Zapatero e Rajoy protagonizan un debate cheo de reproches e con poucas propostas

Datos de interés

  • Martes 02.12.2008

Crónica

Zapatero e Rajoy protagonizan un debate cheo de reproches e con poucas propostas


Etiquetas: Zapatero, Rajoy, elecciones, 9-M

.

 


23.48: Finaliza o primeiro debate do século XXI. Turno para a reflexión e a discusión. ¿Quen gañou o debate?

23.42: Chega a última intervención.
Peche de 3 minutos para cada un dos candidatos.
Rajoy: ''Podemos mirar al futuro con optimismo, y con Esperanza''.

Zapatero: ''En los próximos cuatro años, me propongo llegar al pleno empleo, la concilicación y la estabilidad''.

O debate finaliza coa frase de Zapatero: ''buenas noches, y buena suerte''.


23.40:
Último turno do bloque Rajoy acusa a Zapatero de "agredir a las víctimas del terrorismo''. Zapatero rexeita a acusación forzando a intervención de Campo Vidal.


23.38:
Zapatero non podía rematar sen unha alusión ao Prestige e ''a los ministros que se fueron de caza mientras había problemas medioambientales en Galicia''.

23.35:
O cambio climático entra no debate. ''Les he oído que quieren proponer una ley integral contra el cambio climático. A buenas horas mangas verdes'', espeta Zapatero.

23.30:
Rajoy centra os 'retos' no acceso a vivenda; Zapatero na investigación e na educación.

23.27: Último bloque do debate ''retos de futuro''.
¿Sairá a flote o primo físico de Rajoy?

23.25:
Rajoy: ''Usted es un señor que con una mano practica el entendimiento, con la otra quiere excluírnos, y por encima me echa la culpa a mi''.

Zapatero: ''El ejemplo de que ahora la vida política es más plural es este debate, retransmitido por la televisión pública que con ustedes tuvo una condena del Tribunal de Estrasburgo''.


23.15:
Mensaxes de manual:

Rajoy:''No me diga usted que con usted España es más plural porque ya lo era antes''. ''Usted no tiene ninguna idea de España''

ZP: ''Ustedes han sembrando discordia entre los españoles''. ''Ni España se rompe, ni Navarra se ha entregado a ETA. Su apocalipsis está tardando en llegar''. Zapatero acusa ao PP de recurrir ao Tribunal Constitucional artigos do Estatut iguais aos aprobados en Andalucía.


23.10: Regresa o debate co bloque de política institucional
(habemus estatutos...)


23.05: Pausa de 5 minutos.
O debate foi medrando en intensidade a medida que avanzaba.

23,02:
Política exterior: ''Todo el mundo recuerda su herencia en política exterior, la guerra de Iraq''.

22.58:
Como era previsible ETA monopoliza a primeira parte do bloque. Zapatero refírese ao aumento de policías e gardas civís, pero Rajoy volve á loita terrorista.

O presidente do Goberno lémbralle que cando o PSOE estaba na oposición sempre apoiou a Aznar, mesmo cando este denominou a ETA ''movemento de liberación vasco''.

22.54:
Rajoy acusa: ''usted ha mentido. Primero a mi, y después a todos los españoles''.

22.52:
ZP amosa un rostro máis duro: ''son el único partido del mundo que se han manifestado contra el gobierno en política terrorista''.

''¿Cómo puede decir que ETA estaba más débil que nunca con ustedes en el gobierno cuando le atribuyeron el mayor atentado terrorista de nuestra historia?

22.50:
Rajoy tira de manual de lexislatura: ''Garantizo que nunca negociaré políticamente con una organización terrorista, algo que no ha hecho nadie en democracia''


22:49: Comeza o bloque de política exterior e seguridade.
ETA entra no debate.

22.48:
Zapatero: ''deberíamos que firmen ese papel para delicuentes potenciales que propone usted''.

22.46:
Peche do bloque de política social. Rajoy: ''usted no ha hecho para integrar a los emigrantes y ahora denigra mi contrato de integración''

22.44:
ZP fala por fin de emigración, e acusa ao antigo goberno do PP de ter un coladeiro nas fronteiras ''¿Con qué cara habla usted de regularizaciones cuando usted regularizó emigrantes con un recibo de una noche de hotel o un bonobús?''

22.42:
Rajoy céntrase na educación despois de acusar a Zapatero de non querer falar de emigración. ''Menos educación para la ciudadanía y más inglés y nuevas tecnologías''

22.37:
Zapatero aproveita o xiro da intervención de Rajoy. ''Veo que no tienen ustedes ninguna propuesta en política social''.

22.36.
Despois dunha breve alocución sobre educación tentando desmentir os datos aportados por Zapatero, Rajoy insiste ''pero quiero hablar de emigración''. ''Aquí hay que poner orden y control. Para eso está mi contrato de integración''

22.35:
Zapatero desvía a mensaxe cara a política educativa e de igualdade. Aprobación de lei de dependencia, de igualdade. O líder socialista toma un ton máis agresivo neste bloque.
''Ustedes que tanto hablan de la familia, no incentivaron en absoluto la ayuda a las familias''. 

22.34:
Rajoy comeza o discurso con seguridade e política migratoria. ''Usted ha provocado un efecto llamada''.

22.33: Comeza o bloque de Políticas sociais.

22.32:
O bloque económico remata nun cruce de reproches e olladas ao pasado, pero sacando pouco brillo ás promesas que brillaron durante toda a campaña.

22.29:
Zapatero desempolva o 'Decretazo' do 2002 que levou aos sindicatos polo abaratamento dos despidos.  ''Habla usted de darle cuerda al reloj de la economía, pero ahora los relojes van a pilas'', ¿primeira frase memorable do debate?


22.27:
O bloque económico parece diluírse entre as grandes cifras. Rajoy non para de botar man das súas notas e parece máis nervioso que Zapatero, pero céntrase nun discurso de economía doméstica máis cercana ao votante.

22.25:
Debate de futuro? Rajoy refírese ao 1996, Zapatero á conxelación de soldos de funcionarios e salario mínimo interprofesional.

Por certo, Zapatero tamén bota man de gráficos.

22.22:
Rajoy quere comparar a situación actual coa de 1996. Bota man de gráficos impresos en cartulina vermella. ''España está en una situación mucho peor que los países que la rodean para afrontar la crisis''.

22.18:
Zapatero: ''Debería haber tomado nota del debate entre el señor Solbes y el señor Pizarro. En economía, no vale la demagogia''. ZP parece querer desviar o debate da economía doméstica cara as grandes cifras macroeconómicas. Favorables, pero máis distantes.

22.17:Rajoy abre co dato de confianza dos consumidores. Como era previsible, o seu discurso céntrase na economía doméstica. Mira as notas con asuididade.

22.17: Comeza o bloque económico.

22.16:
Sensación persoal da primeira intervención. Zapatero parece con máis aplomo e non desviou a mirada cara as súas notas.

22.15:
ZP lanza o habitual mensaxe en clave positiva. ''La mayor subida de pensiones de la historia'', ''España es hoy la octava potencia mundial'', ''hemos experimentado el mayor período sin huelgas generales''.

Frase resumo: ''La disyuntiva a elegir es diálogo o confrontación''.


22.14: Resumo da primeira intevención de Rajoy:

''Se ha centrado en 2 cosas: la estructura de España y negociar con ETA (...). Ambas operaciones le han salido mal''. Rajoy quere deixar claro por onde quere levar o debate.
Dúbida despexada: liña dura.

Por certo, Rajoy parece empezar nervioso. Tivo que baixar a mirada cara as notas en tres ocasións.

22.11:
''Buenas noches. ¿A ustedes qué les parece? Estamos mejor que hace cuatro años?''. Comeza o debate coa primeira intervención de Rajoy.

22.07: Comeza o debate coa presentación de Campo Vidal. ''Saúdamos a espectadores, oíntes e internautas''. Certo é o primeiro debate deste tipo da 'era Internet'.


22.00: Presentación do 'combate'. Os dous candidatos posan ante as cámaras con Campo Vidal no centro, o árbitro, explica as regras básicas (incluirá o ''ningún golpe por debaixo da cintura''?). Rajoy, impasible, Zapatero móvese algo máis, incluso cun símil de saltiños puxilísticos. Lixeiro apretón de man. Pase o que pase na próxima hora, xa temos unha foto de portada.


21.57: Haberá que estar moi atento ao tempo dos cronómetros 'made in ACB'. Se Rajoy -o primeiro en intervir- se excede no seu tempo, eses segundos consumidos en exceso engadiranse ao tempo de Zapatero.


21.54: A consigna dos asesores escoitada durante todo o día  é o ''se ti mesmo''. Curioso que eses mesmos asesores sexan os que pasaron días montando condicións para eliminar todo posible arrebato de improvisación.


21.52:
Os candidatos están a piques de saír o plató. 


