Día de Galicia
Un policía ameaza unha andaluza por usar o galego
26/07/2010 - Galiciaé
Unha muller andaluza protagonizou en Santiago o incidente máis rechamante dos ocorridos con motivo das celebracións do Día de Galicia. Un axente da Policía Nacional advertiulle de que podía levar "unhas hostias" tras collela dun brazo e advertila de que "aquí non hai nada que se chame Pescadería Vella, chámase Pescadería Vieja. Ti, que es de fóra, deberías sabelo". A agredida, xornalista de profesión, preguntou a unha viandante como podía chegar á citada praza desde a Alameda compostelá, utilizando o nome oficial do lugar, en galego.
Información relacionada
''Si te piso, ¡te jodes'': Outro policía ameaza cinco mozas
Non foi o único caso de ameazas que saíron de boca dun axente da Policía Nacional. O sábado pola tarde, mentres camiñaban pola praza de Cervantes, un grupo de cinco mozas --galegas desta volta e unha delas tamén xornalista-- convertéronse no obxectivo dos improperios dun antidisturbios. Dous furgóns policiais pretendían aparcar no lugar, e varios axentes impedían o tránsito aos viandantes. As rapazas pararon tamén.
Acto seguido, un policía que, segundo el mesmo informou ás mozas en ton ameazante, pesaba "más de cien kilos", preguntoulles se tiñan algún problema con que él non falase galego --lingua que estaban a utilizar para comunicarse entre elas--. A continuación espetoulles que "yo corro más rápido que vosotras, seguro", e dirixíndose a unha das mozas, a que tiña máis cerca, díxolle: "Tú, con lo gorda que estás, debes de andar cerca de los noventa kilos", mentres ría en complicidade con outro dos axentes alí presentes.
Mentres unha das mozas advertía á súa amiga de que se non se apartaba poderían pisala, o antidisturbios virouse de novo: "Si te piso, ¡te jodes!". E ao permitir de novo a circulación aos peóns, a modo de despedida, berroulles: "A ver si caminais tan lento cuando vaya detrás de vosotras". Todo iso ante a mirada atónita do resto de viandantes, turistas na súa maioría, que se atopaban na praza compostelá no momento dos feitos.
O mesmo día pola noite varios mozos resultaron feridos noutras actuacións policiais. Dous colectores foron queimados e un coche da televisión pública galega quedou envorcado nos arredores da Catedral. Xa o domingo, a manifestación do colectivo independentista Causa Galiza, que congregou baixo o lema 'Para enfrontarnos ao capital, aquí e agora soberanía nacional' a 3.000 persoas segundo a organización, transcorreu sen incidentes e baixo a atenta mirada de case unha decena de furgóns policiais.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.
#50 Por lutero 28-07-2010 00:54
no, no, non e policia, son as forzas cipayas de ocupacion colonial da monaquia juanista e expañola.
o que tiñan que facer os independentistas, e si non poden circular polas ruas ir a catedral de prisciliano e plantexar a problematica ahi dentro cos catolicos que se atopen nela e despois que veña a policia a impor a paz entre todos.... ji-ji
acción-reacción
A REACCION
VIVA GALIZA CEIBE PODER POPULAR!!!!
#49 Por mergulla 27-07-2010 21:23
Cómo poden mandar descerebrados antidisturbios que non coñencen o que é Galicia e a lingua galega e os topónimos galegos??
Estos policias ignorantes da cultura galega que veñen a Galicia e abusan dos galegos coa prepotencia dos fascistas que impoñen o seu a forza de ameazas e violencia non poden quedar impunes, que fan os políticos galegos, que din e que pensan facer antes de que nos eliminen como galegos que somos??. Galicia, as galegas e os galegos, a nosa cultura e o noso modo de vida non poden ser atacados e ridiculizados por estes descerebrados nin por ninguen!!
#48 Por OPedro 27-07-2010 14:41
A min (e outros 2 que lles tocou estar ao meu caron) identificaronme, rexistraronme, ameazaronme con multa de miles de euros, empuxaronme co escudo que case caio e só por berrar "Galiza ceive, poder popular" no dia da naçom galega.
Esta é a sua democracia!!!!!!!!!!
#45 Por lugo11 27-07-2010 13:40
para aqueles que non estibestedes no dia 24 ou 25.
A actitude dos antidisturbios e todolos anos a mesma,eu xa non me estraño de nada.De feito se esto non lle chegara a pasar a unha periodista nunca sairia a luz.eu vin de preto como cargaban contra uns amnifestantes o 24 a noite sen facer nada,e como lles chamaban "guarrros" e decian "no teneis ni para jabon". todos aqueles que seguides a confiar na vosa policia,idevos desenganando seguen sendo igual que fai 50aniños.
un saudo
#44 Por Matarife 27-07-2010 13:38
#41 Esto que cuentas no es realmente así. Si sabes de lo que hablas, deberías saber bien lo que sucede. ¿CÓMO DENUNCIAR? Pidiendo el n.º de placa del agente. ¿Qué sucede cuando se lo pides? SIEMPRE te identifican también a ti. A continuación, presentas la denuncia... ¿y qué te sucede a ti? Que te llega una denuncia paralela del agente acusándote de desobediencia o paridas varias. Y siempre tendrá compañeros del cuerpo que testifiquen a su favor. ¿ES, O NO ES CIERTO? El ciudadano de a pie está INDEFENSO ante las tropelías de unos pocos que desprestigian lo que debería ser un cuerpo noble.
#42 Por Pendragon 27-07-2010 13:15
(Comentario valorado negativamente)
Aquellos barros traen estos lodos, todos los putos días con el Run-Run de la independencia y la autodeterminación y las poyadas y claro...(no estoy justificando al poli eh)...También hay que ver la circunstancia y que se trataba de una reportera de El Pais... a saber como planteó la cosa y con tal de tocar los cojones mienten más que hablan
#41 Por atlanoz 27-07-2010 13:10
(Comentario valorado negativamente)
Observando los comentarios parece que los independentistas han optado por desprestigiar a las FF y CC de Seguridad del Estado, inlcuso alguno propone el " fuera fuerzas de ocupación" curioso nó? en cuanto al comportamiento de agúno de esos policías, tengan la completa seguridad que de ser ciertas las acusaciones, será investigado y sancionado como no puede ser de otra manera en un cuerpo jerarquizado y con un reglamento disciplinario muy extricto como es el Cuerpo Nacional de Policía.
#40 Por asinosvai 27-07-2010 13:07
Os policías antidisturbios (con sobresoldo e pouco traballo) estarían resentidos por ter que traballar na fin de semana, pobriños. Pero ¿quen da as ordes para este trato á xente que defende unha lingua ou un país? ¿Tal vez son os mesmos que queren acabar co noso idioma?
#38 Por akefala 27-07-2010 12:36
Pois eu podo dicir que estiven nesa mani e vergonhento a maneira na que nos trataron e nos acurralaron como se foramos asasinos ou terroristas,simplemente estabamos dando a conhecer a sociedade as nosas ideias para o noso pais...Pa ke digan ke ai liberdade... ¿como nos vai a ver a sociedade despois de este *shou*?eles montan o cristo ,faltan o respeto,humillan e nos somos os culpabeis...Eu vou apoiar como non,un saudo
#36 Por ers 27-07-2010 12:09
Son Galego e a vez policia, orgulloso das duas cousas, idiotas ainos en todos lados, pero apostaria a que a noticia esta maquillada e non todo foi asi, deberia saber a version dos policias e coma sempre, a verdade do que pasou quedaria no medio das duas declaracions, que todo o mundo barre para a casa, para gzlivre, decir k ese controis son para garantizar a seguridade, se non che gustan, dalle as gracias os simpaticos que se dedicaron a colocar artefactos explosivos en santiago nestas datas anos atras. un saludo.
#35 Por kesitorancio 27-07-2010 11:52
LopeLameLA solo decirte que reivindicar es con V no con B, lo dicho, a ver si leemos un poco más, que después vamos haciendo el ridículo por ahi adelante...que por mucho uniforme y placa q nos pongan no cambia nada, la mona aunque se vista de seda, mona se queda!
#34 Por gzlivre 27-07-2010 11:02
so hai que ver en multitude de manifestacións celebradas a actitude dos policias antidistubios. Este Sábado en compostela identificaron a todos os participantes nunha manifestación LEGAL e os estiveron cercando durante a marcha ( E ISA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN?). O domingo tanto do mesmo. Eu ia coa miña bandeira da patria polo casco vello e tiven que sufrir identificacións e cacheos bastantes veces, risas por partes dos axentes. Estou ate os huevos desta mafia, e da noxo a xente que inda os defende. FORA AS FORZAS DE OCUPACIÓN
#33 Por Matarife 27-07-2010 10:16
#29 Dices que eres "el policía". ¿El policía de esta triste historia? ¿O es un "el" como en la frase "yo soy EL hombre"?
Para comenzar, esta historia habla de dos policías, salvo que por muchas casualidades resultara ser el mismo en ambos casos.
Sea como fuere, si eres policía y estás comentando aquí, ¿quién es el que debería estar trabajando?












