Idioma

Falar da fala


Etiquetas: internet, lingua

28/02/2010 - Laura Antelo

''O día que deixe de haber historias co galego deixará de haber galego''. Claro e contundente. Todo aquilo que rodea ás persoas é o que van contando os pequenos relatos de vida. Algo tan propio e tan apegado á xente como o é unha lingua non pode ser a excepción.

Esta é a premisa inicial de eufalo.tv, un ''documental colaborativo'' organizado hai cousa dun ano por A Navalla Suíza, empresa de comunicación en internet. O proxecto nace como continuación a un traballo que dúas mozas, Mónica Ares e María Yáñez, desenvolvendo papeis de directora e guionista, comezaran tres anos atrás chamado Linguas Cruzadas. Era un encargo para a televisión pública galega que lle esixía 50 minutos de duración e elas recompilaron unhas 20 horas de grabacións en bruto. Linguas Cruzadas consistía en entrevistas a mozos e mozas de toda Galicia nas que contaban as súas vivencias coa lingua.

María Yáñez conta que percibiron que en todo ese traballo ''había varios documentais e que a pouco que se seguira grabando á xente ía aparecer un mundo de historias persoais interesantes sobre o galego''.

Á marxe da polémica
Eufalo ten que vivir ''sen ánimo de denuncia'' nun tempo no que a polémica sobre a lingua se converteu nunha bóla de neve que engancha a todos. A creación do documental colaborativo comezou a xestarse antes do cambio de Goberno coa intención ''de escoitar á xente e preguntarlle en que fala e por que''. O proxecto non pretende decirlle a ninguén o que ten que falar, senón xusto o contrario.

Cunhas cuestións tan sinxelas como 'que falas?' e 'por que?' saen milleiros de ideas interesantes que se van plasmando en sucesivos vídeos colgados na web deste proxecto. María di que o feito de formular estas dúas preguntas fai que moita xente que nunca se parara a pensar por que fala unha cousa ou outra empece a reflexionar sobre o asunto. ''As conclusións son o 98% das veces favorables ao galego. É cuestión de pura lóxica, á parte dos compoñentes afectivos que cada lingua teña ou cada historia poida xerar''.

O material grabado por A Navalla Suíza e polos usuarios dá forma, polo de agora, a catro seccións. 'Eu falo' está formada por nove vídeos nos que diversas persoas contan as súas vivencias coa lingua. Na sección 'Ti falas' vanse incluindo as historias que envía a xente en calquera formato de vídeo, incluindo teléfono móbil. 'Nós falamos' aínda é un apartado moi pequeno no que hai dous vídeos colgados que recollen historias e opinións colectivas. Por último 'Aquí fálase' é unha porta aberta a series documentais onde se busca captar os reductos do galego en zonas nas que aparentemente non existe, nas cidades.

'En Vigo fálase' é o proxecto piloto desta última sección. Nel o cantautor punk o Leo i Arremecághona amosa algúns lugares da cidade olívica nos que a lingua aínda está presente.O Leo leva un total de dous vídeos grabados, empezado por unha conversa coa súa nai no primeiro capítulo.

Contando historias
A experiencia di que a xente se anima a falar, os vídeos aumentan cada día e os usuarios e comentaristas van coñecendo a páxina. Yáñez asegura que non é preciso forzar a máquina para que as cousas saian. ''Todo o mundo ten unha historia moi persoal coa lingua ou linguas que fala ao longo da súa vida. É algo emocional e intransferible, que ata agora moi pouca xente contaba. Pero abonda que saques o tema para que a xente se anime a compartilo''.

E por que non falar do galego diante dunha cámara, se leva xerando unha inmensa cantidade de conversas e discusións nos últimos tempos? Os movementos sociais e políticos arredor da lingua fan que a xente comece a facerse preguntas ''xa non fai falta tirarlle da lingua, son eles os que están desexando contar a súa historia, a de seus pais ou avós, a dos seus fillos ou sobriños... e estannos a chegar moitas propostas interesantes''.

Traballo para os non convencidos
''Tiñamos e temos un obxectivo claro do que non queremos facer, que é traballar para convencidos''. A idea non está pensada para os galegofalantes, está ideda para todos, para os que non se atreven a falar, para aqueles aos que lles da vergoña, para os que non o falan ben, para os que teñen prexuízos aínda que non se atrevan a recoñecelo... ''Poderíaselle chamar terapia de grupo online, esaxerando un pouco''.

