Ollo mol
Un booker galego dos 70
08/02/2010 - Jaureguizar
Os organizadores do premio máis reputado da Commowelth, o Booker Price, decidiron embarcarse na máquina do tempo de Herbert George Wells abrindo unha posibilidade de intervir no pasado, á que Antón Rebollido podería dedicarlle toda unha madrugada da Radio Galega, para procurar a novela que debería ter gañado o premio no 1970. Naquel ano non se desenvolveu a convocatoria porque o premio pasou a recoñecer obras publicadas tempo atrás para facelo cunha editada no mesmo ano. Algo así como o que deberíamos facer co Día dos Poetas Mortos 17 de Maio.
Os promotores de Booker’70 elaboraron unha lista de 22 obras que apareceron nese ano. Entre autores seleccionados para gañar este 'reality' literario tipo 'A Casa de 1906' figuran Ruth Rendell ou Iris Murdoch. A idea non vai alén de ter carácter honorífico e compensatorio, pero podería ser unha boa guía para organizarmos un premio dese ano cos libros que se perderon para a literatura galega por estaren escritos en castelán por autores do país. O editor lucense Akal puxo nas librarías ese ano 'La colmena' de Camilo José Cela. Nese mesmo ano, Gonzalo Torrente Ballester empezara a redacción de 'La saga/fuga de JB', publicada en 1972 por Destino. 1970 foi ano no que Tabar reuniu os textos de Álvaro Cunqueiro, 'Laberinto y cía' y 'El envés', libro que o mindoniense titulou así ''por un certo gusto que teño a verlle o outro lado ás cousas e dar noticias del''. Provócame curiosidade saber do que tería sido da literatura galega de contar con escritores dese calibre --se ben Del Riego soubo incorporar a Cunqueiro--. Non se trata máis que verlle o outro lado das cousas e dar noticia.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.










