O debate galego. Moita acusación, pouca proposta

Datos de interés

  • Sábado 30.08.2008

O debate galego. Moita acusación, pouca proposta


Etiquetas: BNG, PSdeG, PPdeG, debate, 9-M, eleccións, Feijóo, Quintana, Touriño

.


23:00- Rematou. Foi un intercambio de programas, datos e boas intencións, no que Feijóo levou o peso do ataque, Touriño (máis cómodo cara o final) o da defensa, e Quintana tentou buscar un espazo propio, con relativo éxito.

Escoitaronse poucas propostas de futuro, pero máis que nos debates Solbes-Pizarro e Zapatero-Rajoy.

22:55- Derradeiras intervencións. Quintana recorre á consigna: "Votemos como galegos" e cita a Castelao: "Os heroes son os que conseguen converter as ideas en feitos"

Touriño: "Galicia séntese cómoda na España social de Zapatero. Hai que seguir con este proxecto"

Feijóo: "Galicia ten a oportunidade de ter un galego como presidente do goberno, unha vez máis (¿referirase a aquel do Ferrol...?)". "Hai un cambio de escenario económico, no que temos que facer un cambio de goberno"

22:46 - Feijóo lanza o primeiro ataque directo a Quintana. "Di o vicepresidente que hai 90.000 galegos que precisan axudas a dependencia. Meses despois da aprobación, recibiron cero euros". Por iso votaron en contra da Lei de Dependencia, porque non tiña cartos asociados.

22:43- Touriño: "Deixese de historias. Vostedes, señor Feijóo, votaron en contra de todas as leis progresistas desta lexislatura, ¿como poden falar agora de políticas sociais?". Lembra a Lei de Dependencia, a de Igualdade,  a de Investigación Biomédica e a do Divorcio.

22:42- Quintana insiste no seu lema de campaña: Hai que ter unha pata en Madrid para lograr que se cubran as políticas sociais. Hai que reclamar que se cubran os gastos de dispersión poboacional e envellecemento.

22:41- Feijóo: Se baixamos medio punto os gastos de persoal da Xunta, poderiamos subir as pensións 46 euros ao mes.

22:39- O tema agora son as política sociais. Para Touriño, é a lexislatura na que máis se fixo. Libros de préstamo, melloras na Sanidade e acceso da muller ao traballo.

22:37- Quintana insiste en preguntar polas competencias. E critica que se impoña o modelo de España "rancia" e monolítica, pero non hai constestación, porque cambia a quenda.

22:35- Feijóo non se dá por enterado. "Se hoxe non hai novo Estatuto, é porque vostedes non quixeron retirar a palabra nación". Evita responderlle a Quintana.

Touriño tamén, prefire atacar a Feijóo. "Se a memoria non me falla, os galegos tiveron a impresión de que foi vostede quen bloqueou o Estatuto".

22:32- Quintana pídelle a Feijóo que non se líe coa terminoloxía e pregúntalle ¿Está disposto a que teñamos un Estatuto coma o de Cataluña, seña de primeira ou sexa de nación?". E logo pon unha aposta sobre a mesa: "¿Votaran o PP e o PSOE en favor do traspaso de Salvamento Marítimo e Tráfico, como fixeron en Santiago?". Existen acordos ao respecto asinados no Hórreo.

22:30- Touriño pídelle a Feijóo que non dea "gato por liebre". Lémbralle que "non temos Estatuto porque Rajoy o impediu desde Madrid", a pesar de que se presentara unha proposta de consenso. "Só eran unhas bases", bérralle Feijóo, interrompendo.

22:27- O xefe da oposición carga contra Touriño: "Vostede é o presidente galego con menos peso en España", non coma Fraga, claro.  E respondelle a Quintana indirectamente: "Estatuto de primeira, cando queiran", pero nada de incluir a palabra nación.Canto tempo sen escoitar falar destas cousas...

22:25- Quintana: "Non somos como Cataluña. Eles teñen un Estatuto de nación". Feijóo meteuse en terreo pantanoso. O líder do BNG lembralle que bloqueou as negociacións do Estatuto.

