Aviación
O BNG denuncia adxudicacións a Vueling sen pasar por concurso público
29/01/2010 - AGN
O BNG denunciou que o Executivo galego adxudicou á compañía Vueling rutas aéreas entre o aeroporto compostelán de Lavacolla e varios destinos europeos sen pasar por un concurso público.
Así as cousas, a deputada do BNG, Carme Adán, presentou unha iniciativa no Parlamento para instar á Xunta a explicar os criterios utilizados na promoción desas novas rutas a Zürich, Bruxelas e Amsterdam. Os nacionalistas tamén preguntaron polas expectativas de incremento de viaxeiros e as liñas a seguir para incentivar a afluencia de visitantes ao Xacobeo 2010.
A este respecto, Adán acusou a ''contradición'' do Goberno galego ao considerar ''irrelevante'' o número de viaxeiros que chegan á comunidade, ''cando agora quere investir 4,5 millóns de euros en convenios para impulsar as liñas de baixo custo'', asevera a nacionalista.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#2 Por miguelcastro 29-01-2010 18:59
Galicia contará con tres novos destinos internacionais: Vigo- Bruxelas, A Coruña- Amsterdam e Santiago-Zúric. A Xunta gastará 4,5 millóns de euros este ano en subvencionar esas liñas aéreas. O anuncio fíxoo persoalmente o presidente Alberto Núñez Feijóo nunha rolda de prensa celebrada en novembro último. O lado bo desta noticia foi recollido polos medios de comunicación galegos. O malo pasou desapercibido para a maioría. A empresa que fará os voos e recibirá a subvención, sen que medie un concurso público, é Vueling, a compañía que preside Josep Piqué, ex presidente do PP de Cataluña e AMIGO de FEIJÓO.
Señor Feijóo, EMPEZAMOS












