Ida e Volta

'O 14'


Etiquetas: fútbol

02/02/2010 - Carlos Macía

Levar o dorsal 14 no mundo do fútbol carrexa estar marcado, ter un pedigrí especial. É un número diferente, peculiar. Adxectivos que definen a mestura de carácter e talento que de sempre portaron Johan Cruyff e Guti. Os dous, sempre
co 14. Cada un no seu estilo.

Xogadores viscerais, cunha rebeldía innata que os levou a ser heroes e demos a partes iguais. Tocados polo mesmo patrón, a súa traxectoria tivo en Riazor un punto de inflexión.

13 de agosto do 74. Cruyff ten que ser retirado do campo pola forza pública. Era a semifinal dun Teresa Herrera, pero o holandés, capitán xeral daquel Barça entregado ao seu xogo, non reparaba no valor do partido. De fronte, Peñarol. E nunha das súas internadas, o charrúa Fernández derrúbao. Non pregunten cómo.

Johan ergueuse e propinoulle unha patada. O colexiado expulsouno pero Cruyff sentou no campo, impasible. Non aceptaba o veredicto. Tal e como contan as crónicas: ''Cruyff non marchou. Houbo que sacalo no aire''. Aquela indisciplina tamén
marcou de sempre a carreira de Guti. Xogador con clase, elegante, sempre na procura do pase imposible. O máis asubiado e tamén o máis adorado coa boca pecha. Unha especie de Curro Romero, capaz do mellor xesto técnico para pór en pé a bancada e tamén de facer a falcatruada dun inmaduro.

O sábado rematou co feitizo de Riazor. Gutiérrez puxo fin a 18 anos de sensabores cun pase de calcaño, de costas. Hai un mes dicían que marchaba do Madrid. Agora faise imprescindible. Cruyff acabou por deixar a selección. Só disputou un Mundial. A selección nunca contou con Guti. Os dous xenios, os dous rebeldes. Os dous...por sempre co 14.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>