Lengua

Comeza o 'Cantalingua', concurso musical para temas en galego


Etiquetas: música, lengua

24/02/2010 - Galiciaé

Coa intención de apoiar a música en galego e contribuír a súa difusión, os organizadores do 'Correlingua' e o portal de música galega 'Komunikando' convocan o consurso Cantalingua, no que todos os grupos e solitas poden presentar temas en galego ata o 10 de abril.

O concurso musical está ideado polas entidades organizadoras do Correlingua, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.

O Cantalingua non ten límite en canto a estilo musical, nin tampouco no que se refire ao número de persoas, poden ser solistas ou grupos, o único que se require para participar é que os temas presentados sexan en galego.

O premio
Os grupos vencedores do concurso serán galardoados coa oportunidade de facer concertos, 11 actuacións para o Correlingua 2010, que serán repartidas entre as tres primeiras bandas ou solistas participantes. Ditos concertos terán lugar entre os días 3 e 14 de maio de 2010, e contarán cunha remuneración económica de 700 euros por actuación.

Os gañadores serán elixidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, e máis un xurado integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira ao difícil mundo da música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>