Literatura

De xira para botar abaixo as 'mentiras' sobre o galego


Etiquetas: lengua, literatura, libro

05/02/2010 - Raquel Silva

Nova York, Bos Aires, Belén, A Coruña, Cambados, Lalín, Tui, Vilalba. E así ata sumar 70 cidades que este venres acollen de forma simultánea a presentación do libro '55 mentiras sobre a lingua galega'. Coordinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas, busca ''desmontar'' os argumentos ''tan brutos, descerebrados e incribles'' pronunciados en torno ao idioma'', di Costas.

Para el, a gravidade da situación acentuouse ao ser ''repetidas por algún medio de comunicación'' ata o punto de que ''chegaron a callar entre a xente'' de forma que se pasou a ''falar de imposición do galego'', lamenta, mesmo entre galegofalantes. Por iso, o obxectivo do texto é ''dar argumentos á xente para que se defenda desas mentiras'', afirma. O libro recolle 55 das ''miles de falacias'' que se contan sobre o galego. Costas resalta que todas son graves pero que, para el, a maior delas é a de que o galego nunca foi prohibido, tese que se contrapón coa información sobre decretos e normas ''que prohibiron todo aquilo que non fose castelán'' e que aporta o profesor.

Outras ideas destacadas que pretenden botarse abaixo con esta publicación son a de que o castelán está desaparecendo, a de que existe o dereito de escolarizar aos fillos no idioma que un elixa, a de que debemos contestar por educación no idioma no que se nos fala... Neste último punto detense o profesor ao poñer un caso práctico: ''Se poñemos catro persoas a falar, dúas galegofalantes e dúas castelanfalantes, realizarán entre as catro 28 posibles actos de fala. Se aplicamos a máxima de que hai que contestar en castelán cando nos falan en castelán --iso non pasa ao revés, quéixase--, deses 28 actos de fala, galegos habería 2, é dicir, o 7%''. Isto elevado á máxima potencia, o castelán tende a 100 e o galego a cero, á invisibilidade do idioma, segundo as operacións que fai. Así, considera que debemos falar castelán cando non se entenda o galego.

Costas argumenta que a lingua castelá ''fainos moita falta para andar polo mundo pero non é a nosa'', aínda que matiza que ''si que a temos que aprender''. Por iso lanza unha mensaxe á xente para que ''coiden a lingua de aquí''. Ademais, lamenta que parece que ''co galego o que buscas é problemas'' en situacións como pedir unha hipoteca en galego e que ''tarden tres meses'' ou pedila en castelán e que se resolva ao momento. ''Estánselle dando claves á xente de que se non quere ter problemas para vivir tranquilamente'' usen o castelán.

Ampla difusión
A idea de facer unha presentación simultánea en 70 localidades, das que 48 son galegas, responde ao obxectivo de tentar chegar ao maior número de xente posible, de maneira que cada un irá ao lugar que teña máis próximo. Apunta que no libro colaboraron escritores, caedráticos, sociolingüistas... dando como resultado un texto que pode ''entender calquera persoa, independentemente do nivel de estudos, xa que emprega unha linguaxe áxil''.

Unha anécdota que non se atopa no libro é a dunha situación vivida nun programa de radio en Vigo. Costas conta que a presentadora entrevista a un empresario de Lugo que ten un restaurante en Barcelona. No trancurso da conversa, a xornalista sorpréndese do éxito que ten alí o viño Albariño ''y eso que la etiqueta está en gallego'', engade. E o lugués resposta: ''pero lo que se bebe no es la etiqueta''.

A xuízo de Costas, isto non ven máis que a demostrar ''os prexuízos contra o noso idioma'', quéixase o profesor, ''pensei que era un morto que estaba enterrado, pero vin que non''. Ademais, chama a atención de que se ''o decreto se aplica tal como está, iso vai ser unha catástrofe, a convivencia humana rompe por todas partes''. Deste xeito, ''a conta do idioma vai haber moitos enfrontamentos e iso é terrible''.

En conclusión, Xosé Henrique Costas cre que é ''necesario que a xente se conciencie de que o galego é o maior patrimonio do mundo'', polo que anima a vivir e gozar con el. Está convencido de que o libro servirá para ''vencer convencendo aos que nos queren dicir que o galego é un adorno prescindible''.

5'0 (5 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



20 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#20 Por nostrus 07-02-2010 23:14

Normal

Sr Caduco, no se canse vd. no se puede convencer a nadie de cosas que van contra su fe.


#19 Por CADUCO 06-02-2010 12:35

Normal

# 18 Poliglota.Perdoa home,Eu pensei que era un saida de cesto, normal dun momento dises que temos as persoas Agora doume conta que esta cabucavo. Isto por ser normal en tí faiche pensar en que estás na linia correuta. Sigue esí, vas ben. Sigue estendendo por o mundo a cultura dun galego especial, non dos galegos respetuosos cas persoas.Téñoche moitos anos e vin de todo xa, e aprendín a diferenciar as persoas por os seus autos.Pra ser educado soo fai falla ser persoa, non fan falla os idiomas. Eu desda miña inorancia dígoche que por onde fun, respetáronme como galego e persoa. Saludos.



#18 Por poliglota 06-02-2010 03:57

Normal

#15 Por CADUCO. Perdoe vostede, sr. Caduco, pero eu non lle faltei para nada, simplemente indícolle unhas cuestións para que reflexione, porque o seu comentario nº2 si que é insultante para calquera persoa con dous dediños de fronte: "se vas ca Castela ti fálalles en galego e xa verás". Desde logo, pra dicir semellantes parvadas mellor estar calado. Se vas a Castela falaraslles castelán, ou? Sinto que lle moleste que fale varios idiomas, pero eu non lle teño a culpa, simplemente teño a mente aberta e intentei formarme o mellor posible sen odiar nin renunciar á miña lingua e cultura. Tan simple, pero para vostede tan complicado, non?


#17 Por Gallizon 05-02-2010 23:31

Normal

A ver se resulta que vas ser ti o gaiteiro do Ferrol


#16 Por Gallizon 05-02-2010 23:28

Normal

Tes razón caduco, as cousas vense mellor desde fóra. Dime estás sobrevoando a terra nunha nave Soyuz con tripulación da Galicia Pilingüi?


#15 Por CADUCO 05-02-2010 20:18

Normal

Poliglota, ven por tí, de paso tamén podías estudar un pouco de educación. Eu non faltei a ninguén ,como tu o fas, Eu fixen o meu comentario e nada mais, Non creo que ti sexas mais galego que eu, Estou fora de Galicia desde fai moitos anos e podo por iso dar unha opinión que seguro tu non podes. Desde fora da miña terra, loito moito mais por as nosas costumes que moitos que nos saistes da casa namais para ir de paseo. Non faltes aos que teñen opinion destinta a tua, porque te delatas, e non fanfarronees de idiomas, seguro que non e como dis.



#14 Por CADUCO 05-02-2010 20:06

Normal

# 4 Viver, que me queres decir, que se falas español terás problemas? e logo se falas en portu8gues non os terás?Pois digoche eu, que deben estar contentos contigo os emigrantes españoles, estalos deisando en bon lugar. Por outro lado ,dígoche que non está demais saber falar portugués, pero iso non e o galego. Ou tu en que terra estás? Solo por 300 millons de hispano- parlantes, e porque somos españoles, ainda que che pese, merece a pena falar español, por o menos entendelo, e tu sigue ca marela para vender o leite a Pascual.



#13 Por Mestra 05-02-2010 16:55

Normal

A lectura deste libro é especialmente recomendado para todos os perretes doentes de galegofobia e prexuizos. A galegofobia cúrase lendo un pouco, homiños. É tan doado¡¡¡¡


#12 Por poliglota 05-02-2010 15:59

Normal

Pero se a propia Esperanza Aguirre tamén se apunta ao galego. Acabo de ver no telexornal de TVE1 que lle dixo a Ronaldo: "Parabéns e muitas felicidades, meu bo amigo, Ronaldo". Estará pensando en "romper España"? Seguro que non, porque as linguas abren a mente, non a pechan como fai a ignorancia.


#11 Por moderatio 05-02-2010 15:40

Normal

Ben por ProLingua.
Isto non ten volta atrás.
Adiante!


#10 Por poliglota 05-02-2010 15:08

Normal

#9 Por Gallizon. Pero non só o "x" noso é o "sh" do inglés. É que o sistema fonético é máis próximo có do castelán. Nós temos "e" e "o" abertos, o "X" xa dito, o "n" velar (de "unha") que no inglés é o de -ing, afirmamos dicindo o verbo, etc. Todo isto supón unha vantaxe fonética do galego para aprender inglés, francés, alemán, italiano, etc. e que, sentíndoo moito, o castelán non ten no seu sistema fonético. Perder esta vantaxe é de parvos.


