Artes Escénicas

A VII edición do Fetega leva ao Carballiño os mellores actores galegos


Etiquetas: Ourense, arte, teatro

06/09/2010 - Galiciaé

A vila carballiñesa do Carballiño acollerá entre os días 7 e 10 de setembro o Festival de Teatro Galego 2010 (Fetega). A mostra, que celebra a súa sétima edición, terá unha duración de 3 días e desenvolverase no Centro Multifuncional carballiñés.

Varios grupos de teatro asistirán á mostra ao longo desta semana deixando pegada das mellores artes do panorama teatral galego. De feito, o Fetega foi cualificado este luns polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, como "unha cita de referencia dentro da escena galega" que atrae a novo público e que serve para expandir a produción teatral galega a outros países e comunidades.

A compañía teatral Obras Públicas abrirá o martes o festival co seu espectáculo Life is a paripé, escrita e dirixida por José Prieto Álvarez e que ten como intérprete feminina a Iolanda Muiños. O segundo día os protagonistas serán Teatro de Ningures coa súa obra Homes...Mulleres, de Paula Carballeira, Santiago Cortegoso e María Armesto. Nut Teatro levará a escena o xoves 9 Wake up, escrita e dirixida por Carlos Neira.

O peche do Festival de Teatro Galego do Carballiño será presentada polo actor de Ribeira Josito Porto, quen será o encargado de presentar a V Gala dos premios Fetega no Multifuncional a partir das dez da noite.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos