Galardóns do Audiovisual
'Un franco, 14 pesetas' faise con 6 premios Mestre Mateo
10/05/2007 - Eliana Martíns (Santiago)
A triunfadora do audiovisual galego foi Un franco, 14 pesetas, a película de Carlos Iglesias que recibiu 6 premios Mestre Mateo. Na gala celebrada esta noite, o filme acadou algúns dos galardóns máis codiciados, como o de mellor longametraxe ou guión. A súa protagonista, Isabel Blanco, tamén recibiu o recoñecemento á mellor intérprete.
O cine de animación tivo un papel destacado na festa do audiovisual galego, como o está a ter no conxunto do sector en España. Así, De Profundis, a película de Miguel Anxo Prado recolleu 4 estatuíñas, entre elas a de mellor dirección para o debuxante de cómic. Nani García, autor da banda sonora, tamén tivo o seu galardón.
A gala celebrouse no Teatro Colón, na Coruña, onde se deron cita os rostros máis populares da televisión e do cine galegos, dende Luís Tosar, que tamén recolleu o seu Mestre Mateo como mellor intérprete, a protagonistas das series máis exitosas da TVG, como A vida por diante. Unha gala fría e moi rápida, marcada pola présa que nos últimos anos caracteriza a estas cerimonias. Nada de boato: ao que vimos todos é polos premios.
Premios Mestre Mateo 06
- Mellor longametraxe: Un franco, 14 pesetas, de Adivina Producciones e Drive Cine.
- Película tv: O partido, de Vaca Films.
- Programa tv: A Casa de 1906, de Filmanova S.L. e Continental Producciones.
- Serie tv: A vida por diante, de Voz Audiovisual.
- Documental: 2050, de TV Siete.
- Produción Interactiva: www.deprofundislapelicula.com, de Interacción e Continental.
- Produción de publicidade: Las noticias del guiñol.
- Curtametraxe de fición: Cicatrices, de Mr. Misto Films.
- Curtametraxe de animación: A Bruxa Catuxa, de Grándola Nova.
- Dirección de produción: Jesús Alonso, por Un franco, 14 pesetas
- Dirección de fotografía: Ricky Morgade, por O partido
- Maquillaxe e Perruquería: Sara Márquez e Óscar Aramburu, por Un franco, 14 pesetas
- Deseño de vestiario: Ana López, por A Casa de 1906.
- Dirección artística: Curru Garabal, por Mia Sarah.
- Montaxe: Mario Iglesias, por De Bares.
- Son: Nani García e Javier Ferreiro, por De Profundis.
- Guión: Carlos Iglesias, por Un franco, 14 pesetas.
- Banda Sonora: Nani García, por De Profundis.
- Dirección: Miguel Anxo Prado, por De Profundis.
- Realización: Carlos Sedes e Manuel A. Espiñeira, por A Vida por diante.
- Comunicador tv: Paco Lodeiro, por Cifras e Letras.
- Interpretación masculina protagonista: Luís Tosar, Cargo.
- Interpretación feminina protagonista: Isabel Blanco, por Un franco, 14 pesetas.
- Interpretación masculina secundaria: Antonio Durán, Morris, por O partido.
- Interpretación feminina secundaria: Rosa Álvarez, por De Bares.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.










