Música
Sete grupos galegos recordarán aos Beatles no 40 aniversario da separación da banda
09/11/2009 - EFE
Sete grupos galegos de diferentes estilos interpretarán cancións dos Beatles nun concerto que se celebrará o vindeiro mércores na Sala Capitol de Compostela con motivo do 40 aniversario da separación da banda de Liverpool.
Esta iniciativa, 'The Beatles: Re-Volver', foi promovida desde a Concellaría de Cultura de Santiago e forma parte da programación do festival Cineuropa, que inclúe este ano un ciclo dedicado ao grupo inglés, coa proxección de filmes como 'A Hard days night', 'Magical Mistery Tour' ou a película de animación 'Yellow submarine', segundo informou a organización nun comunicado.
O legado dos Beatles ''será revisado desde diferentes perspectivas'' coas actuacións de The Homens, Neno e Pistola, Narf e Javier Abraldes, Magín Branco & Burgas Beat, Magritte, o grupo folk Faltriqueira e a banda de jazz Ou-o Trío, nun espectáculo conducido polo escritor e xornalista Camilo Franco. O concerto dará comezo ás 23:00 horas e a entrada terá un prezo de 3 euros.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.





