Música

Javier Saavedra: ''Unha muller foi a primeira batería que tivo a orquestra''


Etiquetas: música

08/11/2009 - Marta Veiga. EPL

Setenta anos dan para moitas anécdotas. O trombonista e director musical de Los Satélites, Javier Saavedra, con 23 anos no grupo, está convencido de que é o momento de compilar a historia do combo, xa que aínda se pode botar man da memoria dalgún dos fundadores e primeiros integrantes da veterá orquestra.

Pregunta:
Sacan un documental, un disco e agora un DVD para festexar os setenta anos...

Resposta:
É agora cando o podemos facer, xa que aínda podemos botar man de músicos de dúas ou tres xeracións que teñen moitas cousas que contar. Hai que aproveitar o momento, porque aí están Eiroa, un dos fundadores, con 92 anos, e Alvarito, un dos cantantes que fixo a viaxe a Venezuela en 1955. Na gala que fixemos o venres na Coruña estiveron tamén José Luis, o cantante anterior a Sito Sedes, que eu nin sequera coñecía. E como canta aínda!

P: Como resultou esa homenaxe no Teatro Colón?

R: Foi fantástica. Case nos tiveron que botar, porque non dabamos rematado, veña a contar cousas. Viñeron autobuses desde Asturias. E xente de Llanes, que xa está case en Cantabria! E disque houbo revenda. E iso que era un espectáculo gratuíto! Non hai cartos que paguen os ánimos que nos dan os nosos seguidores.

Unha muller á batería
P:
Seica había moitas cousas que cantar e contar. Que anécdota lle chamou máis a atención das que coñeceu co gallo da documentación dos 70 anos da orquestra?

R: Pois foi saber que a primeira persoa que tocou a batería en Los Satélites foi unha muller. En 1978! Aínda hoxe eu sei que as hai, pero nunca vin unha. (Risas)

P: Algunha máis?

R: Si. Resulta pintoresco que a primeira actuación de Los Satélites fose na Atlántida. Era así como se chamaba unha academia de baile que había xusto enfronte do Teatro Colón. A orquestra tocaba para dar as clases, porque eran moi caros os discos daquela.

P: E a viaxe mítica a Venezuela...

R: Para eles non foi unha experiencia boa. Foron para case un ano, e co orgullo aquel de ser unha orquestra cun nivel bo para Galicia e España. E viron que era un nivel bastante baixo e que en Venezuela había músicos moi bos; moitos, de Estados Unidos e que viñan do jazz. Iso foi un revulsivo para aprender. Iso si, a orquestra veu desfeita. Marcharon once músicos e só volveron cinco ou seis á Coruña. Aló quedaron, por exemplo, Pucho Boedo e máis Alvarito, os dous cantantes.

P: As orquestras en Galicia viven agora unha nova idade dourada, pero fálase de pistas pregravadas e ata 'playblacks'. Neste contexto, a vostedes recoñécenlles a calidade do son e o seu directo...

R: Nós somos unha orquestra de tocar para que a xente baile. Todos sabemos o que costa montar unha canción con tanta instrumentación e, ao mellor, hai quen prefire gastar en luces. A min non me parece mal que haxa orquestras espectáculo para ser miradas e outras que tocan para facer música e para que se baile.

P: Unha praza para tocar?

R:
Á parte de tocar na casa, Gran Canaria. Impresionounos. Como o vive a xente! Xuntamos máis de 150.00 persoas no Carnaval e ata saímos nun periódico local.

P: E un xénero ao que se resistan?

R: Ao reggaetón. Aínda non montamos un. Non nos gusta a ningún da banda e se non nolo piden...

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Javier Saavedra (Foto de arquivo: EPL)
Javier Saavedra (Foto de arquivo: EPL)