Comunicación

Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro e Santiago Jaureguizar, dos primeiros en asinar un manifesto en defensa da prensa en galego


Etiquetas: comunicación, prensa, lengua, literatura

06/09/2010 - Galiciaé

'Ningún lector ou espectador pode declararse alleo ou ausente cando pechan un tras outro os medios que se fan na nosa lingua'. Arrinca así o derradeiro parágrafo dun manifesto no que escritores e xornalistas do talle de Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Santiago Jaureguizar ou Ramón Chao Rego veñen de asinar en defensa dos medios de comunicación en galego, despois do peche primeiro do portal dixital Vieiros, o primeiro en asomarse ás posibilidades da rede de redes; o portal de comunicación Chuza, e, máis recentemente, do semanario A Nosa Terra.

O futuro pinta mal para a prensa en monolingüe en galego, polo que diversos persoeiros do mundo da cultura quixeron porlle rúbrica a un manifesto que, baixo o título 'Os medios en galego importan', critican a "inanición e abandono" das administracións públicas, en especial da Xunta de Galicia, a quen lles lembran que "non poden declararse alleas ou ausentes cando pechan un tras outro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua, nin decir sen faltarlle á verdade que fixeron o que podían facer ou que non hai recursos porque estamos en crise".

"Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós", sinala o texto que inicialmente rubricaran 25 persoas que queren demandar do Goberno galego "que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto". Apelan, así mesmo, á concienciación cidadá para que reivindique protección para a lingua galega na prensa, lembrando que "a desaparición dos medios no noso idioma é un problema e unha responsabilidade de todos".



LEA O TEXTO DO MANIFESTO:

Os medios en galego importan

Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos.  Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tome a decisión de axudar ós medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un trás outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é  un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.

4'8 (20 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



38 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#38 Por botreito 13-09-2010 16:51

Normal

O que non pode facerse é porque un medio publique a sùas novas nunha determinada lingua achecarse à porta do político de turno para pedirlle diñeiro. Estamos nun mercado libre onde mandan os consumidores. Se queren vender mais xornais, o que teñen que facer é mellorar o seus contidos, publicidade o que sexa, e non pedir cartos publicos ós políticos, uns cartos que son recadados dos petos dos cidadans e que non poden adicarse a financiar a medios privados, que iso é clientelismo


#37 Por nostrus 09-09-2010 11:17

Normal

Si nos fijamos en el perfil estomacal de los firmantes, nos daremos cuenta de qu se trata de gente de buen apetito y por encima de todo defienden el poder seguir chupando.


#36 Por Marquinhos 08-09-2010 15:24

Normal

Sempre teremos a imprensa portuguesa e gaeilge.


#35 Por umdarevira 07-09-2010 14:11

Normal

Pendragon os galegos somos bilingues si claro...e a prensa como a voz de galicia, el correo gallego,diario de pontevedra, faro de vigo etc etc son bilingues? onde existe esa liberdade de prensa? e logo reciben subvencions millonarias de normalizacion linguistica para facer a portada en galego o dia das letras non? PENOSO.Liberdade para elexir onde?. Por outra parte o galego non morre?. Entón porqué pasamos de ter unha poboación cun 80% monolingue en galego a finais dos 80 a un 54%?. Ti escoitas galego entre os xoves en Vigo,Pontevedra,A Coruña ou Ferrol?. Anda non inventes amigo, que os discursiños dos inimigos do galego non os cre ninguen.


#34 Por bloqueononnn 07-09-2010 14:00

Normal

Curioso que dende que entrou o goberno do PP derepente deixaran de comprar libros editados por a nosa terra cando sempre se fixo, incluido con Fraga. Ano tras ano aumenta as subvencions millonarias a xornais como la voz de galicia, pero claro a estes aparte de darlle 4 patacos imos darlle 2. Tremendo.Non existe prensa en galego, mirade a voz,o diario, el correo etc etc.


#33 Por loisferro 07-09-2010 13:53

Normal

aunque no soy galego parlante es gracioso que este gobierno siga dando ayudas millonarias a los grandes periodicos, y a otros que estan en gallego se las reduzcan la mitad siendo ya de por si muy bajas.


#32 Por Xoel 07-09-2010 13:46

Normal

31 Por 22222, TOTALMENTE DA CORDO. O que lle ocorre a mita xente e que ten unha elevada proporción de mediocrridade que al alexa do mundo da cultura. Por unha galiza livre das opresión madrileñas, e porque a nosa identidade e a nosa cultura se dignifique.


#31 Por 22222 07-09-2010 12:30

Normal

Como os indios e o Por jajaja mentras leian a prensa en castellano que era gratis. lle desaparecia o ouro.
En este caso as eolicas,hidroelectricas,portos etc etc etc
Por jajaja e da peña do Torito enamorado ou "el mundo de la incultura" que subveniona as corridas dos toros


#30 Por jajaja 07-09-2010 12:15

Normal

"el mundo de la cultura" e por que non poñen eles todos cartos e fundan un periodico en galego,non asi non, mellor cos cartos de todos e eles a escribir e a vivir do conto, pero si hasta o fillo do rivas renunciou a o seu nome galego (martiño) para chamarse martin e traballar


#29 Por Azor 07-09-2010 12:04

Normal

Es una pena que un medio de tanta solvencia como la revista TEMPOS tenga que desaparecer. En un mercado libre nada tengo que decir. Pero en Galicia, cúanto nos cuesta la TVG y la RG?
¿Cuántos dineros públicos no han financiado de mopdo obsceno a a la Voz de Galicia y a los otros periódicos?
O se ayudan a todos o no se ayudan a ninguno.
Tuvo que llegar este gobierno al que le avergüenza el galego para cargarse a esta revista necesaria. A mayor gloria y ganancia en el reparto de los botafunmeiros de protección oficial.


#28 Por roisluaces 07-09-2010 11:59

Normal

Nos toman por gelipollas, dice el uno, el otro: pranto e rechiar de dentes!! risum teneatis!!
O problema debe ser que temos muito a-lingüe. Enséñalle-la lengua!!


#27 Por 22222 07-09-2010 11:26

Normal

Pois o Bosdias,debe darlle a o anis e estas horas, non se entende nada. Si bebes non escribas....o cinturon en este caso e igual.
E non son numeros son Patitos


#26 Por bosdias 07-09-2010 11:05

Normal

Cuanta pobreza literaria se lee aqui, cuanta maldad politica se lee aqui, cuanta rabia se tiene por no estar en el poder, para asi chupar como lo hacen los q estan,algunos comentarios tendrian que ser revisados para asi darse cuenta del acerrimo politico, y luego en españa se llama democracia
Venga ya, todo cansa con nickis de numeros y otras Bocanazas Necias Galopantes que jamas llegaran a donde pretenden llegar


#25 Por 22222 07-09-2010 10:14

Normal

Esta españa "plural"donde casi toda a prensa,radio, tv que non xesa a autonomia e de Madrd cope,cuatro,tve,ser,la xesta,canal plus,etc etc etc etc periodicos a Gazeta,Abc,el mundo e suas revistas do cotilleo. donde teñen o dereito de pernada fai 500 anos.
Nada mais que hai que acordarse do bipartito donde falar o castellano estaba penalizado con o a pena capital.Rotular en castellano paganbase multas de 4 millos de euros,como publicaba a prensa madrileña.
Nos toman por gelipollas,ainda que algun ten este apreciado titulo e o leva con orgullo, a ignorancia e unha carga mui lixeira pra que a leva, pero mui pesada prao resto dos galegos.
Alguns non saben donde naceron


#24 Por Pendragon 07-09-2010 10:01

Castigado

(Comentario valorado negativamente)

Pues no vi a nadie ponerse todo loco, cuando el anterior bi-partito, arrinconaba al Castellano, la verdad Galicia es bilingüe y algunos están empeñados en decir que no que solo gallego...así les fue en las elecciones....cuanto más se encabronen en imponer el gallego, menos lo hablaré...de momento cuando me hablan en gallego respondo en gallego pero llegará un momento que contestaré en castellano estoy harto de que siempre digan lo mismo de que el gallego desaparece eso es MENTIRA, ni uno ni otro están en peligro de desaparecer, las terruñadas son un atraso....


#23 Por Bretema 07-09-2010 09:25

Interesante

Que lle quiten as subvencións aos medios escritos en castelan e despois veriamos canto tempo ian durar.


#22 Por eulireco 07-09-2010 09:19

Normal

Aquí algunos ya quieren seguir la senda de Cataluña, no son originales son imitadores y si pueden rascar algo del presupuesto mucho mejor, pero todo lo que es impuesto tiende ir al fracaso.


#21 Por genitorey 07-09-2010 09:15

Normal

¿monolinguismo en pleno siglo XXI? todos deberíamos saber y comunicarnos en a lo menos tres lenguas. Los políticos y pseudos intelecuales siempre la cagan


#20 Por CANTACLARO 07-09-2010 00:58

Normal

¡ Pranto e rechiar de dentes...! Xa é tarde para lamentacións. O problema non é soio a Xunta e a falla de subvencións. E, en moitos casos, a liña editorial, a lingua inasequibel a maioría dos letores, as imposicións, o talibanismo lingüistico, A Mesa, o NEGOCIO. Cando se vendeo A Nosa Terra a empresa privada a bo precio, vendeuse Galiza pese a quen lle pese. Os "molinillos" non cheegaron e o semanario nin regalado se vendía. O negocio é o negocio. Non da cartos, péchase. Iso sabiase antes, señores do B.N.G.


#19 Por ferrete 07-09-2010 00:15

Normal

Eu creo que se Rivas e compañía están convencidos do que escriben neste manifesto debran apostar o seu patrimonio e crear un xornal a medida do que desexan e que o mercado poña a cadaquén no seu lugar.
Abonda dicir que a prensa escrita en calquera lingua non debera contar con subvención algunha. No libre mercado os xornais, os libros de texto, o cine ou a fontanería teñen que sobrevivir polos seus medios.
Para chupar xa chegaron sindicatos, Mesas, Nunca Máis, Adega e tinglados polo estilo.


Página

  • 1
  • 2
  • Acceder Crear usuario

    Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





    captcha

    Cambiar por outro


    Un poco de HTML está bien
    Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>