22:22- Touriño responde: "¿Por que non falamos da España que se rompe de Mariano Rajoy". Lembra os logros do PSOE, como apoiar o galego na UE, pero non fai propostas d e futuro.

22:20- Órdago de Feijóo: "O  PP conseguiu igualar a Cataluña e Galicia". Saca o seu oculto lado galeguista para reclamar máis autogoberno e aféalle a Quintana o seu apoio a Magdalena Älvarez "Aínda estamos a agardar o paquete de competencias que gañaron con iso".

22:19- Xa de volta. Para falar de autogoberno. Pode ser o momento de Quintana.

22:14- Chega o descanso. Touriño segue nervioso. Quintana e Feijóo están máis soltos. Ata o de agora, socialista e popular monopolizan preguntas e reproches, mentres que o nacionalista tenta levar o debate ao seu terreo.

22:12- Feijóo quita máis gráficos, o AVE que se deseñou para Galicia, estando Touriño como secretario xeral de infraestruturas, e non se fixo.

Quintana non quere ser o convidado de pedra. Ensina unha foto da maifestación de Nunca Máis en Madrid e di: "Da igual os gráficos que ensinen ¿Saben por qué comezou o a aumentar o investimento en Galicia. Por isto".

22:09- Touriño "Un goberno socialista fixo a autopista do atlántico, as autovías da Meseta. E vostedes condenaron aos galegos a pagar 25 anos máis de peaxe" Evita contestar a alusión de Quintana.

22:07- Touriño non pode responderlle a Feijóo, porque é a quenda de Quintana. ¿Excesiva rixidez no formato?

O vicepresidente pide menos promesas e máis investimento en Galicia. Insiste no peso dos votos do BNG en Madrid para negociar infraestruturas, porque "a preocupación en Madrid é que Galiza saia barata".

22.05- Feijóo non quere perder a datos. "Señor Touriño, vostedes gobernaron en Madrid 18 anos, e fixeron cero quilómetros de AVE". Critica tamén a falta de licitacións e pídelle explicacións a Touriño, que tenta interrompelo. E non deixa de sacar xornais para apoiarse.

22:03- Touriño da a resposta inevitable, pero con retraso. "Vostedes, señor Feijóo, tiveron 16 anos para eliminar o imposto de sucesións e para facer infraestructuras". Explica que o PSOE investíu máis en Galicia en infraestructuras nesta lexislatura que o PP nos oito anos de Aznar. E tira de gráfico en man, seica ZP e Rajoy crearon moda.

22:01- Quintana bótalle en cara a Feijóo que empregue o Plan Galicia, cando Rajoy nin o está a mencionar nesta campaña. "Vostedes, en canto teñen o goberno en Madrid, esquécense do Plan Galicia". E lembra que "os votos decisivos do BNG" serviron para gañar 54 millóns de débeda histórica.

22:00- Toca falar de infraestruturas. Os turnos de palabra van rotando e agora comeza Feijóo, que recupera a pantasma do Plan Galicia. Saca un xornal para lembar aquelo famoso do "Plan Galicia de merda"  e promete cumplilo enteiro.

21:59- Touriño promete tamén, subir as pensións cos fondos de garantía en cando comece a nova lexislatura. Segue nervioso e non consegue rematar un turno de palabra sen que Alfonso Hermida lle interrompa.

21.58- Feijóo saca unha proposta: baixar o imposto de Sociedades e eliminar os de sucesións e doazóns. Non é nova, pero é a primera que oimos nun debate electoral esta campaña.

21.55-  O vicepresidente tenta introducir os logros das Consellerías do BNG. Gaba o traballo de Teresa Táboas en Vivenda e pide que o Ministerio deixe de interromper o seu traballo.

21:53- Quintana, pola súa banda, non cree que que haxa motivos nin para o triunfalismo nin para o alarmismo, e pide máis investimento en Galicia. O dito, este debate xa o tiveron no Hórreo.

