Literatura

Cincuenta años de memorias labriegas


Etiquetas: literatura, rural, aniversario

05/01/2011 - Galiciaé/Axencias

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". Así comezan as 'Memorias dun neno labrego', de Xosé Neira Vilas, espello da sociedade galega de mediados do século pasado e que este ano cumpren medio século da súa publicación, aínda en plena vixencia nunha Galicia na que máis dun neno do rural ben podería ter pronunciado hoxe esas palabras.

Na Estrada, con motivo da presentación dunha nova reedición e coa presenza do autor, celebrouse un acto no que se congregaron representantes da cultura galega e veciños da propia localidade pontevedresa. Coa mesma portada que hai 50 anos, diseñada por Luís Seoane, a editorial Galaxia saca unha tirada dunha das obras máis lidas na literatura galega e da que se venderon 500.000 exemplares desde a súa publicación en Bos Aires, alá por 1961.

"É un día memorable, sobre todo, porque vivo para contar o conto", recoñeceu Neira Vilas, sempre vencellado á vila pontevedres, onde o Museo do Moble e da Madeira acolleu o acto. O escritor aproveitou o seu parlamento para evocar a figura de Anisia Miranda, a súa compañeira sentimental e cofundadora xunto a el de 'Follas Novas'. "Ela tamén foi unha nena labrega en Cuba", proclamou Neira Vilas, quen dixo que ela tiña pensado comezar a escribir as súas memorias o mesmo día en que morreu, hai 15 anos.

Para o anecdotario queda a historia de que o primeiro lector de 'Memorias dun neno labrego' foi o camareiro do café onde o escribiu. A segunda foi Anisia Miranda. Despois deses comenzos, o libro foi traducido a idiomas como o ruso, o italiano, o portugués, o chino, el sueco, o catalán, o vasco, o inglés ou o alemán, en cuxo país se convertiu no primeiro libro español en ser incluído nunha colección de Literatura Universal.

Ademais, vén de estrearse a peza 'Memoria das memorias dun neno labrego', unha adaptación teatral da obra feita por Cándido Pazó, tamén presente no acto. Prepárase tamén unha longametraxe sobre as lembranzas de Balbino.

No acto estivo presente o director de Galaxia, Víctor Freixanes, quen definiu o libro de Neira Vilas como "un dos best sellers da literatura galega" y recoñeceu sentir "envexa" como escritor "por ter lectores novos xeración tras xeración". O mundo da cultura galega considera que con esta obra nace a literatura para nenos e adolescentes.

Tamén estiveron presentes na Estrada secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o director xeral do Libro, Francisco López; o alcalde do municipio pontevedrés, José Antonio Dono; ou o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, entre outros persoeiros.

5'0 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



2 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#2 Por blanco 07-01-2011 10:14

Castigado

(Comentario valorado negativamente)

Segismundo. Viaja un poco, hombre y desenrroscate la boina. Ese impresionante libro solo lo compra la Xunta y la Cuba de Fidel Castro de quien este señor es devoto.Deja de ver fantasmas que ya estamos en el siglo XXI.


#1 Por Segismundo 06-01-2011 10:41

Interesante

QUen lle ía dicir a Neira Vilas que meio século máis tarde, os mesmos aos que el denunciara con boa literatura, no seu impresionante livro, ían estar gobernando na Xunta e ser o primeiro partido do noso país. El fixo o que poido. Pero os que estamos hoxe aquí, 50 anos máis tarde, estamos a sufrir as consecuencias de que só uns poucos sobreviviron á masacre dos fascistas. E quedaron vivos os ignorantes e os fillos de fascistas. Agora estamos orfos e, de cando en vez, temos a sorte de poder estreitar a man dalgún sobrevivinte daquel entón.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos