Literatura
O Centro Ramón Piñeiro rende homenaxe a Novoneyra cunha miscelánea que inclúe 50 prosas inéditas do poeta do Courel
15/03/2010 - AGN
Con medio cento de textos inéditos do 'poeta do Courel', o Centro Ramón Piñeiro ven de editar unha miscelánea de textos de e sobre Uxío Novoneyra, que compoñen a compilación-homenaxe 'Celebración de Uxión Novoneyra (1930-1999)', presentada en Santiago de Compostela coa presenza do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.
O grande ''decidor do verso'' --como o definiron tanto o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, como o coordinador dos textos de Novoneyra editados no volume, Luis Cochón-- está presente no volume a través de textos propios que recollen a súa faceta de pregoeiro, a súa poética e numerosos documentos biográficos.
Entre eles figura un especialmente ''singular e simpático'', a dicir de Luis Alonso Girgado, coordinador da colección 'Cadernos de Ramón Piñeiro': o exame de ingreso de Novoneyra no Instituto Lucus Augusti, que superou cun 'apto'. O volume inclúe tamén una completa selección dos traballos publicados polo escritor en prensa e en revistas --tanto nacionais como de países como Cuba, por exemplo--, aínda que o que realmente destaca son os ''50 inéditos dos que o libro pode presumir'', froito da ''xenerosa colaboración da familia do poeta''.
Caligrafías, mecanoscritos e textos de autopoética completan o heteroxéneo libro, que según destacou o secretario xeral de Política Lingüística será ''en adiante consulta obrigada en futuros traballos sobre o poeta''.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.










