Medio ambiente

Sogama abre as súas portas do 1 ao 4 de xuño


Etiquetas: Sogama, Cerceda, residuos, medio ambiente, reportaxe

28/05/2010 - M.I.

A celebración do 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente foi establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 1972 co claro obxectivo sensibilizar a nivel planetario a conciencia dos seres humanos no respecto ao entorno, á vez que se pretende que as forzas políticas expoñan algunha resposta aos problemas ambientais.

Desde diversas institucións promoveuse nos últimos anos a celebración da Semana do Medio Ambiente (que é aquela en a que se integra o propio 5 de xuño), sete días nos que se suceden diversos actos públicos coa natureza como pano de fondo. Desde Galicia, Sogama presentou este venres o seu programa de actividades para esa semana, que este ano é a que decorre entre os días 31 de maio e 6 de xuño.

A programación de Sogama para este evento está relacionada cun dos proxectos que comezou a desenvolver desde hai uns meses: a compostaxe doméstica. Desta forma, para conmemorar a Semana do Medio Ambiente, a empresa pública autonómica realizará as 'IV Xornadas de Portas Abertas'  ás que invitou aos veciños dos cinco concellos da Mariña luguesa que están a participar desa iniciativa a coñecer as instalacións do Complexo Ambiental de Cerceda. Eses cinco municipios son Barreiros, Alfoz, Trabada, Lourenzá e Cervo.

A cidadanía achégase a Sogama
O presidente de Sogama, Luís Lamas, sinalou que con estas xornadas de portas abertas ''queremos que a cidadanía vexa cos seus propios ollos o que facemos co lixo de cada un de nós'' co obxectivo de que sexan os propios veciños os que ''desde a obxectividade e o coñecemento valoren a nosa actividade''. Así, segundo indican as enquisas que os visitantes á planta de incineración enchen tras as súas visitas, ao redor dun 90% afirman atoparse satisfeitos co labor de Sogama.

Por outra banda, Lamas tamén insistiu en que ''se aplicamos correctamente a estratexia dos tres erres conseguiremos diminuír en boa medida a cantidade de desperdicios que se envían a Sogama''. Con esta redución virían ''importantes beneficios ambientais e sociais, derivados da menor frecuencia de recollida e transporte de lixo, ademais de económicos para as arcas locais'', afirma o presidente de Sogama.

Lamas engadiu que para o tratamento dos materiais non reciclables Sogama ''dispón de tecnoloxía e medios que posibilitan que este se realice conforme á normativa vixente''. Así, afirmou que os datos sobre os niveis de emisión están ''moi por baixo dos límites legais''.

Compostaxe doméstica
O programa de compostaxe doméstica que Sogama está a levar a cabo iniciou a súa andaina este ano 2010, co obxectivo de que a cidadanía puidese coñecer os beneficios deste proceso. Así, a empresa pública clasifica en tres vertentes estes efectos beneficiosos. Primeiro, desde o punto de vista ambiental, xa que levaría menos lixo aos colectores e isto implicaría unha redución no transporte do lixo, é dicir, menos emisións de CO2 á atmosfera.

Desde o punto de vista económico, ao entregarse menos lixo a Sogama os concellos tamén verán reducido o importe que deben pagar a este organismo polo seu servizo. Para rematar, Sogama destaca tamén que a comodidade que suporá para os veciños ter en casa os medios necesarios para desfacerse dunha forma ecolóxica da metade dos desperdicios xerados. A todo isto hai que sumar que ao transformarse a materia orgánica en compost terase disposición dun abono natural.

200 vivendas
No proxecto de compostaxe doméstico participan unhas 200 vivendas rurais que se reparten do seguinte modo: 50 en Barreiros, 41 en Alfoz, 49 en Lourenzá, 30 en Trabada e outros 30 en Cervo. Estes cinco concellos foron escollidos tras un estudo de viabilidade no que se tiveron en cantas variables como o interese das familias, as unidades poboacionais, as vivendas principais e de habitabilidade continua así como os puntos e frecuencia de recollida e o volume de residuos xerado.

Os compostadores, recipientes nos que se ha de botar a materia orgánica para a súa transformación en compost, que se repartiron entre tales fogares contan cunha capacidade de 400 litros. Éste debe colocarse no exterior da vivenda e en contacto coa terra, permitindo así o achegamento de microorganismos e a absorción do posible exceso de humidade.

Unha das figuras crave nesta iniciativa son os ''mestres composteiros'' que son os que se encargan do correcto desenvolvemento do programa tras recibir a oportuna formación. Así, os concellos participantes deben ter algunha persoa con este rango, que realiza labores de supervisión dos compostadores, á vez que asesora e motiva a impliación dos participantes. Para desempeñar este cargo, Sogama indicaba que esta debía ser unha persoa de confianza e coñecida no municipio.

A encargada de realizar estes cursos de formación foi a firma Ingesyma. Nestas clases prestouse especial atención á identificación de materiais a compostar, a descrición de proceso e factores que inflúen no mesmo, así como os problemas máis frecuentes e as súas solucións.

Visitas
Sogama invitou aos veciños dos concellos que participan do programa de compostaxe doméstica a visitar a planta de Cerceda durante os días de portas abertas para, ademais de premiar o seu esforzo, mostrar como os residuos non reciclables son sometidos a tratamento por outras vías á súa valorización enerxética, garantindo o respecto ao medio ambiente e a protección da saúde pública. Estas visitas sitúanse á marxe do programa habitual, no que participaron unhas 50.000 persoas nos últimos anos.

Por outra banda, a semana do medio ambiente de Sogama contará tamén coa visita dun grupo de estudantes e profesores da Universidade La Sapienza de Roma, entidade que participa en diversos proxectos de investigación coa Universidade de Santiago de Compostela.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>