21:51-
Primeira quenda, economía. Nada novo,

Touriño cree que todo vai ben, Galicia medra máis que Europa e os datos son excelentes. Pero segue nervioso e o moderador ten que interrumpilo.

Feijóo recorre ao estilo alarmista do PP. "Solbes duplicou os prezos, e Pizarro o valor de Endesa". Recupera datos económicos sobre o descenso da vivenda, o emprego e a matriculación de vehículos que xa empregou nunha discusión con Tourño no Parlamento.

21:41- Feijóo comeza despistado, mirando a todos lados. Lamenta que onte morrese un garda un garda civil durante un rescate, un suceso que tivo lugar o domingo. Todos miraron de máis as notas na mesa.

21:39- Anxo Quintana alédase de que haxa debate, para meter Galicia no mapa do estado Foi o que máis insistíu en celebrar esta cita.

21:37- O primeiro en falar e Emilio Pérez Touriño, primeira vez que o fai nun debate televisivo en directo. Nótaselle ríxido. Resalta os logros do goberno de Zapatero, dálle o pésame ás familias das vítimas de violencia de xénero e remata o seu minuto e medio.

21:35- Comeza o programa. Durará 70 minutos cun descanso de cinco. Haberá distintos bloques temáticos de cinco minutos cada un.

Alfonso Hermida, o moderador, resalta que os turnos e a colocación na mesa foron decididos por sorteo. E alá van.


21:25-
Esta a piques de comezar o debate no que por primeira vez se verán as caras na televisión o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Non puido ser nas autonómicas de 2005, cando o líder do PP galego era Fraga, non puido ser nas municipais de 2007, nas que Touriño non quixo un enfrontamento, pero será agora, na campaña das xerais de 2008, onde ningún dos tres é candidato a nada.

Nestes momentos, os tres líderes están xa no plató instalado pola TVG no Hotel Monumento San Francisco, de Santiago de Compostela, onde os recibiron unha vintena de empregados da mina de Serrabal e de Ferroatlántica, pedindo a berros unha desviación do trazado do AVE.

O debate poderá verse en internet a través da web da TVG, e aquí comentarémolo minuto a minuto.

27/02/2008

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



8 comentarios

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por Purista 27-02-2008 22:14

Normal

"Respostar" é responder de forma groseira. Cambiádeo, ho.


#2 Por arturolosada 27-02-2008 23:05

Interesante

Cambiado, graciñas.

Cousas do directo :)


#3 Por debate 28-02-2008 00:28

Normal

resultado:
Barcelona 1 - Valencia 1


#4 Por espinete 28-02-2008 00:34

Destacado

#3: Que ben fixeches, meu home


#5 Por Eduardo 28-02-2008 00:37

Normal

Quintana lo hizo mejor,sabe de que habla y no es agresivo.Feijoo está verde y después de 16 años de PP no es creible y Touriño en Madrid poco puede decir sólo servir.


#6 Por vaites 28-02-2008 00:42

Normal

Creo que Quintana deixou moi claras as posturas do BNG, sen embargo Feijoo e Touriño non deixaban de contradecirse cos seus respectivos compañeiros de partido Rajoy e Zapatero. A min quedoume a sensación de que claramente temos duas opcións, ou votamos por Madrid, ou votamos por Galicia.


#7 Por Xose 28-02-2008 01:08

Normal

Para Quintana foille moi fácil gañar o debate, el só ten na cabeza Galicia, os demaís a ver quén é o mais caladiño, que non pida nada, e que levanten a mao cando haxá propostas para Murcia, Burgos, Almeria...en fin lo que se entiende como gallego educado ¿ no te preocupes?, en la próxima legislatura, si te portas bien te ponemos de primero. PP. PSOE, van a servirse do voto galego, o voto ao BNG vale para defender a los galegos


#8 Por Gorila 01-03-2008 09:16

Destacado

El voto al BNG servirá para que se escuche al secesionismo antiespañol galaico en Madrid y para bien poco más...


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre











Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso