Extramuros

Indianos


Etiquetas: Luís G. Tosar, opinión

05/02/2010 - Luís G. Tosar

Trinta ou corenta anos atrás, en Galicia, non era difícil atoparse cun personaxe así caracterizado: traxe branco, sombreiro da mesma cor, leontina e reloxio de ouro, anel ostentoso e sona de moitos cartos. En Outeiro, un lugar da miña parroquia de Corneda, debeu haber un deses acaudalados. O individuo foi a causa do alcume familiar. Puxéronlle ''os do Indiano'' e así quedoulles ata hoxe.

Resulta moi pándiga a historia dun portugués que foi ao Brasil reclamado por un seu tío solteirón, multimillonario e dono dunha facenda. O rapaz pensou que ía vivir sen traballar, pero o parente era dos que escravizan sen respectar a ninguén, nin aos do seu sangue. Seica pasou as mil e unha ata que o tío morreu. Ao converterse no único herdeiro, viaxou a Portugal coa carteira ateigada de contos, disposto a ser unha persoa importante.

O primeiro no que reparou foi en que todos os seus amigos gastaban 'cartão', tarxeta de visita. Nela, ademais do nome e apelidos, constaban todos os títulos e as honras. Ao flamante indiano debeu de parecerlle pouco o de 'Facendeiro no Brasil', así que mandou imprimir dous centos de luxosas tarxetas coa seguinte inscripción: João Manuel Coutinho de Sousa Carbalho e Silva.Ex-passageiro de Primeira Classe no Vapor ''Oravia''.

3'0 (4 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario