Polémica
Roberto Varela promocionou 'Desván de los Monjes' e 'Toro' en Fitur
08/03/2010 - Galiciaé
"Hai que ser estúpido para pensar que eu vou dicir Desván de los Monjes", espetoulle o conselleiro Roberto Varela a parlamentaria nacionalista Carme Adán cando esta lle reprochou o emprego de toponimia sui generis na súa intervención en Fitur. Pero as cámaras captaron ao titular de Cultura referíndose dese xeito ao municipio coruñés de Sobrado dos Monxes, e deixou unha perla semellante ao falar de 'Toro' (Touro).
No Parlamento, o conselleiro amosouse tan seguro de non ter empregado tales palabras que lle recomendou á oposición que deixase de "buscar no lixo de internet e dedíquenlle máis tempo a traballar polo país". O que poderían atopar socialistas e nacionalistas son as imaxes do 'lapsus' de Varela, que están colgadas nunha páxina institucional, galiciavensientela.
As redes sociais non foron alleas á polémica, desatada en febreiro con motivo da celebración da feira de turismo. O primeiro en dar conta do acontecido foi o alcalde de Fene, Iván Puentes, que narrou no seu blog a metedura de zoca do conselleiro. En Facebook, o humor domina ás críticas, e xa se creou un grupo que leva por nome Señoras que tampouco saben onde queda Desván de los Monjes e Toro.
O BNG pide unha rectificación pública
A reacción da oposición non se fixo agardar. Desde o BNG, Ana Pontón e Carme Adán emprazaron ao conselleiro Varela a que rectificase publicamente no Parlamento as declaracións nas que negaba ter usado unha toponimia 'traducida' ao español.
Ambas deputadas consideran "lamentable" este panorama, e ven na reacción do popular "unha mostra máis de desprezo pola nosa lingua". Na mesma liña, Pontón e Adán reprocháronlle ao departamento de Cultura da Xunta o seu traballo a prol "de dar titulares que nos acaloran como galegos, mentres non se promove unha verdadeira política cultural".
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#59 Por Nexto 10-03-2010 19:03
Primeiro creo que non se deben mesturar os nomes das persoas co nome dun topónimo, son cousas un pouco diferentes. En canto aos nomes de persoas que cada un se poña o que queira dáme igual, os nomes xeográficos é distinto, aceptarías que se cambiase o nome de España a Castela si así o decidise unha maioría da poboación?
Co do nome da urbanización se ti a creas por suposto podes poñer o nome que che a de a gana. En canto ao nome de "Orense" tamén hay que distinguir o que é unha imposición e o que non durante eses séculos. Non me vale que agora des a volta a esto último e me digas que o nome "Ouresne" está agora imposto porque non é así, simplemente é o nome que é.
#57 Por nostrus 10-03-2010 09:57
Por Nexto 09-03-2010 23:49Normal. No, si ya se que tienes un concepto de que las cosas te gusten a ti solo. Si Orense fue oficial durante siglos ¿ que delito cometio para que deje de serlo?. Si yo fundo una urbanización ¿por qué no puedo ponerle el nombre que me de la gana?, ¿verias con buenos ojos que los nombres de las personas se pusieran solo en gallego? Xoan, Xose ctr. Hay que ser mas tolerantes y respetuosos.
#56 Por Nexto 09-03-2010 23:49
Non estou de acordo: logo á cidade de Los Angeles hay que cambiarlle o nome a "LA", a San Francisco "Frisco" (como o chama a xente de fora da cidade, pero maioritariamente), a Barcelona "Barna"... o topónimo é o que é, cada un que lle chame como queiro, niso non me meto. É como se me poño a facer unha campaña para cambiar Lugo por "Googletown", é valido?
O das avenidas sabe perfectamente que se respecta o nome da persoa homenaxeada, ao igual que se debe respectar o nome dunha cidade.
#55 Por nostrus 09-03-2010 23:33
Por Nexto 22:11. Los toponimos se le pone el nombre que a la sociedad le da la gana y debera responder a una realidad social y el castellano no tiene porque estar excluido. Una pregunta, si a una avenida (tambien es un toponimo)la queremos dedicar a John Lennon o a Jaime Mayor Oreja ¿como deberemos ponerle? Xoan Lennon y Xaime Maior Orella (si solo se puede poner en gallego)
#54 Por Nexto 09-03-2010 22:11
Só dixen o da lingua de segunda porque non entendo que o castelán si poida ter un rexistro culto e aceptado e o galego non. Tamén porque no castelán si se poden traducir os nomes de santos, reis e papas e no galego non. Por iso dixen o de que vostede a consideraba lingua de segunda, pero se lle o ofendín pido desculpas.
Con respecto ao que di nostrus, cando en Москва acepten Moscova como nome oficial da cidade, podemos falar do mesmo en Galicia. Polo demais á hora de falar que cada un o digo como lle pete, Ourense, Orense, Urense, Ou o Chicholandia. Pero unha cousa é isa e outra o nome oficial.
#51 Por ferrete 09-03-2010 19:56
Meu docto amigo Nexto. Sería moi atrevido pola miña parte tratar de debatir con vostede sobre etimoloxía, polos coñecementos que leva acreditados neste foro.
Pola contra, resulta vostede moi atrevido afirmando que para min o galego é unha lingua de segunda, cando non dou unha soa verba en castelán. Precisamente porque amo a nosa lingua, dóeme ver como é desguazada, transfigurada e apartada da xente que a usou a cotío dende sempre, por novos ricos do galego, que hai dez anos só falaban castelán, e dende o machito bipartito tentaron IMPOÑER unha lingua culta pero só aproximada a verdadeira linguaxe do pobo chan.
#50 Por Nexto 09-03-2010 19:26
Explíqueme entón ferrete que demo é "Enrique VIII"... por suposto, que Henry VIII si se pode traducir ao castelán pero "Isabel II" ao galego non, empezaramos... que o galego para vostede é unha lingua de segunda.
Explíqueme entón ferrete que demo é "Enrique VIII"... por suposto, que Henry VIII si se pode traducir ao castelán pero "Isabel II" ao galego non, empezaramos... que o galego para vostede é unha lingua de segunda.
Por certo co de Sardeña, eu sempre o dixen así ata en castelán, pero supoño que é cousa miña, pero explícolle:
Catalán: Sardenya
Galés: Sardinia (pronunciase como en galego)
Sardo: Sardigna
Italiano: Sardenga
Francés: Sadaigne
Alamán: Sardinien
Occitano: Sardenha
Pero como isto segundo vostede son linguas de segunda, imos coas linguas propias de Galicia:
Castelán: Cerdeña
Inglés: Sardinia
Cal falla aquí?
Por certo co de Sardeña, eu sempre o dixen así ata en castelán, pero supoño que é cousa miña, pero explícolle:
Catalán: Sardenya
Galés: Sardinia (pronunciase como en galego)
Sardo: Sardigna
Italiano: Sardenga
Francés: Sadaigne
Alamán: Sardinien
Occitano: Sardenha
Pero como isto segundo vostede son linguas de segunda, imos coas linguas propias de Galicia:
Castelán: Cerdeña
Inglés: Sardinia
Cal falla aquí?
#49 Por ferrete 09-03-2010 18:52
#47 Galego:
A illa de Sardeña tamén tivo orixinalmente ese nome?
A raíña Sabela de Castela tiña un padriño de Cambados?
O Telón de Aceiro soa moi forte en galego e rebaixano a Cortina de Aceiro?
Porque tentamos traducir nomes que non se deben tocar?
Porqué pretendemos un galego de granxa cando o de corral sempre foi más auténtico?
Porqué as pulpeiras lle chaman pulpo ao polbo e danche un tixolazo se lles chamas polbeiras? non entenden de polbo as polbeiras? entenden máis os da Mesa ou dos RAG? pois que poñan un caldeiro ao lume e miramos que xeito lle dan.
Porqué Sobrado ou Desván cando lle podemos chamar Faiado dos Monxes? tampouco ven no Google? Mirade no Jujel.
#48 Por nostrus 09-03-2010 15:37
Por galego 15:08Normal. Pois se iso e verdade a Orense teremos que chamarlle Auriense, que foi o nome que lle puxeron os romanos. Que obsesion por autoombrigarse, os toponimos deberan adaptarse a unha realidade social e si se lle quere trocar o nome ponselle o que se queira. ¿Esta prohibido cun rapaz se chame Kevin?, enton porque non `pode haber un pobo que se chame Finisterre si ademais e o nome socialmente coñecido, tamen pode haber unha cidade que se chame orense pois lle pasa o mesmo, sin perxuicio que tamen se chame Ourense e todos contentos. ¿Como debemos dicir Xapon ou Japon?, é que en xapones non sei como se di.
#47 Por galego 09-03-2010 15:08
Ferrete, o río Douro é o nome galego xa que ven dende a era dos romanos cando recollían o ouro do río, que evoluciona de río do ouro. Despois durante o reino de Galiza, o río Douro era a fronteira polo sur dun reino no que se falaba galego, de aí que o nome sexa lexítimo. A absurdez do nome é no castelán, que en vez de río doro, fixeron unha hiper-castelanización para ser máis chulos.
#44 Por ferrete 09-03-2010 14:07
Expresións de libros de 1ª e 2º de Bac fixados como de texto en IES públicos:
Raíña Sabela a Católica
Isla de Sardeña
Países Non- aliñados
Río Texo
Río Douro
Xerez da Fronteira
Badaxoz
Afonso XIII
Cortina de aceiro
So falta: Faiado dos Monxes
Isto tamén é facer o primo.
#41 Por malage 09-03-2010 13:19
A lo mejor la srº Rosa Diez va a tener toda la razón, este tio es un inculto por muy conselleiro de cultura que quiera ser y no importa la lengua que hable, es un inculto y no puede estar robando a todos los gallegos un sueldo que no se lo gana, a limpiar las calles o cobrar el desempleo de un mileurista.
#40 Por Miau 09-03-2010 13:03
A cousa xa é de risa, un Esperpento sen limites. A min se me dis que foi outro conselleiro calquera, ainda bueno, xa non se espanta un de nada... Pero que teña que ser o Conselleiro de "Cultura" do Goberno GALEGO... Supoño que a xente coma esta que fai como que nos goberna se refería a señora esa hai un par de semanas co de "gallegos". Acomplexados, incultos e o que é peor, orgullosos... Se están no goberno... qué vai dicir a señora esa e outros coma ela... é o que hai.












