Artes gráficas

'As serpes cegas', editado polo colectivo galego BD Banda, lévase o Premio Nacional de Cómic


Etiquetas: cómic, galardón

05/11/2009 - Galiciaé

'As serpes cegas', o álbum de banda deseñada ideado polo guionista madrileño Felipe Hernández Cava e o debuxante mallorquín Bartolomé Seguí, levouse este mércores o Premio Nacional de Cómic 2009, galardón que entrega o Ministerio de Cultura dende o ano 2007 e que distingue á mellor banda deseñada publicada en España en calquera das linguas cooficiales.

Os autores recibirán con este premio unha cantidade de 20.000 euros, mais boa parte do recoñecemento vai parar tamén ao mundo da banda deseñada galega, pois este exitoso álbum foi editado polo colectivo BD Banda, afincado na cidade de Pontevedra e que leva dende o ano 2001 creando canles para que os autores galegos den a coñecer a súa obra e tamén traendo ao noso país títulos de calidade que están a ler noutros países. 'As serpes cegas' é o primeiro paso de BD Banda no mundo da edición.

Deste xeito, a publicación de 'As serpes cegas' alá polo Nadal de 2008 supuxo para o mundo editorial galego a primeira coedición entre Galicia e Francia no campo da banda deseñada, xa que obra fora publicada pouco antes pola prestixiosa editorial Dargaud con unha moi boa resposta por parte do público galo.

De feito, foi na revista 'BD Banda' onde comezou a andaina deste cómic no formato de serie por entregas, tra-lo que se chegou a un acordo con Dargaud para a edición en álbum nas tres linguas.  O libro de Cava e Seguí saiu cunha tiraxe de 1.500 exemplares en lingua galega e outros 2.000 destinados ao mercado español.

'As serpes cegas' narra a historia dun emigrante que chega a Nova Iorque no ano 1939 na procura de Ben Koch, un home que incumpriu un pacto. De xeito paralelo, vemos como en España a Guerra Civil está xa perdida para os republicanos, que se ven impotentes para prolongala ata o estalido duna conflagración europea que modificará o mundo. Todo o universo dos protagonistas está presidido pola urxencia en axustar, durante eses días de abafante verán, as súas contas persoais.

Os autores
Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava contan cun amplo recoñecemento estatal no campo da banda deseñada. Alén de participar en publicacións clásicas coma 'Cairo' ou 'El Víbora', Seguí conta con preto dunha ducia de álbums con títulos coma 'El sueño mexicano', 'Cohibas Connection' ou 'Lola y Esnesto'.

Pola súa banda, Hernández Cava é un nome fundamental da historieta estatal dos últimos trinta anos. Títulos coma 'Lope de Aguirre: La expiación', 'El artefacto perverso', 'Berlín,1931' ou os asinados en colectivo coma 'El Cubri' revelan un dos maiores creadores da Península nesta arte.

O traballo en conxunto que desenvolveron ambos autores en 'As serpes cegas' xa recolleu varios premios antes deste galardón que acaba de recibir do Ministerio de Cultura. Entre os recoñecementos cóntanse o Premio da Crítica, o Premio Diario Avisos ao Mellor Guión e os premios do Saló del Còmic de Barcelan á Mellor Obra e ao Mellor Guión. Para máis, o álbum foi finalista no prestixioso premio das librarías francesas de BD deste ano.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos