Tradición
Este Nadal pasea polas rúas o Apalpador
25/12/2009 - Aarón López
Este Nadal está a revivir con forza unha das figuras da mitoloxía popular galega nestes días marcados polos solsticio de inverno: é a lenda do Apalpador, un home vido das montañas da serra do Courel que comproba se os nenos comeron ben durante o ano e lles deixa á beira da súa cama unha presa de castañas.
A recuparación deste persoeiro do imaxinario galego comezou hai tres anos coa aparición do artigo 'O Apalpador: Personagem mítico do Natal galego a resgate' do etnógrafo José André López González no Portal Galego da Língua.
Neste escrito, Lopez González recolle o que conta a xente maior da alta montaña luguesa (alá polas Terras de Lóuzara, o Courel e o Cebreiro) e decríbese o personaxe como un carboeiro xigante que usa boina, anda cun casaco esfarrapado e remendado e fuma en pipa.
Así, na noite de Santo Silvestre, o 31 de decembro, (aínda que no mito orixinario isto que se conte tivese lugar nas horas de lúa do 24 do mesmo mes) o xigante barbudo baixa das montañas e visita os nenos cando estes se atopan durmidos.
É entón cando lles apalpa a barriga para saber se comeron ben durante todo o ano. No caso de atopar que o pícaro estea farto, o mítico carboeiro di: ''Así, así esteas todo o ano'' e déixalle unha presa de castañas. No caso de atopalo con fame, o Apalpador non di nada e marcha tristeiro, deixándolle tamén unha manchea de castañas ao rapaz.
O mito deste lexendario carboeiro ten diferentes versións polo territorio galego. Deste xeito, André Seoane, historiador e membro da Gentalha do Pichel (a asociación que iniciou a recuperación do apalpador hai xa tres anos) chama a atención sobre que a variante da serra do Courel que expón López González no seu artigo se trata dunha variante ''positiva'', pois é ''un vello que deixa castañas e se preocupa por que os nenos estean ben alimentados''.
Porén, noutras zonas a figura do Apalpador semella próxima a dun demo ou á dun trasno co que meterlles medo aos pequenos das casas. André Seoane ve estas interprentacións do mito coma un efecto da chegada do cristianismo a Galicia que ''ou ben absorbeu ou ben demonizou as tradicións populares pre-cristiás''.
O traballo de recuperación
Tras darse a coñecer o artigo de López González, a comisión de historia da asociación cultural A Gentalha do Pichel, de Santiago de Compostela, decidiu rescatar ao Apalpador do esquecemento secular ao que semellaba condenado, perdurando só nas memorias dos máis vellos habitantes das aldeas rurais galegas.
Así, Seoane explica que o traballo para recuperar a esta figura do imaxinario popular galego tivo dúas vertentes. Por unha parte, ''o traballo etnográfico puro'', que consisitiu na procura de testemuños orais sobre o Apalpador, e por outra banda, alén desta recuperación ''darlle unha dimensión nacional e adaptalo as circunstancias actuais''.
Así, o Apalpador do século XXI é unha personaxe que vén incluso a simbolizar a resistencia ante o consumismo desaforado propio destas datas. ''O enfoque que temos do Apalpador coma un vello carboeiro dos montes do Courel é a dunha persoa preocupada polo medio ambiente, que non cae no consumismo senón que tende a regalar cousas realizadas artesanalmente'', explica Seoane.
Entre as actividades que organiza A Gentalha do Pichel realizouse un obradoiro de xoguetes tradicionais e unha charla do autor do artigo sobre o mítico carboeiro publicado no Portal Galego da Língua, ademais do pasarrúas do Apalpador o día 24 de decembro en Compostela, actividade que xa é o segundo ano que se realiza.
No pasarrúas ''sae o Apalpador co seu acompañamento de trasnos dá unha volta pola zona vella de Compostela e reparte castañas entre os nenos'', explica Seoane, que lembra a boa acollida que a iniciativa tivera o ano pasado.
A imaxe do Apalpador
O vello gordecho e de barba vermella que se converteu na imaxe do Apalpador tralo inicio da súa recuperación por parte dos composteláns da Gantelha corresponde ao pintor e ilustrador Leandro Lamas, unha das figuras máis interesantes e orixinais do mundo do debuxo galego e cuxo fermoso traballo se pode ver no seu blog leandrolamas.blogspot.com.
Lamas afirma que non coñecía o mito do Apalpador cando a Gentalha se puxera en contacto con el para crear a imaxe do carboeiro do Courel. Deste xeito. seguiu as directrices indicadas no artigo de López González, ''coma que era carboeiro e empregaba cachimba'', mentres que outros rasgos son produtos da súa imaxinación, coma as zapatiñas que leva o Apalpador.
Non existía unha imaxe do Apalpador ate que Leandro colleu os seus pinceis e debuxou a acuarela ao desfarrapado xigante das montañas. Boina, pipa, saco de castañas e roupa remendada, con pintas case de esmoleiro e sempre rodoeado, no seu vagar invernal, do misterio dos montes galegos. As cores do Apalpador ''son as cores da terra'', explica Lamas, ''decidinme polo verde e o marrón por ser cores con presencia na natureza''.
Este ano, tamén o mundo editorial amosa o seu interese polo mito do Apalpador, publicándose nestas datas un total de tres libros sobre esta figura da tradición popular. Un deles, que leva por título 'O conto do Apalpador' está ilustrado polo propio Leandro Lamas con textos de Lua Sende e Alexandre Miguens e que edita A Fenda Editorial.
Coa edición destes libros tamén xurdiu unha pequena polémica sobre a imaxe gráfica do Apalpador, pois unha das versións distánciase da liña iniciada por Leandro e das descricións que se teñen nos testemuños sobre esta lenda. Leandro afirma que non entende ese xiro gráfico cando ''o que xa había vai tendo bastante boa acollida'', mais cree que que haxa varias versións do mito pode ser bó para a súa difusión.
Os concellos tamén queren o Apalpador
Este é o primeiro ano que dous concellos galegos toman a figura do Apalpador para as súas actividades culturais do Nadal, feito que sucedeu en Santiago de Compostela e A Coruña. Así, no primeiro deles, baixo o nome de 'Apalpando as ilusións' agrúpanse diversas actividades para nenos que teñen como o espazo os centros socio-culturais da cidade, donde se desenvolven obradoiros ou sesións de monicreques co vello das montañas do Courel como protagonista.
Na cidade da Coruña, a visita do Apalpador encádrase dentro do programa 'O Nadal neneiro' que levará esta figura polos diversos barrios coruñeses.
Este ano, tamén algúns centros sociais galegos sacan a rúa ao Apalpador, moitos deles por segunda vez. Ademais das actividades do Pichel en Compostela, outro ejemplo é o do CS Madia Leva de Lugo terá a visita do carboeiro o día 30 de decembro, mentres outras actividades xirarán tamén arredor da súa figura, coma unha palestra sobre 'Mitos e ritos do Nadal' ou un obradoiro de xoguetes reciclados.
Dende a Gentalha do Pichel todo este 'boom' do Apalpador ''vémolo magnífico'' afirma André Seoane, ''cando lanzamos a idea hai tres anos o obxectivo era que se difundise o máximo posible''.
Á hora de buscar motivos sobre a rexurdimento do Apalpador, Seoane expón que ''desde un punto de vista etnográfico o Papa Noel e o Apalpador son o mesmo: un vello que no máis cru do inverno e no ano que comeza preocúpase porque os máis pequenos das famílias teñan alimento''. Así, cre que o éxito pode vir de ''darlle un contenido galego a este mito e que non sexa mercar directamente o que nos mandan en El Corte Inglés, senón algo cunha base etnográfica''.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#47 Por demanzaneda 30-12-2009 15:46
Eu son dun pobo perto de Manzaneda, pero agora atópome en Xinzo da Limia. Grandes lembranzas cando miña avoa e miña nai me falaban sobre este personaxe e me cantaban algunha canción sobre o pandigueiro ( así lle chamabamos na miña zona). Miña nai conta que ela cando era pequeniña de todo sempre nesta época ía durmir cediño por mor do pandigueiro que ía baixar deixarnos unha prea de castañas, leña para o calor e frutos varios.
#46 Por Sarriao 30-12-2009 15:32
O Apalpador? Un invento dos nacionalistas, unha trapallada!
En Sarria pasamos do Apalpador e celebramos as touradas. Esa si que é unha tradición nosa "de toda la vida".
A ver, galegóbofos, canten comigo:
La virgen de Guadalupe
cuando vá por la rivera,(bis)
descalcita por la arena
parece una rianjera....
#45 Por NativoGalego 30-12-2009 15:25
Dá noxo esta xente. O auto-ódio chegou a un nivel tan elevado que nen a vosa cultura recoñeceis. Será porque vos aculturaron?
O apalpador é unha tradición galega de sempre, como o Magosto, que agora pensais que é só encher a barriga de castañas, cuando é o ano novo celta, e no entanto, tragais co Haloween, e cuando sodes finos, chamaislle xamaín.
A que tampouco sabeis que é cantar os reis (ou cantar as xaneiras)?
A que tampouco sabeis o que é o tizon de nadal?
A que tampouco sabeis que representa o Entruido, nen o que é a Candelaria?
Ah, e eu digo muito, cuando, cuatro, cantais, falais,... porque sou da Galiza oriental, esa que nas vosas mentes españolizadas xa non existe.
#44 Por arcol 29-12-2009 12:17
¿O apalpador?
seguramente era unha versión familiar do “coco” (neno, se no xantas todo, ven o apalpador e levate), e agora algun avó con alzheimer trabuca as historias dos seus pais.
Non coñexo a ninguen que escoitara xamais oir falar diste personaxe, osexa, queren crear unha figura mitoloxica da nada.
UN CONTO CHINES, .... perdón, Do Courel.
#43 Por Moticol 29-12-2009 12:10
(Comentario valorado negativamente)
Nin esta a revivir nin NADA, e outra imposición mais que nada ten que ver coa cultura galega.
E unha figura patetica, inventada polos intereses partidistas do BNG de crear unha nova cultura diferenciada da tradicional galega, ao rebufo das Vascongadas.
Eso si, de toda a inmensidade da nosa Galicia soamente nun recóndito lugar do Courel oiron falar do apalpador, e a tragar agora todos con el.
En GALICIA os nosos avos cantaban Os Reises, e agora querenos facer creer que non era certo iso, seguramente invencions españolas.
Estas cousas dan a verdadeira conta do nivel intelectual da casta politica nacionalista radical, contanlles unha trola interesada e coma borregos todos a predicala.
#39 Por CADUCO 27-12-2009 18:32
Reforzo en todo o seu contido o comentario de malomalo, no sentido de que se fala mais galego fora de galiza que dentro de galiza. Para sentir o que amor por a terra tes que estar fora dela unhes anos,logo daste conta da realidade. Non son mais galegos os nacionalistas por pertecer a unhas siglas como pode ser BNG,As casas galegas de Barcelona donde se fai festa cada domingo durante mais de un mes, subencionouas a Xunta, a caixa galicia e a caixa P.la V. y H. en tempos de Fraga sin ser nacionalista. Os nosos fillos falan e escriben galego e son nacidos en Cataluña, por o tanto son catalanes con sentimentos galegos.
#38 Por CADUCO 27-12-2009 18:15
Rompecollons, o que tu dis, tamen o pensei eu, pero e que me parece que o nome non e correcto se non aparece nos dicionarios, sería mellor un nome mais nosmal porque ademais este proboca a acción de apalpar. Imaxinate os nosos nenos apalpando a todo o que se lles pon por diante, igual reciben alguha torta de propina.Gústame a idea do feito, pero non me gusta a idea do nome.
#34 Por malomalo 27-12-2009 15:04
Este comentario vai dirixido aos nºs 32 e 33. Mirade amigos/amigas, non creo que ninguen de vos seais mais defensores da cultura galega que eu. Se falamos de Lugo a miña provincia, da Coruña donde estiben 15 meses, cóstalles un carallo falar galego, téñeno a menos, din que soo falan galego cos da montaña, claro, eu son da montaña, aisda esi, siguenme falando castelán, Levo moitos anos fora de Galicia, asegúrovos que fora de Galicia, fálase moito mais galego que ai, e sentimos o verdadeiro amor por a nosa terra. POR favor.Hablar con propiedad, no con fanatismo y confusión. GRACIAS.
#33 Por bochornoso 27-12-2009 13:25
que manía tienen algunos de todo lo que suene a gallego ya llamarle invento nacionalista nosé que más chorradas. En mi pueblo ( Lugo) cuando vamos en Navidad hasta el año 1993 se hacía esto del Apalpador. De verdad algunos parece que soys gallegos porque tuvisteis la desgracia de nacer aquí, porque sinó no me lo explico que se pueda criticar esto.
#32 Por neirasas 27-12-2009 13:01
caduco sen embargo sairon persoas maiores do caurel falando sobre iso na galega ( tv), na radio galega, onte estivo por lugo o apalpador e xente maior comentando que esa tradición comezou a desaparecer cando eles eran pequeniños....Deixamos a política a un lado home, que inventos nacionalistas. Eu non o son, pero sempre son os únicos que loitan pola nosa cultura, pola nosa lingua, polos nosos costumes, así que un mínimo de respeto neste tema merecen, outro tema é no eido político.
#31 Por CADUCO 27-12-2009 12:43
Oiche bocadiño, eu bouche a chamar BOCAZAS. Non invento nada , estouche decindo NADA, a miña familia e do Caurel e se queres dígoche quen e, secadra tu non conoces o Caurel, e estas a falar del e das suas costumes. E de mala educación poñer en dubida as opinions dos demais, cando solo son opinions.
#30 Por bocadinho 27-12-2009 04:22
como caduco sigue sen enterarse e agora inventase o da familia no courel imos deixarlle o programa bos dias da galega no que falan señores do courel falando sobre isto : http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=1694:o-apalpador-protagonista-na-tvg&catid=31:o-apalpador&Itemid=89
serán nacionalistas gallegas que inventan de todo para diferenciarse de españa tamén?. Lástima dades-me algúns
#29 Por braseira 26-12-2009 22:06
A min dame igual que haxa xente que recorde a figura do Apalpador ou non. Aínda que fose un invento, que ao parecer non o é, sería un invento fermoso e galego, e por tanto digno de ser expandido. A algúns por aquí parece que todo o que sexa galego dalle urticaria, que peniña para eles vivir entre nós, debenche ser ben amargados. QUE VIVA O APALPADOR