21.50
:Todo listo para o primeiro debate televisivo entre o presidente do Goberno e o líder da Oposición. A expectación é máxima, pero serán capaces de romper o ríxido corsé de máis de 50 condicións construídos polos asesores?

26/02/2008

4'8 (6 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



4 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por ferxo 25-02-2008 23:27

Normal

Esto é simplemente deprimente, ate neste tipo de parafernalia, se están a parecer as Eleccións Estataisa unhas primarias made in USA!
Menudo desplegue de medios, canto derroche de cartos, mentres as listas de esperas do SERGAS, seguen senn se acurtar, mentres o paro medra, o prezo da vivenda tamén, as e os galegos mellor preparados seguen a marcharen para fora.
Miren, esto ao Noso País Galego, verdadeiramente, non nos beneficia en nada. Os políticos, teñen que facer política e non demagoxia, dar saída aos problemas sociais e non o exercicio de pésimos actores pésimamente -por certo- maquillados.
Con tanto mal actor, asi vai como vai todo!
Iso por non falar...

Esto é simplemente deprimente, ate neste tipo de parafernalia, se están a parecer as Eleccións Estataisa unhas primarias made in USA!
Menudo desplegue de medios, canto derroche de cartos, mentres as listas de esperas do SERGAS, seguen senn se acurtar, mentres o paro medra, o prezo da vivenda tamén, as e os galegos mellor preparados seguen a marcharen para fora.
Miren, esto ao Noso País Galego, verdadeiramente, non nos beneficia en nada. Os políticos, teñen que facer política e non demagoxia, dar saída aos problemas sociais e non o exercicio de pésimos actores pésimamente -por certo- maquillados.
Con tanto mal actor, asi vai como vai todo!
Iso por non falar das outras alternativas ás que nin se lles da a mínima oportunidade de se manifestar: un debate a dous, o mesmo que cando Isabel II a política faise entre conservadores e moderados. Seica recuamos de cara... billo pero semella que esto, non é importante pois é algo que pasa inadvertido aos ollos dos mortais!
Saúde e Patria!, dicía Castelao e outros que daquela -xa hai moitos anos- defendían unha outra realidade. Si, unha realidade plural e Federalista onde cada nación e cada Autonomía contaran por igual no conxunto dun Estado verdadeiramente Democrático e non governado polo xugo da dictadura das maiorías absolutas.
Que forte soan nos ouvidos as palabras "popular" e "socialista" cando nin se fai nin do un nin do outro e so se trata de siglas medidas únicamente para o engano do pobo. Caramba, que mágoa que xa estemos no século XXI e con esta realidade ás costas!


#2 Por mithrandir 25-02-2008 23:45

Destacado

Deprimente sin duda, cada un botando o seu discurso, sin escoitar, argumentar nin falar máis do que lle escribiron os asesores. E Rajoy aínda ten a cara de pedirlle a Zapatero que fale do que lle importa á xente!! coma el!! imos apañados, un defensor del currante, como lle gusta chamarse... dáme unha tranquilidade... como gañe Rajoy emigro!!


#3 Por ANDURIÑA 26-02-2008 00:31

Normal

VOTAD IZQUIERDA, LOS PODEROSOS HACEN LEYES QUE SOLO LES FAVORECEN A ELLOS. CAE DE CAJÓN, CADA CUAL CON LOS DE SU IGUAL, POR ESO PIZARRO (el de los 12.000 millones) SE ARRIMÓ A RAJOY, ¿ALGUIÉN LO DUDA?.
¿DESDE CUANDO LOS ADINERADOS PENSARON EN LOS PARADOS? RAJOY NI SIQUIERA SABE LO QUE ES UN BONOBÚS. SE VE QUE ES UN CURRANTE... (con chofer)
POR TI, POR MI, POR TODOS LOS TRABAJADORES. NO VOTES PP.


#4 Por CorreCarmela 26-02-2008 00:43

Normal

Lo que tengo claro, es que esta noche (a petición de Rajoy), dormiré tranquila... por la seguridad que su propuesta me inspira... juass..
Sin embargo, una pesadilla martirizará mis sueños:..
qué pensará esa niña a la que Rajoy augura una sociedad idílica? .. menos demagogia sexista por favor, que ya resulta vomitiva..
Y po supuesto, mis mejores deseos a esos jovenes cuyo principal objetivo, según él, es una vivienda digna (continuamos colocando el carro antes que los bueyes);es obvio que el señor Rajoy tiene un sueldo a final de mes con el que pagar esa vivienda...

Cada día estoy más confusa



Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre






Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso