Lingua

Más de 50.000 persoas reivindican o dereito a vivir en galego


Etiquetas: lingua, protestas, PSdeG, BNG, Feijóo, A Mesa

18/10/2009 - AGN/ Galiciaé

Entre aplausos e o son das gaitas comezaron a marcha os miles de persoas que o mediodía deste domingo se congregaron na Alameda compostelá para secundar a manifestación convocada pola plataforma cidadá 'Queremos Galego', unhas 50.000 segundo os datos da Policía Local e 100.000 nas cifras dos convocantes.

Con 15 minutos de atraso sobre o horario previsto, ás 12.15 horas a cabeza da mobilización partía rumbo a outro emblemático espazo da cidade, a Praza da Quintana, cunha reivindicación compartida, a defensa do idioma galego e a rebeldía contra a política lingüística da Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Nas primeiras filas, políticos das cúpulas do BNG e do PSdeG-PSOE así como rostros coñecidos da esfera cultural da comunidade, sumábanse á protesta, e todos a un tempo única voz gritaban 'na Galiza en galego'. Esta foi a frase máis coreada durante todo o percorrido, no que eran abundantes as pancartas con lemas como 'aprender en Galego non é delito', 'pola nosa lingua nin un paso atrás', ou 'polo dereito a vivirmos en Galego'.

A marcha, que trascurrió a bo ritmo e sen incidentes, alcanzou a praza lateral da Catedral unha hora despois, sobre as 13,20 horas. Con todo, chegaba ao momento de destino tan só a cabeza da manifestación porque, a esa hora, aínda saía xente da Alameda. Desde o alto dun escenario, a música das gaitas e os bombos recibiu aos asistentes á mobilización, mesturando o ambiente reivindicativo e o lúdico, nun espazo que, como ocorreu na manifestación do 17 de maio, quedou pequeno para reunir a todas as persoas que secundaron a manifestación.

''O galego non se pode estirpar''
As primeiras palabras foron as da actriz Isabel Risco, que fixo alusión á cantidade de persoas que a plataforma congregou este domingo en Santiago. "Ou houbo un boom de natalidade dende ou 17 de maio ou é que máis xente quere ou galego", sentenciou, porque "témolo dentro dá cabeza e non se pode estirpar".

Desde abaixo a xente non deixaba de tocar as palmas, bailando ao ritmo da música e alzando numerosas bandeiras de Galicia que axitaban dun lado ao outro. Foi o momento entón da actuación músical dos integrantes da Quenlla, Mini e Mero, que cantaron ao tradicional carro galego. Bieito Lobeira, Carme Galego, Xurxo Souto ou Margarita Ledo acompañaron aos artistas coas súas voces.

Intervencións na Quintana
O primeiro en abrir a quenda de intervencións foi Avelino Pousa Antelo, que aos seus 95 anos de idade asegurou estar ante un "espectáculo tremendamente emotivo". Mesmo se ofreceu a xuntarse "periodicamente" para "cantarlle as corenta aos galegos arrecastados". Para concluir sus palabras aseverou: "falo galego porque me da a realísima gana e porque me peta".

A encargada de ler o manifesto da plataforma foi a actriz Patricia Vázquez, un texto co que criticou o "ataque" do Goberno ao galego, acusándoo de eliminar medidas "positivas" para o idioma. Manifestou tamén o significado de 'Queremos Galego', un espazo común onde converxen "sensibilidades e colectivos sociais" que defenden a lingua da comunidade.

Pola súa banda, o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, criticou a "arrogancia" e "prepotencia" do presidente da Xunta, convencido de que "vai continuar xordo ante as demandas da sociedade". Así as cousas, esixiulle un exercicio de "responsabilidade" e "seriedade" para aplicar a lexislación en materia lingüística.

Para pechar o acto o polifacético Xurxo Souto animou á sociedade a deixar de ser expectadores e convertirse en protagonista da historia do galego, "porque grazas á lingua Galicia deixou de ser periferia". "A nosa historia facémola nós aínda que a escriban outros", rematou cantando.

Concentración no Toural polo monolingüismo
Varias asociacións que traballan a prol da normalización da lingua galega non remataron a marcha na Praza da Quintana, senón que se desmarcaron da convocatoria e realizaron un acto na Praza do Toural a favor da ''hexemonía social do galego''. Mobilizados arredor de dúas plataformas, Galego Sempre Máis e a Plataforma polo Monolingüismo Social, esta resposta crítica conformouse nun único bloque dentro da manifestación que convocara 'Queremos Galego'.

Cunha faixa de cabeza na cabeza que reivindicaba o ''monolingüismo social en galego'', unhas 700 persoas chegaron as 14.00 horas na dita praza onde tivo lugar a lectura de dous manifestos nos que se reivindicaba a hexemonía social do galego e a unidade de acción ante o momento de ''emerxencia'' que está a sofrir a lingua galega.

As razóns do seu distanciamento co corpo central da mobilización do colectivo 'Queremos Galego' veñen a explicitar unha visión da defensa do galego que transcende a vía institucionalista pola que se optaba na manifestación. De feito, un dos seus motivos para separarse da convocatoria é a ''exclusión de sectores normalizadores de base'', como os centros sociais ou as asociacións reintegracionistas, no decálogo de 'Queremos Galego'.

Precisamente, a non mención nestes postulados do caracter internacional da lingua galega fixo que o reintegracionismo, nucleado nesta ocasión na plataforma 'Galego Sempre Máis', non compartise as reivindicacións de 'Queremos Galego'. Sechu Sende, escitor, Bea Peres e Aurelio Lopes, membros dos centros sociais Gentalha do Pichel e A Revolta repectivamente, foron os encargados de ler os manifestos na Praza do Toural.

4'7 (33 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



200 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#200 Por juajua 20-10-2009 15:41

Normal

Claro agora a culpa e facer as fotos en formato panorámico. es que me parto con esta xente xa non saben que van decir pra xustificar o inxustificable, o que estan doidos e que xuntamos tanta xente en Galiza, que eles en todo o territorio españolo. Pero craro eles eran 2000000 de mentiras, JAJAJAJAJAJA.


#199 Por roisluaces 20-10-2009 14:20

Normal

Si había tanta gente, no veo la necesidad de publicar una foto con la Quintana deformada 3/1 en la perspectiva axial.


#198 Por pracenteiro 20-10-2009 11:12

Destacado

Espero que sexa a última vez que interveña. Xa o fixen demasiadas veces. Pero foi por alusións... A verdade prefiro non perder máis tempo nisto. Xa perdín moito máis do que tiña pensado. E o tempo é ouro!
Nostrus, eu tento ser sempre respetuoso con todo o mundo. Tampouco creo que che faltara ó respecto. Outra cousa é que ti te sentiras aludido: "El que se pica..." Por iso te pido "por favor" que me esquezas. Non sei ti, pero eu teño outras cousas que facer máis produtivas. Como ler libros de Historia... escritos por historiadores rigurosos...


#197 Por pracenteiro 20-10-2009 10:59

Destacado

Como Portugal: non é en absoluto certo que "Portugal empezó siendo el sur del condado de Galicia". Non! Portugal era un condado! O Condado portucalense, no sur do Reino de Galicia!
Non podes inventarte a Historia para que se acomode o teu pensamento!
O Conde de Portugal, Afonso Henriques (coñecido pola historiografía portuguesa como "o rei galego"), era o curmán do rei de Castela e de Galicia, Alfonso VII, e co apoio de Bispo de Braga, decide proclamarse rei, e elevar o Condado a Reino...


#196 Por pracenteiro 20-10-2009 10:55

Destacado

E por suposto que non estou de acordo con que Galicia non era un reino. O que non se pode é aplicar a visión actual, dos Estados modernos á Idade Media! Os Estados modernos aparecen na Idade Moderna. España, por exemplo. E anteriormente os reinos formaban parte do patrimonio persoal dos reis. E como tal, podían dividilo entre os fillos. O Reino de Castela apareceu posteriormente ó de Galicia e ó de León. E nese momento os reis non eran reis de España, senón que un rei era rei de Asturias, de León, de Galicia e de Castilla. Pero iso non ten nada que ver con que Galicia non fora un reino, senón que o rei de Galicia, tamén era o rei de Castilla. Que é moi diferente!


#195 Por pracenteiro 20-10-2009 10:52

Destacado

Misturas o País Vasco co Reino de Galicia, cando o primeiro apareceu como tal no século XX, e o segundo desapareceu no XIX.
Dis: "Galicia siempre formó parte del Reino de Asturias, Leon Castilla y posteriormente España". "Siempre"? Como que "siempre"? Ese "siempre" non podes usalo home! Según ti logo, cando chegaron os romanos, Galicia xa dependía de Castela! E antes de que aparecera o home sobre a faz da Terra tamén!
E dis que como iso "siempre" foi así, e como o castelán apareceu en Burgos, tamén é a nosa lingua! Pero que clase de razonamento é ese?


#194 Por pracenteiro 20-10-2009 10:48

Destacado

Como que o País Vasco non é un país e o Reino de Galicia non era un reino. É para despistar logo!? E o País de Gales tampouco?
Entón o río Miño non é un río, e o Océano Atlántico non é un Oceano? E Galicia non é un país tampouco? Por iso cando dis queixo do país, é só para despistar?
No mundo hai nacións sen estado, estados con varias nacións, e nacións repartidas entre varios estados!
Dende o punto de vista histórico e historicista, Galicia i Euskadi son nacións. Nacións sen estado propio! E España é un Estado conformado por varias nacións (iso significa plurinacional!). Iso si, un Estado formado en torno á hexemonía dunha das súas nacións: Castela!


#193 Por pracenteiro 20-10-2009 10:41

Destacado

Agora ben, Nostrus, o que non se pode facer é deformar a Historia para facela encaixar no teu pensamento. A Historia non consiste en aprender datas e nomes de reis e de batalliñas. Esa é unha visión que hoxe en día está máis que superada. O importante é reflexionala. E entendela! E ti demostras que non a comprendes, xa que misturas conceptos básicos como país, nación e estado, cunha visión totalmente anacrónica.


#192 Por pracenteiro 20-10-2009 09:58

Destacado

Despois da necesaria reflexión, cheguei á conclusión de que non quero polemizar con ninguén. Eu só quería expoñer os meus pensamentos. A culpa foi miña por entrarllle ó trapo a Nostrus. Nostrus, a partir de agora te pediría que me ignoraras. Eu podo facelo sen problemas... Como di a cancion: "Live and let die!"


#191 Por Xurx0 19-10-2009 21:54

Normal

#Polo, e evidente que si coñeces o catecismo, a tua opcion estará moito mais fundada que aquel que non o coñeza. E falando de relixions, normamente a xente que conviveu con varias e as coñece ben soen ser moito mais tolerantes ca os que só coñecen unha.


#190 Por ninunpasoatras 19-10-2009 21:13

Normal

En Galicia temos duas linguas oficiais (guste ou non, a alguns custalles moito aceptar isto) e as duas deben coexistir no ensino a partes iguais, iso e o coherente.


#189 Por Polo 19-10-2009 21:09

Normal

Tiene que ver que para decidir hablar gallego si hay interes se habla aunque no se estudie, igual que para ser catolico no hacen falta estudios


#188 Por nostrus 19-10-2009 21:06

Normal

Xurxo, el castellano es obligatorio solo su conocimiento, no su uso, ya que luego si quieres puedes emplear solo el gallego.


#187 Por ninunpasoatras 19-10-2009 21:06

Normal

antes de reflexionar gustariame saber que pinta de repente a relixion, a ver se agora imos mesturar os allos con patacas.


#186 Por Polo 19-10-2009 21:03

Normal

Una reflexion ¿alguien considera que se debe aprender el catecismo como se hacia antes, para luego decidir si se es creyente o no?


#185 Por ninunpasoatras 19-10-2009 21:03

Destacado

seara, os 50000 de santiago non defendiamos a imposicion de nada, pediamos a defensa do galego fronte a inminente imposicion do castelan... pediamos a igualdade de ambos no ambito escolar, tal e como era ata agora. o da imposicion carece de fundamento algun.


#184 Por Xurx0 19-10-2009 20:54

Interesante

Seara, xa o dixen non sei cantas veces pero non me importa repetilo:
1º A unica imposicion real que hai e a do castelan, o unico idioma que temos a OBRIGA de saber nos guste ou non.
2º Como e de sentido comun todo o mundo sabe que para escoller libremente unha persoa ten que coñecer as duas opcions. Por eso queremos que os rapazes o rematar a escolarizacion dominen os 2 idiomas, despois na sua vida cotiá que cada un empregue o que queira e os demais que o respeten.


#183 Por seara 19-10-2009 20:35

Normal

Son galega e vivo como tal e non por iso teño mais dereitos ou deberes que outro, Agora sí por enriba de todo están liberdades, e a miña liberdade e falar no idioma que me peta e que me da a gana, por eso vivimos en una CCAA en la que hay 2 idiomas cooficilaes y somos libres para escoger el que más nos guste. NON A IMPOSICIÓN!!!!!!menos mal que son 50.000 e en Galicia non son só eses 50.000


#182 Por ninunpasoatras 19-10-2009 20:18

Normal

A min tan radical me parece o que quere todo en castelan (pragmatismo nocivo, persoas que carecen de respeto pola cultura e o patrimonio) como o que quere todo en galego (carentes de sentido practico, mais preocupados polas debedas historicas que pola situacion real) e sinceramente, parecenme fermosas as duas linguas e coido que 50/50 e a situacion ideal, de equilibrio loxico. Ademais nunca oin protestar aos mais afectados nisto, o alumnado aceptou con total naturalidade o sistema de ensino, e dos 12 aos 18 anos van sobrados de rebeldia pero por isto nunca protestaron... sigo sen verlle sentido a polemica.


#181 Por uff 19-10-2009 19:47

Normal

eu cheguei a escola sen saber papa de castelan, e non lembro que me fora traumatico como moitos pais din que pasa agora co galego "esque llegan a la escuela y no entienden" cando seguro que a maioria dos nenos mira os debuxos en galego algunha vez. Daquelas pareciamos inmigrantes: falando unha lingua na casa e co veciño do lado e castelan en tolodolos sitios restantes... hoxe nas cidades poucos pais falan galego aos fillos, se non se lles fala tampouco na escola e evidente que cando sexan adultos nunca falaran galego e ese e o paso decisivo para que se perda unha lingua.


Página

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • Acceder Crear usuario

    Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un poco de HTML está bien
    Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

    Fotos