Cadernos da viaxe

Reducirmos o Estado


Etiquetas: opinión, Xoán Antón Pérez-Lema

06/02/2010 - Xoán Antón Pérez-Lema

O Goberno do Estado ven de anunciar un recurte do gasto público en 50.000 M€. Semella que esta redución fai albiscar un sensíbel troco de política económica, ao considerar que a crise (ou, o que é peor a depresión) vai para longo e, xa que logo, cumpre esquecer as actuacións keynesianas de reactivamento da demanda para, en troques, reaxustar o gasto público ás reducidas expectativas do ingreso. A falla de confianza relativa nas emisións de débeda do Reino de España  atoparíase  detrás dunha tal decisión. E, tamén, a sospeita de que a recuperación significativa e continuada da actividade económica pode agardar cinco, sete ou mesmo dez anos.

Malia este anuncio, aínda sen concretar nas concretas partidas onde se proxecta esta redución do gasto público, o Goberno central nada achegou a respecto da necesaria redución dunha estrutura administrativa duplicada e redundante. Porque vivimos nun Estado plurinacional e autonómico, onde as competencias de execución han residenciarse de vez nas Comunidades Autónomas e nos Gobernos das nacionalidades. Deste xeito ZP mantén, como mantiveron Aznar e González, Ministros custosos e absurdos como Cultura, Educación, Vivenda ou Medio Rural e Medio Ambiente. O Goberno do Estado habería estrututurarse, como calquera goberno confederal ou federal sobre a base de seis ou sete grandes Departamentos, no canto dos 17 Ministerios actualmente existentes. E a Administración periférica (Delegados e Subdelegados do Goberno e unidades e oficinas a eles adscritas) había desaparecer, de xeito simple e directo. As funcións desenvolvidas por esta Administración periférica e polos Ministerios que están de máis serían mellor desenvolvidas polas Administracións autonómicas.

Este programa de aforro, máis acaído ca nunca nesta conxuntura de crise, completaríase coa supresión (polo menos na Galicia) das Deputacións Provinciais e da propia división en catro provincias, fonte continua de duplicidades administrativas e de estrago de recursos materiais e financeiros.

Do que se trata, en último de contas, é de reducir a estrutura do Estado até a dimensión precisa á súa realidade de Estado plurinacional, para ir axeitando unha xestión fondamente federal nalgunhas políticas ou sinxelamente confederal noutras. O peso da xestión pública ha corresponder ás Administracións autonómicas das nacionalidades e rexións que, por ser competentes nas políticas microeconómicas, sociais, educativas e sanitarias, han constituir o núcleo duro non só da estrutura administrativa senón das propias estratexias contra a crise.

3'7 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



2 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#2 Por camppion 10-02-2010 12:10

Normal

Faltoulle explicar o papel dunha soa caixa de aforros galega controlada por unha xunta nacionalista...jajajajaja Non sufras Nostrus, xa o terías lido no xornal...


#1 Por nostrus 10-02-2010 12:01

Normal

Muy fino vd. sr. Perez-Lema haciendo prestidigitacion con los terminos plurinacional y nacionalidad.¿Le suena?"Indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles", pues unidad = a una, por lo tanto lo de plurinacional dejelo para su imaginario


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>