#9 Por Gallizon 05-02-2010 14:58

Normal

Aí deches no cravo a nosa x e coma sh do inglés, en castelán non a hai, ah, se siente.


#8 Por poliglota 05-02-2010 14:11

Interesante

#6 Por Ananke. Me troncho. Da financiación das Universidades hai que preguntarlle ao goberno por que non as dota de recursos suficientes. Supoño que agardando a que Marcote de Vigo e Peleteiro de Santiago monten esa universidade privada (-concertada) da que falan. Máis: o infome PISA indica que o alumnado galego ten un nivel de dominio moito máis elvevado en inglés có alumnado de centros casteláns (será porque a fonética do galego axuda co inglés, sabías?). Indica, igualmente, que o nivel en ciencias (impartidas en galego!) é aínda máis alto que nos centros casteláns e que a media da OCDE. Non sei se vas pillando. Ti tamén coas mentiras contra o galego?


#7 Por poliglota 05-02-2010 14:03

Normal

#2 Por CADUCO. Pois si que es ben cadudo e ben cerril. Eu en Galicia falo en galego, cando vou a Portugal falo en galego (ou en Portugués padrâo), cando vou a Castilla e resto de España falo en castelán, e cando viaxo polo resto de Europa falo en inglés. A ver, explícame cal é o problema. O problema é que queres eliminar o galego porque o odias, porque te avergonzas de ser galego e só queres saber castellano. Así de simple. Eu, sen embargo falo galego, castelán, portugués, inglés e deféndome en francés e italiano (e ben que me axudou o galego a poder aprender eses idiomas). A ignorancia, os complexos e o autoodio é o andacio de Galicia.


#6 Por Ananke 05-02-2010 13:52

Discutible

Informe Estadístico Bienal que edita la CRUE.
En 2OO7 y 2OO8, Galicia y el País Vasco fueron las Comunidades Autónomas que menos estudiantes extranjeros recibieron en los cursos 1* y 2* ciclo, cifras que aumentan considerablemente si se analizan las estadísticas de los postgrados.
Hoy de hecho viene algo en un periódico Autonómico,de una reeducción de gastos brutal en las Universidades Gallegas.
¿Tendrá todo eso algo que ver con las mentiras del Gallego ?


#5 Por Gallizon 05-02-2010 13:45

Normal

E si te vas a Guinnea Bissau seghuro co castelán te entendes cos bissaus, ti eres parviño ou eres parviño? A que ides polo mundo? a traballar de serenos. O galego sirve para estar orgulloso de quen e un, e despois se vai polo mundo como fixeron os nosos pais e falar o que faga falta, e non como fan moitos que veñen a Galicia e non queren saber do noso.Respetamos pero que nos respeten, e respetandonos a nos mesmos, que somos moi conanfrons, e xa vai sendo hora de apreciarnos como galegos


#4 Por Viver 05-02-2010 13:42

Normal

O que non serve para nada é o español. Vai a Francia, Alemaña, Luxemburgo e fálalles en español: cero. En troca, falando galego (mellor 'aportuguesándoo' un pouco), pódeste beneficiar non só da grande emigración galega, senón tamén da portuguesa, que hai por Andorra, Suíza, Francia, Holanda, Bélxica e Luxemburgo.

Se o galego non che serve alén do Padornelo (o cal é falso, porque no Bierzo tamén se fala galego, e no occidente de Asturias e de Zamora), pois xa sabes: sae por Valença do Minho, guapo.


#3 Por Gallizon 05-02-2010 13:38

Normal

Seguro que as Falanges do GB diranno, home,non


#2 Por CADUCO 05-02-2010 13:35

Normal

Monica, bonita, Cando salias de Galicia, a calquera parte de España, vas buscar traballo , vas mercar algunha cousa, vas o ´medico, vas a un julgado, fálalles en galego, verás que logo volves para a tusa casa. Solo serve para falar neste medio, bonita. O demais tarata canelo.Eu sempre falo galego na miña casa e cos meos amigos.


#1 Por Monica 05-02-2010 12:57

Normal

E que opinarán os do PP eos seus afins sobre este libro?? ah! xa sei..dirán que é un manual de nacionalistas radicais, extremistas, bolcheviques, antidemocrático, antiespañol..igualiño que o que opinan de institucións tan prestixiosas como a RAG, Consello da Cultura, Universidades...


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

(Foto: DP)
(Foto: DP)