O resultado aínda non está claro, pero tampouco se pretende. ''Cada quen que saque as súas conclusións'' neste camiño que ''non ten meta''. ''Tentamos crear algo integrador, que non cree rexeitamento en ninguén cun mínimo de tolerancia, e creo que a sorpresa é que parece que o estamos a conseguir''.

5'0 (9 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



27 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#27 Por umdetantois 28-02-2010 20:40

Normal

na rede tuenti hai varios eventos sobre este tema de Rosa Diez. A Resposta de xente de madrid, murcia valladolid...e unanime : HABLAR ESPAÑOL IGNORANTES


#26 Por Rai 28-02-2010 19:18

Normal

Sila, aos españoles non lles interesa sua lengua e menos a lingua galega, a utilizan pra enfrentar,tampouco a cuidan sua lengua nin se preocupan que palabras do ingles introducilas no castellano sin tan siquera buscar no seu idioma palabras apropiadas.
Que lles interesa, Madrid autonomia,centralizar as mallores empresas de españa,os altos executivos donde pagan o IRPF ,donde pagan os impostos e derrochan os cartos a mans cheas.Tamen teñen os mellores museos de España,ainda que sexan uns ignorantes,pero mola.
Endesa non produce un Vatio,pero ten unha oficinas con 3.000 empleados,cantos en Galicia.
Tamen os indios decian o mismo que Sila pero quedanronse sin ouro.


#25 Por celda211 28-02-2010 18:49

Normal

Vaia, xa está aquí o amigo de Rosa Díez, o multinicks, botando bosta pola boca contra todo o que sexa "galego". Canto "peyorativo" hai aquí. Vai ter que vir Rosiña darlles unhas clases de urbanidaZ: "No sea bárbaro..."
A ver se vas protestar contra as máis de 50 normas que impoñen o castelán en Galicia, non estaría mal. Pregúntalles aos de Erica Mel o que lles pasou cando etiquetaron o seu excelente mel en galego. Caeulles o pelo e multa ao canto, obrigándoos a poñer a etiqueta en castelán (e se querían, despois en galego). Que pena non ver a ningún destes protestando contra iso. Claro, Rosiña e Gloria habíanvos dar no cu.


#24 Por GloriaAlonso 28-02-2010 18:11

Normal

sila perdona non manipules que iso os de dereitas dáse-vos mui ben. Eu non son nacionalista, e acudín as diferentes manifestacións, por sentido común e porque eu quixen, non porque me obligara o BNG nen ningunha persoa. Teño moitos amigos nacionalistas que defenden e aman o galego porque o sinten, non por nada de contra coma dis ti. Non xeneralicemos.


#23 Por sila 28-02-2010 17:41

Normal

Tal vez iniciativas como ésta hagan bastante más por el gallego que una docena de manifestaciones contra el castellano.

Posiblemente, ahí esté el meollo de la cuestión. En realizar una promoción de la lengua gallega sin enfrentarla al castellano.

Lo que ocurre es que esto semeja prácticamente imposible, ya que la teórica lucha en favor del gallego está monopolizada por el nacionalismo radical, y éstos llevan en su propia esencia la cruzada "contra" España, idioma incluido. En realidad, la lengua les importa poco, más allá de su utilidad como elemento "contra".


#22 Por Nacional 28-02-2010 16:43

Normal

Todos estamos 100% orgullososo do noso, 100% orgullosos do galego, agás a racista Rosa Diez e a súa parella de feito, o galegófobo e perseguidor do galego Núñez FEijóo


#21 Por CrisL 28-02-2010 16:31

Normal

Mandacarallo, lee ben outra vez comentario de Cristina, vai con retranca de principio a fin, o de "dialecto" incluído (nótaselle ben que é galega).


#20 Por Mandacarallo 28-02-2010 15:53

Normal

Cristina, o galego e unha lingua igual o catalan, ou castelan, non e dialecto


#19 Por Rai 28-02-2010 15:46

Normal

Ferreta,ainda que no bailo a muñeira negome a pensar que o flamenco sexa un baile tipico da Galicia.
Farias un bó trio con os Tonechos.


