Relixión

A Igrexa presiona aos deputados católicos pola reforma da Lei do aborto


Etiquetas: Lei, dereitos, Igrexa, relixión, aborto, muller

11/11/2009 - Galiciaé/EFE

O bispo auxiliar de Madrid e secretario da Conferencia Episcopal Española, Juan Antonio Martínez Camiño, dixo que os católicos non poden apoiar o proxecto de lei do aborto, nin darlle o seu voto, e, se o fan, "están obxectivamente en pecado público e non poden ser admitidos na sacra comuñón".

Camiño, durante un almorzo informativo organizado pola Fundación San Pablo-CEU, precisou que isto non quere dicir que estean excomulgados, xa que "a excomunión está prevista no Código de Dereito Canónico para quen son cooperadores directos dun aborto realizado".

'Dereito á vida'
A súa intervención virou en torno tres aspectos dos problemas ou circunstancias cos que pode, ao seu xuízo, desenvolverse un tema tan complexo como o do aborto:"Todos temos dereito á vida; se existe ou non conflito entre o dereito dunha fronte ao doutros, e se o Estado debe protexer sempre este dereito".

Segundo Martínez Camiño, os bispos non queren que ninguén vaia ao cárcere. "Nin as mulleres, nin ninguén", proclamou, antes de preguntarse sobre cantas persoas hai en prisión por iso en España. Deixou en mans dos xuíces as atenuantes e, incluso, as eximentes que haxan de aplicarse nos supostos casos de abortos ilegais. Tamén preguntou retoricamente sobre a industria que se lucra co aborto.

Para o prelado, ninguén pode privar da vida a un ser humano inocente: "É un principio que non admite excepcións e que está baseado na dignidade inviolable de todo ser humano, o que significa -explicou- que o ser humano é un ser en si mesmo, non un medio para un fin, é sempre suxeito e non obxecto, e o é porque non está pechado sobre se senón aberto sempre a un fin".

Camiño preguntouse "quen son todos, quen é o ser humano?, para responder que onde hai un corpo humano vivo hai un ser humano e unha dignidade inviolable, e iso ocorre "desde o mesmo momento da fecundación porque o corpo desenvólvese desde unha continuidade que non permite falar de pre-humano ou de post-humano".

Recoñeceu que poden existir problemas de todo tipo que leven a unha muller a tomar a decisión de abortar,e agregou que non son poucas as circunstancias adversas e de todo tipo que poden levar a esa decisión, incluso o desánimo de non querer traer a un mundo hostil un novo ser humano.

Educar ''no amor''
A Igrexa católica, sinalou Martínez Camiño, entende que "exista esa tentación, pero esas dificultades non teñen que levar a sacrificar conscientemente a vida dun ser humano incipiente, e, en todo caso, o primeiro dereito que debe ser protexido é o dos máis débiles, porque non é ético que o máis forte faga prevalecer o seu dereito sobre o dereito á vida do máis débil".

No terceiro punto da súa exposición, o papel do Estado, Camiño dixo que este debe protexer sempre o dereito á vida e non pode porse "por encima do ser humano". Trátase, indicou, "dun ben público de primeira categoría, da maior relevancia, que todos temos obrigación de protexer". "Non pertence tampouco á moral privada ou das crenzas de determinadas confesións relixiosas. O principio de non matarás non é unha cuestión de moral privada e o Estado ten a obrigación de protexer a vida, o que non quere dicir que as mulleres que aborten teñan que ir ao cárcere".

O prelado referiuse tamén á obxección de conciencia, como un dereito recoñecido na Constitución dentro do dereito á liberdade relixiosa, e felicitou "a quen hoxe exercen este dereito; hai que agradecerlles a súa coraxe cívica e a súa valentía" nunha situación que non favorece o exercelo". E engadiu: "Hai que educar para o amor. O Estado non pode impor unha maioría moral a todos, nin aínda que fose a católica. O Estado non é o educador da sociedade, nin pode impor principios morais. Con esta reforma legal, está a violarse o principio constitucional da liberdade de ensino".

1'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



9 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#9 Por kakareo 28-11-2009 10:19

Normal

eso é o que tiñamos que facer todos, deixar a igrexa, pero borrarnos das listas esas. Cristianismo,Islamismo, Xudaismo...a mesma farsa.


#8 Por BorjaL 27-11-2009 03:04

Normal

Pero a ver: se educamos "no amor" e non se vale usar condón aquí vai haber unha epidemia de mozas preñadas sen precedentes... un pouco de responsabilidade, señores obispos.


#7 Por Naaranjo 26-11-2009 23:49

Normal

# brosa.-A mi uno de los curas anteriores a éste me dijo que me iba a poner una 'cuota' parroquial,le dije que 'Ni se e ocurriese'.
Muchos años atrás (hace como un mes) me vino un 'alguacilillo' para 'revisar' la cuota.
-¿Que cuota?
-La parroquial.
-¿Quién dijo eso?
-D.Fulano.
-Pues que la pague D.Fulano(xa morreu).Mirusté-dije yo-:

"Predique señor Frade,quén lle mandou predicar....
....que lle pague.E eu non lle mandei".

Engadín: "Eu NON QUERO SABER NADA DE NADA DA IGREXA CATÓLICA,nin de ningunha outra".


#6 Por Mir 26-11-2009 23:34

Normal

¿Y quien van a ser los que den la comunión?, ¿los que han abusado de niños en Irlanda y otros países?, ¿los que han presionado a policías y jueces para que no vean la luz los informes que confirman sus abusos?.

Bueno...


#5 Por ELIFEBA 13-11-2009 21:49

Normal

No sé porque tanto molesta la opinión de los Obispos, sucesores de los Apóstoles para los católicos cuando se están dirigiendo a los católicos. También fastidiaba el mensaje de los profetas en el Antiguo Testamento y de tantos mártires y del mismo Cristo, que por eso fue a la cruz. Yo soy católico, estoy plenamente de acuerdo con los Obispos. Lo que hay que hacer es buscar soluciones para que ninguna mujer tenga que abortar. En la Iglesia siempre tendrá acogida. Lo dice quien lo sabe por experiencia.


#4 Por brosa 12-11-2009 11:18

Normal

¿Como se puede dar de baja uno de esta secta? Porque si lo pides te marean hasta que te cansas y acabas por dejar todo como está. Si con cubrir un papel te diesen de baja no quedaría ni el apuntador. Estos son los mercaderes que Jesucristo sacó del templo.


#3 Por f0n 12-11-2009 10:37

Normal

"El Estado no puede imponer una mayoría moral a todos, ni aunque fuese la católica. El Estado no es el educador de la sociedad, ni puede imponer principios morales."

Acaso la Iglesia sí??


#2 Por xul 12-11-2009 09:31

Normal

Tampouco deberian daria os que rouban e aos que minten.


#1 Por misa 11-11-2009 21:03

Normal

¡¡Ya está bien de tanto caciqueo ¡¡
La iglesia a cobrar de sus fieles, y que dejen de jorobar sin condón a la sociedad civil.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>