Opinión

Medicina en Santiago


04/09/2010 - Santiago Lago

A idea de abrir novas facultades de medicina fora de Santiago de Compostela é un disparate.  Xa non, que tamén, polo que iso supón en termos de custe nun horizonte de medio prazo presidido pola austeridade fiscal. Senón, é sobre todo, porque vai xusto na dirección contraria do que necesita Galicia.

Nun mundo globalizado o que precisan territorios como Galicia (pequenos económica e demográficamente e que non queren xogar a estratexia colectiva dos custes mínimos) é tentar ser bos (se é posible, os mellores) nalgunhas (poucas) cousas. A especialización e a excelencia deben ir da man. Xa falemos de deporte, empresas, ou música.

No terreo da planificación universitaria iso supón optar por campus especializados nalgúns vectores e evitar as duplicidades todo o posible. De feito, mesmo os campus especializados deben a súa vez optar. Poñamos o exemplo dos estudos económicos. Posto que non vai ser posible achegarse sequera ao nivel da Universitat Pompeu Fabra, a London School of Economics, ou Harvard en todas as áreas nas que se subdividen calquera campo de coñecemento ( no caso da economía: economía do traballo, economía pública, economía do deporte…) o que debemos facer no terreo da investigación e a formación de posgrao é escoller en función das nosas posibilidades e os vimbios existentes, e darlles prioridade con potentes contratos-programa con eses grupos, nesgos na selección de novo persoal, etcétera.

Voltando cara ao caso de medicina, é evidente que a evolución das ciencias médicas fai que as súas relacións con centros docentes e investigadores en bioloxía ou química sexa cada día máis importante. Por iso o proxecto de 'Campus Vida' da Universidade de Santiago de Compostela ten todo o sentido e debe ser unha aposta de país. Supoño que é lóxico que, na parte clínica, coordinar o Campus Vida cos complexos hospitalarios do resto de Galicia. Pero iso non debera ser escusa para outras manobras con diferente obxectivo.

Cuestión distinta é a discusión sobre por qué semella que agora non hai fondos para facer as novas instalacións en Santiago: ¿non houbo plusvalías na venta dos vellos edificios?. E, por suposto, igual que Santiago é apoiada no proxecto de campus vida, o campus de Santiago debera asumir e respectar as especializacións doutros campus e non andar pedindo duplicacións en Galicia tan pouco xustificables como a de medicina.

5'0 (5 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>