Galardón

Agustín Fernández Paz rexeita o Premio Cultura Galega das Letras


Etiquetas: literatura, premio, galardón, Xunta, Prolingua, Agustín Fernández Paz

17/11/2010 - Belén López. DP

O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou onte o Premio da Cultura Galega das Letras, nada máis coñecer que o xurado destes galardóns o distinguía co recoñecemento. Nun comunicado remitido aos medios, ao pouco de facerse público o fallo, Fernández Paz explica que ''cando os Premios da Cultura Galega foron convocados manifestei en diferentes foros o meu desacordo con eles''. E engade: ''En coherencia coa miña postura, agradezo o feito de que o xurado valorase a miña obra, máis non podo aceptar este premio''.

Sobre as razóns da decisión, Fernández Paz remite a un comunicado da plataforma ProLingua do 8 de outubro no que, baixo o lema 'Rosalía de Castro nunca aceptaría este 'premio'', se fai un chamamento ás persoas relacionadas co sector cultural a rexeitar os novos galardóns da Xunta. ''Xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato'', se di no documento.

O pasado mes de xaneiro, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba que suprimiría os Premios Nacionais da Cultura, implantados polo goberno bipartito. Explicaba daquela que custaban ''unha fortuna'' (tratábase de dez galardóns, dotados con 15.000 euros cada un) e que había que reformulalos. O conselleiro restabálle ademais importancia á relevancia duns premios ''sen tradición'', que só se entregaran unha vez (en 2008).

Dous meses despois, Varela anunciaba que se convocarían os galardóns, pero con importantes novidades. A primeira: desaparecería o calificativo de 'nacionais'. E con el desaparecían tamén os recoñecementos ás categorías Arquitectura e Espazos Públicos, Cultura Científica e Cultura Tradicional.

A convocatoria oficial dos premios publicábase nun DOG do mes de outubro e alí aparecía a terceira grande diferencia entre estes galardóns e os do bipartito: os premiados recibirían unha estatua ou obxecto conmemorativo e un diploma. Desaparecía a dotación económica.

Prolingua
Ao saír a convocatoria dos premios, diversos sectores da cultura galega manifestaron o seu desgusto polos cambios do certame. A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galegas ProLingua, que ten máis de 2.000 sinaturas no seu manifesto fundacional, entre as que están as de xente como Helena Villar Janeiro, Antón Reixa, Darío Xohán Cabana, Manuel Bragado e Cesáreo Sánchez Iglesias, entre outros, xunto a do propio Agustín Fernández Paz, fixo público un manifesto no que reprochaba á Xunta as súas políticas lingüísticas e animaba aos seus simpatizantes a rexeitar os novos Premios da Cultura.

''Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos Premios da Cultura Galega, manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega'', dicía a plataforma. ''Temos o convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias deste país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia''. A isto se remitiu Fernández Paz para rexeitar o seu galardón.

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2010 determinou nunha reunición celebrada onte na Fundación Cidade da Cultura os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu traballo creativo. Fernández Paz foi o galardoado co premio Cultura Galega das Letras ''en recoñecemento a súa traxectoria vencellada á escrita galega''. A súa candidatura foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada pola maioría do xurado.

4'6 (9 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



14 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#14 Por vilalbesa 17-11-2010 21:41

Normal

Noraboa, como vilalbesa non podo mais que sentirme orgullosa de vilalbeses coma ti. coherencia e dignidade. si se;or


#13 Por Caneda 17-11-2010 20:57

Normal

O profesor non deixa de dar leccións. Noraboa Agustín. A dignidade non ten prezo.


#12 Por Daza 17-11-2010 19:54

Normal

De todas maneras, y con perdón para don Agustín, yo no sé si sería tan elegante si el premio estuviese dotado con los 15.000 euracos de antes ¿eh? Que las penas con pan con menos penas. Tampoco es tan difícil rechazar una figurita y un diploma.


#11 Por Breixoa 17-11-2010 18:07

Normal

Un abrazo, don Agustín. Es lo que tiene la decencia.
Mejor harían muchos escritores de protección oficial y tomar ejemplo. Pero se vive bien en el pesebre del poder, con sus bolos y sus dineros y premiándose unos a otros en su circuito cerrado.
Dios, qué gusto da cuando un tipo decente da una patada en el culo al poder!


#10 Por Xosemaria 17-11-2010 18:01

Normal

Coherencia e dignidade significa a decisión de Agustín. Hai xente tan miserable que intenta mercadear co País. A impronta de Feijoo está no proceder do su goberno: raposeiro, mentireiro,amoral, inimigo de Galicia, ademais de ignorante, o seu equipiño é do máis raquítico que se pode imaxinar. Pensan que así como compraron a Anxo a Lorenzo que Galicia está en venda, pero Galicia non se vende e un día pedirá contas


#9 Por benfeito 17-11-2010 17:54

Normal


Esta información si que me deu unha grande satisfación. Darlle nos fuciños aos que queren enganar a todos os galegos de boa fe facendo premios para que creamos que defenden o noso idioma.
CON ESTE COMENTARIO DOULLE A NORABOA A D. AGUSTIN FERNANDEZ PAZ POR ESE ACTO DE COHERENCIA.


#8 Por Axente 17-11-2010 16:50

Normal

Por Daza,..hai que ter mais cara que espalda para decir "...dándole de comer". Mire Señor ou señora, gustariame que fixera un comentario ao seguinte: Por que tódolos familiares de altos cargos da Xunta, aproban as oposixións cos notas mais elevadas (administrativos, Sergas, etc), porque en M. Rural se lle adxudicou a dedo pare da xestión dos medios aéreos a NATUTECNIA, porque as empresas C. del Álamo gaña os principais concursos de M. Rural, Porque a no concurso que se resolver esta semana se lle vai adxudicar a IBERDROLA a maios parte do ofertado, porque as infraestructuras agora son exclusividade de FCC e Ferrovial, porque Cultura incentiva as empresas do cuñado, quen compra a prensa (lavozdelPP).


#7 Por centolo 17-11-2010 16:49

Normal

Yeah. Así se fai.

''Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos Premios da Cultura Galega, manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega''

Máis claro, auga.


#6 Por danielafonso 17-11-2010 16:49

Normal

Si señor.Noraboa.Vexo que hai xente coherente.Ogallá todos fixésemos igual.


#5 Por Xibeca 17-11-2010 16:07

Normal

...ninguen, e digo ninguen, que traballe en defensa da cultura galega ou na difusión do noso idioma debería acpetar un premio dun goberno que aplica a politica da xenofobia coa cultura e coa lingua galega. Por coherencia NUE NINGUEN ACEPTE ESES PREMIOS CARGADOS DE VENENO E ODIO CARA A GALICIA.



#4 Por Sentidiño 17-11-2010 15:44

Normal

Xa. Se non o dan porque non o dan. E si o dan, porque o dan. E si o premio viñese de mans do bipartito?. O xurado deixouse levar por intereses políticos?. Cómo?, se o premiado non acepta o premio?. Eso sí, está no seu dereito a rexeitalo.
Por certo, quénes son os benfeitores da cultura galega?. Cada día entendo menos...


#3 Por Alexando 17-11-2010 13:57

Normal

Ante todo coherencia, e ser consecuente co que se di.
Estes da Xunta pensan que todos se venden por un premio ou por un posto, menos mal que ainda hai xente con principios.


#2 Por Daza 17-11-2010 13:45

Normal

Losde la Xunta, como siempre, intentando apaciguar al bicho dándole de comer. No aprenden, los muy lerdos. Les está bien empleado.


#1 Por coc 17-11-2010 11:17

Normal

Un tío coherente.

Feijoo, toma nota.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>