#18 Por ferrete 28-02-2010 15:26

Normal

"un expliacion cientifica"? isto é galego normativo da túa RAG, ou hai dez anos que non ollas un libro? Tamén pode ser que caeran ao chan as teclas e puxéralas ao chou. Ah meu vello amigo Zalo, que pouco tés en común cos estas dúas rapazas, Mónica e María que sí traballan seriamente por potenciar (que non impoñer) a nosa lingua.


#17 Por Mandacarallo 28-02-2010 15:25

Normal

xosesiño: sendo eu neno ir a escola e falar a lingua que a minha nai me ensinara era a mofa do mestre que axudaba os demais nenos a rirse de min , por paleto, eran os anos de 1940, e tinha seis, sete anos, magoa que moitos contemporaneos non andiveran algo mais, o menos en conhecemento


#16 Por CrisL 28-02-2010 14:35

Normal

Ostras, qué reflexos ten hoxe o moderador! pero se eu dicíano con sentido do humor, home... hehehehe

http://miraquefaciles.blogspot.com/2010/02/rosa-diez.html


#15 Por Rai 28-02-2010 14:33

Normal

ferrete,penso que eres o estereotipo donde se inspirou a RAE pra difinir a os galegos, aida que a apreciacion de Rosa Diez tamen fae o resto.
A falta de neuronas e alarmante, un expliacion cientifica.


#14 Por xerundio 28-02-2010 14:30

Normal

coma sempre os inimigos do galego metendo merda en todo o que poidan. Pon probas, documentos algo que demostre iso, senón cala, ti e todos os que estades a mínima para saltar. Falade da noticia.


#13 Por BorjaL 28-02-2010 14:30

Normal

Mónica e María: noraboa pola iniciativa, e que saibades que se sacades unha versión DVD cun título ambiguo e que como resumo do tema da peli poña "Mozos e mozas de toda Galicia e as súas experiencias coa lingua" isto vaise vender a todo trapo!


#12 Por bateador 28-02-2010 14:09

Normal

Paréce-me unha iniciativa moi boa, moi plurar e feito pola mocidade. Mellor imposibel. Toda iniciativa en defensa dalgo tan noso coma o galego é benvida. Vou-me animar a facer cos amigos un pequeno video caseiro.

Saudos!


#11 Por ferrete 28-02-2010 14:05

Normal

Meu vello amigo Zalo, ise cambio de look cara o Rai non logra disimular o teu singular estilo literario e a túa rocambolesca visión histórica que aplicas sen continuidade a túa ideoloxía e expectativas, que espero, polo ben dos galegos, non se fagan realidade.


#10 Por Rai 28-02-2010 13:47

Normal

Un parche, pra ir tirando,pero SandraRoal tiran do carro e entenden un galeguismo. Esperemos que dentro de 3 anos teñamos un goberno galego.


#9 Por malaka 28-02-2010 13:26

Normal

Perder entón unha hora ou tres de clase por entre 10 e 50 minutos de curtametraxe,sacar a rapaciada da escola, ter que pedir os respectivos permisos á dirección e pais pra se responsabilizar de calquera problema..o caso este ten bastantes lagoas.Co fácil que sería levar o dvd á escola non é?,non fixeron así con Pradolongo?,por outro lado,levar todo ese traballo por unha curta, se aínda fose unha sesión con varias...non sendo unha curta con caracter educativo, ou dunha calidade excepcional, non vexo a razón pra levar á rapaciada a ver iso.Outra cousa é que se é certo que a explicación é a lingua me pareza mal,pero vexo moitas lagoas e non atopo unha relación entre a noticia e a denuncia.


#8 Por xosemaria 28-02-2010 13:24

Normal

Falo galego porque son de aquí, sentiríame moi en ridículo falando castelán cos meus pais e cos meus veciños e, sobre todo, comigo mesmo. Falo gaelgo porque é a miña patria, a miña infancia e como crente case o meu Deus porque con esta fala falo con El, falo galego porque me peta e non me sinto inferior a ninguén, senón igual a todos os que falan a súa lingua, pero síntome moi superior a todos os pedantes que abandonan a súa lingua , no saben de onde veñen nin a onde van, mellor dito, van a ningures, Falo outras linguas, pero amiña, a íntima, a da alma é o galego, nela escoito a miña nai, a meu pai e aos meus avós, nela están vivos.


Página

  • 1
  • 2
  • Acceder Crear usuario

    Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un poco de HTML está bien
    Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>