Partido

Fraga aposta por Rita Barberá en Valencia


Etiquetas: Fraga, Madrid, Valencia, PP

08/11/2009 - EFE

O presidente fundador do PP, Manuel Fraga, apostou pola alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, para a dirección popular nesa comunidade e non descartou a formación dunha xestora para o partido en Madrid.

En declaracións á cadea Ser, e segundo un comunicado da emisora, Fraga dixo sobre o actual presidente do PP na Comunidade Valenciana, Francisco Camps, que non sabe ''se repetirá como candidato do PP, porque, non en balde, houbo traxes arriba e traxes abaixo. Traxinouse demasiado''.

Tras defender que o seu partido está a resolver ben os seus problemas internos, mostrouse preocupado polos ''personalismos'', especialmente no seo do PP de Madrid, onde non descarta unha xestora se persiste o enfrontamento coa dirección nacional: ''eu non descarto nada -dixo- porque a unidade do partido está por encima de todo''.

O líder en Madrid
Aínda que deixou claro que non discute o liderado do presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, sinalou que con el á fronte do partido o conflito entre a presidenta madrileña, Esperanza Aguirre, e o alcalde da capital, Alberto Ruiz-Gallardón, ''xa estaría resolto''.

A pesar da súa proximidade e afecto nunca ocultados por Ruiz-Gallardón, Fraga manifestou que as palabras do vicealcalde de Madrid, Manuel Cobo, ante o Comité Executivo Nacional do pasado martes foron ''intolerables''.

''En lugar de dar explicacións polo que fixera anteriormente, insultando a unha persoa (nunha entrevista publicada unha semana antes polo diario El País), meteuse en acusacións non probadas. Foi lamentable o seu informe, a min non me gustou nada'', declarou.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>