Demografía

O Goberno gasta 310 millóns ao mes nas pensións de xubilación en Galicia


Etiquetas: pensións, demografía

14/12/2009 - Jacobo Rey. AGN

Máis aló dos graves problemas que provoca na falta de substitución xeracional, o envellecemento da poboación galega tamén está a ter o seu efecto nas arcas públicas. Dous claros exemplos son o pago de pensións e o gasto farmacéutico, que aumentan de forma progresiva a medida que se incrementa a porcentaxe de maiores.

Segundo os datos dos ministerios de Traballo e de Sanidade, o pago das pensións de xubilación supón un gasto mensual medio en Galicia de 310 millóns de euros, mentres que o desembolso en fármacos supera os 80 millóns ao mes.

O avellentamento de Galicia é especialmente preocupante nas provincias do interior, xa que ambas superan xa os 95.000 maiores de 65 anos. En todo caso, a porcentaxe de persoas por encima da idade teórica de xubilación é superior en Ourense, xa que ten menos poboación que Lugo.

Así as cousas, Galicia atópase entre as comunidades máis envellecidas de España. A caída na natalidade dos últimos anos, as migracións a outras partes de España ou o menor impacto da inmigración --que se centrou sobre todo no Levante e en Madrid-- explican o aumento da idade media na comunidade.

A maior parte das persoas en idade de xubilación en Galicia son mulleres, que representan un 58% dos galegos de máis de 65 anos. A medida que se incrementa a franxa de idade, as diferenzas por xénero son aínda maiores, algo que se explica porque a esperanza de vida feminina supera á masculina.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>