Artes

Arrinca o Festival dos Abrazos en Compostela con máis de 80 espectáculos


Etiquetas: Jacobeo, Santiago de Compostela, circo, danza, cine, teatro, música

03/08/2010 - Olalla Tuñas

"Ando a buscar un vestido verde", dixo a rapaza mentres bambeaba o seu corpo entre as árbores do Parque de Xixón, na avenida do Burgo das Nacións. Cunha performance de danza contemporánea, na que Marta Alonso Tejada escenifica a compra desta peza de vestir feminina mentres roda sobre o céspede, presenta O Festival dos Abrazos a súa programación. Nas árbores que rodean á bailarina hai vestidos pendurados e toda a prensa alí congregada observa e agarda, até que ela sorrí e comeza o show. A versatilidade dos espazos de Compostela, que tanto mudan en parques coma en escenarios, salta á vista despois dos pasos de baile e o son das cordas da música que acompaña a Alonso Tejada.

"O Festival dos Abrazos proxecta a Compostela como escenario da imaxinación e da creatividade" comeza dicindo a concellala de Cultura de Compostela, Socorro García Conde, "é un espectáculo que suma artistas e a potencia creativa dos espazos de Compostela" para dar lugar a "unha amalgama que tenta promover proxectos e espectáculos multidisciplinares".

Na súa terceira edición, o Festival dos Abrazos encherá Compostela de música, artes escénicas e plásticas e de cinema, un regalo para os sentidos. Ten unha programación extensa de máis de 80 actividades concentradas nos 20 días que durará o ciclo cultural que mestura o tradicional coas creacións de novos artistas.

En canto á programación, cada día da semana estará dedicado a unha disciplina diferente. Así, o luns será a xornada para o circo e o clown; o martes cobra protagonismo a programación do Feito a Man, da Asociación Cultural Cidade Vella a través de instalacións artísticas da man de 'a_túa'; o mércores é o turno das artes escénicas de 'tamaño mínimo', para un espectador; o cinema e o audiovisual bríndao Curtocircuíto os xoves, mentres que o fin de semana é a música "de aquí e de acolá", apuntou García Conde, a de maior protagonismo con representants de todos os estilos, dende o folque até o jazz, pasando polo tango.

A sección dos Abrazos OFF abre o festival ás propostas da xente e procura ser "o escaparate  das propostas máis arriscadas e unha fiestra a novas oportunidades" do tecido artístico galego, afirma García Conde. Os grupos participantes nesta sección, neste ano, son o grupo rock Ataque Escampe, Modulok Trío, Roberto Sobrado e a bailarina Marta Alonso Tejada.

O Festival dos Abrazos contará con tres escenarios principais: en 'campo aberto', parques e xardíns composteláns; 'estacións de paso', prazas e rúas da cidade histórica; e 'espazos íntimos', recunchos e calellas cheos de historias. Coa metamorfose dos lugares máis comúns da vida compostelá en escenas acadase a distancia precisa para cada mensaxe entre espectador e espectáculo. Este é o caso da performance Conversatorio de Quico Cadaval, que se levará a cabo no interior dun escaparate da rúa das Orfas o mércores 11 de agosto.

"Está feito dende o corazón e non dende a carteira", esa é a gran diferencia que atopa a responsable da Asociación Cultural Cidade Vella, Ánxela Porto, entre o Festival dos Abrazos e o resto de ciclos de arte que se ofertan en Galicia. "Trátase dun festival de calidade e de humanidade", afirmou, "que pon o ritmo humano e artístico adecuado nesta cidade afeita ao derroche".

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>