coma a peza teatral 'A diáspora', e textos en castelán coma 'Soñando a Goette', ademais de catro libros sobre a figura de Castelao que levan por título 'Castelao ou a paixón de Galiza'. Xa consolidado como dramaturgo, 'A vila sulagada' deulle o primeiro premio Blanco Amor, un dos máis importantes do xénero.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>